Filón de Lárisa
Filón de Larisa (grego antigo Φίλων; latín Philo) nado en Larisa, Tesalia, no século -II e finado no século -I) foi un filósofo grego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 145 a. C. Lárisa, Grecia |
Morte | 79 a. C. (65/66 anos) Roma, Italia |
Scholarch of the Platonic Academy (en) | |
110 a. C. – 88 a. C. ← Clitómaco (pt) – Antíoco de Ascalón → | |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Ocupación | filósofo |
Período de tempo | Período helenístico |
Movemento | Platonismo |
Profesores | Clitómaco (pt) |
Alumnos | Marcus Tullius Cicero, Antíoco de Ascalón e Heraclitus of Tyre (en) |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron 1870 Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en) Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
Traxectoria
editarDurante quince anos foi discípulo de Clitómaco Asdrúbal, que daquela dirixía a Academia . Sucedeuno no -110 e permaneceu en Atenas ata o -88 Ese ano, debido ás axitacións no país debido á guerra de Mitrídates VI Eupátor, trasladouse a Roma. Alí abriu unha escola de filosofía e oratoria, contando entre os seus alumnos a Cicerón, quen nos fala del en moitas das súas obras.
Numenio de Apamea e Sexto Empírico preséntano como o fundador dunha cuarta Academia[1], baseándose no feito de que Filón de Larisa rectificou o probabilismo ou semiescepticismo no que aquela escola caera en mans de Arcesilao de Pitane e Carnéades.
Filón de Larisa, baixo a influencia do seu mestre Clitómaco, foi nun primeiro momento adversario dos estoicos, ampliando a crítica da súa teoría do coñecemento; pero máis tarde, xa establecido en Roma, tomou unha posición diferente. Supoñía que o pensamento que guiaba a Carnéades e aos seus adictos non difería fundamentalmente do de Platón, e así entendía continuar a obra daqueles, o que levou a un retorno ao dogmatismo. Non negaba que a representación procedese dun obxecto, pero si a posibilidade de demostrar que fose semellante a el.
O criterio da fantasía cataleótica dos estoicos parecíalle inadmisíbel. A súa actitude parece responder ao desexo de evitar as consecuencias do escepticismo absoluto. Ademais, propoñía, na súa filosofía, levar ao home por medios teóricos á felicidade, como o médico o conduce á saúde. As súas ideas sonnos coñecidas por Cicerón, Sexto Empírico, Plutarco, Estobeo e Dióxenes Laercio e outros escritores antigos.
As ideas de Filón de Larisa son sintomáticas, porque responden ao estado de ánimo da época na que conflúen a cultura grega e romana e comeza o eclecticismo.
Notas
editar- ↑ Hankinsonnome=R. J. (2009). The Sceptics (en inglés). Taylor & Francis. p. p.105. ISBN 0415203538.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |
Bibliografía
editar- Enciclopedia da espada, tomo no 23, p. 1465 ISBN 84-239-4523-5