A acatalepsia é un concepto filosófico, referido á incapacidade ou imposibilidade da mente para comprender ou concibir unha cousa.

Os filósofos pirronistas, escépticos e mesmo a Academia de Platón afirmaban a existencia dunha acatalepsia absoluta: toda ciencia humana ou coñecemento non ía máis alá da aparencia e da verosimilitude. Filón de Lárisa pola contra negou nos seus últimos libros a existencia desa acaptalesia absoluta o que implicaba unha revisión radical da filosofía académica[1].

  1. Charles Brittain Philo of Larissa: The Last of the Academic Sceptics. Oxford University Press, 2001, páxina 17

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar