Sri Lanka
Coordenadas: 7°N 81°L / 7, -81
Sri Lanka[1][2] (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්රී ලංකා ), antigamente Ceilán,[3][4] é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do subcontinente indio. Ten costas no golfo de Bengala ao leste, océano Índico ao sur e oeste e estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.
República Democrática Socialista de Sri Lanka | |||
---|---|---|---|
ශ්රී ලංකා ප්රජාතාන්ත්රික සමාජවාදී ජනරජය இலங்கை சனநாயக சோசலிசக் குடியரசு | |||
| |||
Himno: Sri Lanka Matha | |||
Capital • Poboación | Sri Jayawardenepura Kotte (gobernamental) e Colombo (económica) | ||
Cidade máis poboada | Colombo | ||
Linguas oficiais | Cingalés, támil | ||
Forma de goberno | República socialista democrática | ||
Gotabaya Rajapaksa Ranil Wickremesinghe | |||
Independencia do Reino Unido | 4 de febreiro de 1948 | ||
Superficie | Posto 122º | ||
• Total | 65 610 km² | ||
• % auga | 4,4 | ||
Poboación | Posto 53º | ||
• Total | 20 743 000 hab. | ||
• Densidade | 316 hab./km² | ||
PIB (nominal) | |||
• Total | n/d | ||
• per cápita | n/d | ||
PIB (PPA) | Posto 62º | ||
• Total (2005) | 86,72 millóns US$ | ||
• per cápita | 4 300 US$ | ||
Moeda | Rupia de Sri Lanka (LKR ) | ||
IDH (2007) | 0,743 (99º) – medio | ||
Xentilicio | Srilankés, Cingalés[1] | ||
Fuso horario | UTC+6 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .lk | ||
Prefixo telefónico | +94 | ||
Prefixo radiofónico | 4PA-4SZ | ||
Código ISO | 144 / LKA / LK | ||
Membro de: SAARC, MBN, ONU | |||
HistoriaEditar
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
PolíticaEditar
O presidente da república elíxese por votación popular para un mandato de seis anos, e ocupa as funcións de xefe de Estado, xefe de goberno e comandante en xefe das Forzas Armadas. Responsable ante o Parlamento do exercicio dos seus deberes constitucionais, o presidente pode ser destituído por dous terzos do poder lexislativo e por decisión favorable da Corte Suprema.
O presidente elixe ao primeiro ministro entre os deputados, e este lidera ao partido do goberno no Parlamento e comparte algunhas funcións executivas. O sistema lexislativo de Sri Lanka é unicameral, con 225 membros elixidos por sufraxio universal. Os parlamentarios representan os distritos do país durante seis anos.
O partido que recibe o maior número de votos válidos en cada distrito electoral, gaña o escano no Parlamento. O presidente pode convocar o Parlamento para unha sesión extraordinaria, para definir a disolución da cámara, como foi o caso da disolución do parlamento o 7 de febreiro de 2004 pola presidenta Chandrika Kumaratunga, as novas eleccións foron o 2 de abril, e a toma de posesión dos novos deputados foi o 23 dese mes.
SubdivisiónsEditar
- Artigo principal: Organización territorial de Sri Lanka.
A illa esta dividida administrativamente en 9 provincias:
- Central
- Central do Norte
- Norte
- Leste
- Noroccidental
- Sáharagamuwa
- Sur
- Uva
- Occidental
XeografíaEditar
A illa de Sri Lanka está separada da India polo golfo de Mann e o estreito de Palkia, pero queda enlazada ao continente mediante un rosario de arrecifes e bancos de area chamado Ponte de Adams. A estrutura xeolóxica da illa emparéntase estreitamente coa do subcontinente indio: o zócolo Precámbrico, constituído de cuarcitas, gneis, xistos e calcarias cristalinas, é parte integrante do escudo araboindi e aflora por toda a illa, coa excepción da península de Jaffna, ao norte, onde desaparece baixo unha cobertura sedimentaria de calcarias miocénicas. O zócolo dá orixe a un extenso núcleo montañoso no sector meridional da illa, con enérxicas cristas (constitúen as máximas altitudes: Pidurutalagala, 2.524 metros; Adams Peak, 2.243 metros) e vales profundamente encaixadas, onde nacen os principais cursos de auga da illa. Entre este núcleo montañoso do sur e a área Miocenonica do norte, caracterizada por un tipo de relevo cárstico, disponse un sector de transición, que ocupa todo o Sri Lanka central, cunha paisaxe de pequenas chairas e relevos residuais modestos. As chairas costeiras son especialmente desenvolvidas ao oeste e ao sur, con numerosas lagoas e cordóns litorais; ao norte e ao leste, a costa faise máis abrupta.
EconomíaEditar
- Artigo principal: Economía de Sri Lanka.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para srilankés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cingalés.
- ↑ López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |