Comarca de El Valle

El Valle é unha bisbarra natural resgardada polas serras de Cebollera, Tabanera e Carcaña, situada no Norte da provincia de Soria, Castela e León (España) e formada polos seguintes municipios: Rebollar, Rollamienta, Sotillo del Rincón, Valdeavellano de Tera e Villar del Ala. Tamén se incluíron nesta bisbarra os municipios de Almarza, La Póveda de Soria e El Royo. A cabeza de bisbarra tradicionalmente foi Valdeavellano de Tera.

Comarca El Valle
ProvinciaProvincia de Soria
Área412.19 km²
Poboación1.696 hab. (2011)
ConcellosEl Royo
Almarza
Rollamienta
Sotillo del Rincón

Polo territorio discorren os ríos Tera, Razoncillo e Razón.

Limita ao Norte con Cameros, ao Sur coa bisbarra de Soria e o Campo de Gómara, ao Leste con Tierras Altas e ao Oeste con Pinares.

É coñecida popularmente como a Pequena Suíza Soriana polo seu verdor. Dela é orixinaria a manteiga con denominación de orixe "Manteiga de Soria".

Demografía editar

Concello Poboación Superficie Pedanías
Almarza 663 101,13 Cubo de la Sierra, Espejo de Tera, Gallinero, Portelárbol, San Andrés de Soria,

Segoviela, Sepúlveda de la Sierra, Tera e Matute de la Sierra

La Póveda de Soria 118 64,3 Arguijo e Barriomartín
Rebollar 44 10,38
Rollamienta 42 18,62
El Royo 331 126,06 Derroñadas, Hinojosa de la Sierra, Langosto e Vilviestre de los Nabos
Sotillo del Rincón 220 60,54 Aldehuela del Rincón e Molinos de Razón
Valdeavellano de Tera 220 19,46
Villar del Ala 58 11,7