Provincia de Soria

Provincia española da comunidade autónoma de Castela e León
Provincia de Soria
Flag Soria province.svg Escudo de la provincia de Soria2.svg
Provincia Soria.png
Capital Soria
Área 10.303 km²
Poboación 95.101 hab. (2010)
Densidade 9,23 hab./km²
Concellos 183
Xentilicio Soriano/a

A provincia de Soria é unha provincia española da comunidade autónoma de Castela e León. É unha provincia periférica desta comunidade, situada no centro-norte de España. A súa capital é Soria.

LímitesEditar

Limita ao norte coa Rioxa, ao noroeste coa provincia de Burgos, ao sueste coa provincia de Segovia, estas dúas de Castela e León, ao sur coa provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha e ao leste coa provincia de Zaragoza, na comunidade autónoma de Aragón.

Esta provincia está dividida en 183 municipios, que se encadran nas seguintes comarcas:

XeografíaEditar

O maior río que pasa pola provincia de Soria é o Douro, que de feito é un dos maiores de España. Dito río nace nesta provincia, nos Picos de Urbión. O resto dos ríos desta comunidade son afluentes do Douro e do Ebro.

Distínguense nesta provincia dúas comarcas xeográficas: comarcas: Tierra de Ágreda, que linda ao leste con Aragón, zona de hortas e bosques; e a Meseta Soriana, terra cerealística e remolacheira, na varxa do Douro. Tamén distínguese a zona norte, zona agreste rica en ignitas.

DemografíaEditar

Esta provincia tiña en 2002 91 487 habitantes, que reparten nunha superficie de 10 287 km², resultando unha das máis baixas densidades de poboación de Europa, e detrás mesmo da provincia de Teruel, a máis baixa de España: 9 habitantes por km².

A poboación está, ademais, repartida moi desigualmente: na capital de provincia vive o 40% da poboación, mentres que a maioría dos concellos non chega a ter 1000 veciños, e a metade ni sequera teñen 100 veciños.

Esta provincia posúe un plan de desenvolvemento propio, o PAES, plan aprobado polo consello de ministros do 6 de maio de 2005, que intenta sacar do atraso con respecto ao Estado a esta provincia.