Manteiga de Soria

produto lácteo con denominación de orixe


A manteiga de Soria é un produto lácteo orixinal da provincia de Soria. Ostenta a categoría de Denominación de orixe (Mantequilla de Soria), e ten as variedades natural, salgada e doce.

Manteiga de Soria

Características

editar

A manteiga elabórase a partir da materia graxa de leite de vaca das razas frisoa e pardo-alpina ou dos seus cruzamentos que proceden de explotacións leiteiras rexistradas na Asociación e dentro da zona de produción. A Denominación de Orixe Protexida Manteiga de Soria (Denominación de Origen Protegida Mantequilla de Soria) ampara as tres variedades de manteiga que, por tradición, se veñen elaborando na provincia soriana, nas tipoloxías de natural, salgada e doce.[1]

As dúas primeiras conséguense tras un proceso de desnatado e pasteurización. Acada a acidez desexada trala nata e tralo arrefriamento, bátese, elimínase o soro e amásase lentamente ata lograr a textura final que require o produto. A manteiga doce é un xarope de auga e sacarosa que, despois de fervelo, se obtén un xarope que se mestura con manteiga natural. Permite a pigmentación coloreada, como é tradicional nesta categoría.

Calidade

editar

A manteiga de Soria encontrou o punto de apoio para iniciar os trámites dunha figura de calidade en 1999, a través dun pequeno grupo de gandeiros, dunha cooperativa de transformación e dun confeiteiro.

En 2004, o esforzo e o compromiso conseguiron a aprobación do regulamento e a posterior posta en marcha do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida. A Cooperativa Lechera Soriana, creada en 1955 por cen gandeiros (dos que quedan unicamente cinco) e as Manteigarías York foron os primeiros que apostaron polo proxecto.

O ámbito xeográfico da manteiga de Soria inclúe, case na súa totalidade, a provincia soriana, salvo unha pequena zona no sueste da provincia na que non hai tradición elaboradora. A paisaxe soriana, a altitude e a composición dos pastos coa súa flora característica, contribúen á peculiaridade do leite, que posteriormente se traslada á manteiga.

As manteigas pasan por un filtro organoléptico en función das súas características físico-químicas que garanten a calidade ao que a consome. Dende 2007 comercialízanse coa contraetiqueta do Consello Regulador.

  1. mantequilladesoria.com. "Variedades". Consultado o 11 de outubro de 2012. La protección da denominación "Manteiga de Soria" abranguerá ás tres variedades de manteiga que tradicionalmente se veñen elaborando: Natural, Salada e Dulce. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar