Escepticismo

Posición de dúbida ou incredulidade referida a un asunto en concreto ou ao coñecemento en xeral
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

O escepticismo (do grego:Skeptomai examinar con detalle) é unha posición de dúbida ou incredulidade referida a un asunto en concreto ou ao coñecemento en xeral.

Escepticismo filosófico editar

Hai varias escolas de pensamento que se poden encadrar como escépticas, a primeira delas o Pirronismo, fundada por Pirrón de Élide que afirmaba a imposibilidade do coñecemento da natureza das cousas. Despois no período da nova academia platónica anterior ao século I adC, do que o máis egrexio representante é Carneades.

O escéptico interrógase a si mesmo, a vida, os deuses e detense aí, sen afirmar nada. O ideal de vida sería lograr a ''ataraxia'', a serenidade de ánimo, e vivir así sen crer en nada[1].

Escepticismo científico editar

Actualmente un escéptico científico é alguén que non acepta certo tipo de afirmacións sen sometelas a unha investigación sistemática e científica. Seguindo a máxima de David Hume "As afirmacións extraordinarias requiren probas extraordinarias", este proceso aplica rigorosamente o método científico e require que as teorías sexan falsábeis, é dicir, que se poidan contrastar para a súa aceptación ou refutación.

Algúns temas cuestionados polos escépticos científicos son as chamadas pseudociencias (tales como a homeopatía e a criptozooloxía), a plausibilidade do sobrenatural (pantasmas, poltergeists, anxos, deuses); crenzas como o Reiki, a existencia de telequinese, videncia, telepatía; ou temas como o Bigfoot, o monstro do lago Ness, ovnis, os círculos das colleitas, a astroloxía, o creacionismo, a radioestesia, as teorías da conspiración e outras afirmacións cuxa veracidade os escépticos ven improbábel en termos científicos.

Como resposta ao escepticismo científico, desde ámbitos pseudocientíficos e esotéricos acuñouse o termo pseudoescepticismo para referirse ao escepticismo, alegando que negan sen achegar probas e por considerar o termo pseudociencia como pexorativo. Con todo, a pesar de que a carga da proba non debería caer sobre o escéptico, cando estes presentaron obxeccións fundadas creáronse ad hoc novas hipóteses non demostradas, como son a memoria da auga para explicar as disolucións diluídas no caso da homeopatía ou as teorías da conspiración para explicar a falta de confirmación dos gobernos no caso da ufoloxía.

Relixión editar

En relixión o escepticismo refírese á dúbida sobre principios relixiosos básicos. Isto pode referirse ao feito relixioso en xeral ou a aspectos concretos dunha relixión, como milagres ou aparicións.

Notas editar

  1. García Gual, Carlos, "Contra dogmáticos y pedantes" El País - Babelia, 2 xuño.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar