Economía de Sri Lanka

A economía do Sri Lanka está baseada na exportación de produtos primarios, como grafito, produtos téxtiles, , coco e caucho. A posición xeográfica da illa, da cal a capital Colombo é un dos portos máis importantes do océano Índico, sempre foi un grande estímulo da economía.

Economía de Sri Lanka
Moeda Rupia de Sri Lanka
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, SAFTA
Datos estatísticos[1]
PIB 134.5 mil millóns (2013)
Posición do PIB 65ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6.3% (2013)
PIB per cápita 6 500 (2013)
PIB por sector agricultura 10.6%, industria 32.4%, servizos 57% (2013)
Inflación 4.7% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 8.528.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 31.8%, industria 25.8%, servizos 42.4% (xuño de 2012)
Desemprego 5.1% (2013)
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 10.39 mil millóns (2013)
Produtos de exportación téxtiles e roupas; e pementa; diamantes, esmeraldas, rubís; coco e derivados, manufaturados de caucho, peixe
Principais mercados Os Estados Unidos 20.4%, o Reino Unido 9.9%, a India 5.8%, Italia4.7%, Bélxica 4.3% e Alemaña 4.3% (2012)
Importacións 18 mil millóns (2013)
Principais produtos importados téxtiles, produtos minerais, petróleo, alimentos, máquinas e equipamentos de transporte
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 33.67 mil millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

En 1977 o goberno abandonou as políticas de estatalización e de substitución das exportacións por outras orientadas á economía de mercado e ás exportacións, incluíndose incentivos ao investimento estranxeiro. Poucos anos despois, o 1983, iniciouse unha guerra civil entre as etnias cingalesa e a minoría támil que durou ata o 2009, causando danos importantes na economía do país. Os gastos do goberno en desenvolvemento e no combate aos Tigres de Liberación do Tamil Eelam fixeron con que o PIB crecese case 7% ao ano entre 2006 e 2008[1].

Ata o inicio dos anos 90, o Sri Lanka era o maior exportador mundial de , e esta guerra fixo que os investimentos no cultivo do té (na maior parte financiados por compañías británicas) caesen ano tras ano. O turismo, a pesar de aínda figurar como unha importante fonte de divisas, tamén sufriu co conflito.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 16 de agosto de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).