Numancia (celtiberos)
Numancia (en latín Numantia), é o nome dunha desaparecida poboación celtibera, que Plinio sitúa no territorio dos pelendones mentres outros autores a citan como unha cidade dos arévacos, situada sobre o Cerro da Moa, en Garray, a sete quilómetros ao norte da actual cidade de Soria. Desde tempo inmemorial, devandito cerro era propiedade da familia Marichalar. Luis de Marichalar, vizconde de Eza doouno ao Estado en 1917.
![]() Ruínas da Numancia romana | |
Rexión | Hispania |
---|---|
Coordenadas | 41°48′34.51″N 2°26′39.33″O / 41.8095861, -2.4442583Coordenadas: 41°48′34.51″N 2°26′39.33″O / 41.8095861, -2.4442583 |
Tipo | Asentamento |
Área | 8 hectáreas |
Historia | |
Abandonado | 134 a.C. |
Asociado con | Celtiberos (Alternativamente Pelendones e arévacos) |
Eventos | Guerra numantina |
Numancia é un importante xacemento arqueolóxico da provincia de Soria, que foi declarado Ben de Interese Cultural (BIC) dende o 29 de agosto de 1882. O xacemento foi escavado por un grupo de arqueólogos da Universidade Complutense de Madrid, mediante fondos da Xunta de Castela e León. Cada verán, durante os meses de xullo e agosto, realizase a campaña de escavación e os restos son analizados, posteriormente, nos laboratorios da universidade.
Dende 2.003 trabállase na escavación da denominada vila XXIII. O proxecto actual pretende aclarar dúbidas sobre outras partes do xacemento escavadas por Adolf Schulten, Melida, Taracena e outros arqueólogos de finais do século XIX e principios do XX, quen non empregaban unha metodoloxía arqueolóxica de documentación exhaustiva e de localización e documentación dos espazos.
HistoriaEditar
Os restos máis antigos no xacemento chegan ao Neolítico, contra o 2.000 a.C., porén, a Numancia céltica debeu ser fundada polo 500 a.C.[1] para posteriormente, trala invasión dos arévacos, a finais do século IV a.C. pasa a ser a capital destes.[2] O perímetro da cidade estendíase por unhas 150 hectáreas e acubillando a unhas 8.000 persoas.[2]
No ano 153 a.C. tivo lugar o primeiro conflito grave con Roma, ao deixar entrar na cidade uns fuxitivos da tribo dos belos, procedentes da cidade de Sexeda (actualmente os seus restos están situados entre Mara e Belmonte de Gracián en Zaragoza). Os numantinos conseguiron derrotar un exército de 30 000 homes mandados polo cónsul Quinto Fulvio Nobilior, pero o seu xefe, Caro de Sexeda, morreu na batalla.
Tras vinte anos repelendo os continuos e insistentes ataques romanos, no ano 134 a.C., o Senado romano conferiu a Publio Cornelio Escipión Emiliano O Africano Menor o labor de destruír Numancia, á que finalmente puxo sitio, levantando un cerco de nove quilómetros apoiado por torres, foxos, empalizadas etc. Tras trece meses de fame negra e enfermidades, esgotados os seus víveres, os numantinos decidiron poñer fin á súa situación no verán do ano 133 a.C. Algúns deles entregáronse en condición de escravos, mentres que a gran maioría decidiron suicidarse.
Reocupación celtiberaEditar
Trala destrución da cidade por Escipión, este distribuíu o territorio entre os veciños, probablemente da tribo do Pelendones. Esta segunda cidade celtibérica foi destruída ao remate das Guerras Sertorianas. Foi reconstruída en época de Augusto.[2]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Numancia |
BibliografíaEditar
- Burillo Mozota, Francisco (2007). Los celtíberos. Etnias y Estados (en castelán). Barcelona: Crítica. ISBN 9788484329497.
- Capalvo Liesa, Álvaro (1996). Celtiberia: un estudio de fuentes literarias antiguas (en castelán). Madrid: Institución Fernando el Católico. ISBN 84-7820-324-9.
- Chaín Galán, Antonio (coord.); de la Torre Echávarri, José Ignacio (coord.), eds. (2005). Celtíberos.Tras la estela de Numancia (en castelán). Soria: Diputación Provincial de Soria. ISBN 84-95099-86-1.
- Corral Lafuente, José Luis (2003). Numancia (en castelán). Barcelona: Edhasa. ISBN 9788435060462.
- Dobson, Mike (2008). The Army of the Roman Republic: The Second Century Bc, Polybius and the Camps at Numantia, Spain (en inglés). Oxford: Oxbow books. ISBN 978-1842172414.
- Olmeda, Mauro (1975). El desarrollo de la sociedad española. Vol. I. Los pueblos primitivos y la colonización (en castelán). Madrid: Editorial Ayuso. ISBN 84-336-0069-9.
- Schulten., Adolf (2004). Historia de Numancia (en castelán). Pamplona: Urgoiti editores. ISBN 9788493339838.