Antíoco de Ascalón
Antíoco de Ascalón, nado en Ascalón en -150 e finado en Siria en -68, foi o último filósofo da Terceira Academia (Platón), que ensinou primeiro en Atenas e marchou despois a Alexandría.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 130 a. C. ![]() Ascalón, Israel ![]() |
Morte | h. 68 a. C. ![]() Siria ![]() |
Escolarca da Academia de Atenas | |
88 a. C. – 86 a. C. ← Filón de Lárisa – Supresión do cargo → ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Academia de Atenas ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Movemento | Platonismo ![]() |
Profesores | Mnesarco de Atenas (pt) ![]() ![]() ![]() |
Alumnos | Marcus Tullius Cicero, Marco Terencio Varrón, Lucio Licinio Lúculo, Marco Púpio Pisão Frugi Calpurniano (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Influencias | |
Familia | |
Irmáns | Aristo de Ascalão ![]() |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Yuzhakov Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarAo parecer naceu en Ascalón, antiga cidade de Oriente Medio que continúa existindo na actualidade en Israel. Non se coñecen as datas exactas do seu nacemento e morte, aínda puido vivir entre o -150 e o -68 aproximadamente. Foi discípulo do estoico Mnesarco, de Marco Terencio Varrón e de Filón de Lárisa (o cal tivo un pensamento distinto a Antíoco) e mestre de Cicerón. Sucedeu a Filón como escolarca da Academia Nova. Estivo interesado en revitalizar a doutrina de Platón superando o escepticismo. Influenciado por distintas correntes filosóficas, chegou a unha postura puramente ecléctica, que algúns consideran eclecticismo dogmático. Intentou conciliar a filosofía de Platón coa de Aristóteles e o estoicismo, buscando un núcleo de verdade na coincidencia de opinións dos grandes filósofos. Mantivo unha postura próxima a Panecio de Rodas e Posidonio do estoicismo medio.
Antíoco foi ensinar primeiro en Alexandría e máis tarde a Siria onde morreu.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perseus Digital Library, A maior base de textos gregos e latinos
- Lista de Autores e Obras do Diccionario Griego-Español
- L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano
- Suidas, a enciclopedia bizantina en liña do século XI Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.