Século -II
século
Período que abrangue do 1 de xaneiro do ano -200 ata o 31 de decembro do ano -101 a. C.
Acontecementos destacados
editar- Dinastía dos tolomeos en Exipto.
- 197 a. C.: batalla de Cinoscéfalos.
- 169 a. C.: Roma conquista o Reino de Macedonia.
- 153 a. C.: Roma cambia a toma de posesión dos cónsules ao 1.º de xaneiro (o comezo do ano).
- 150 a. C.: (aprox): no corazón de Mesoamérica, unha civilización descoñecida (non olmeca nin tolteca) funda a cidade de Teotihuacán.
- 149 - 146 a. C.: Terceira guerra púnica e destrución de Cartago.
- 140 a. C.: os chineses expulsan aos hunos.
- 139 a. C.: Viriato morre asasinado tras ser traizoado por tres dos seus xenerais.
- 136 a. C.: gran rebelión de 1escravos en Roma.
- 133 a. C.: Escipión Emiliano conquista Numancia.
- 129 a. C.: os partos arrebatan Babilonia aos seléucidas.
- 110 a. C.: en Xudea, cara a fins do século, escríbense o Libro de Xudit e o Libro de Ester (que actualmente forman parte da Biblia).
- Neste século desenvólvese no Xapón unha sociedade de cazadores e pescadores.
- Na importante zona entre o río Ganxes e o río Iamuna (no norte da India) finaliza a Cultura da cerámica negra puída norteña, de pouco desenvolvemento tecnolóxico.
- O budismo é introducido en Sri Lanka.
- Estabelécese a Ruta da seda entre Europa e Asia.