Bandeira de Sri Lanka
A bandeira de Sri Lanka, tamén chamada Bandeira do León foi adoptada o 22 de maio de 1972, e consiste nun león dourado, sostendo unha espada kastane coa súa gadoupa dereita, diante dun fondo granate, con catro follas douradas de Ficus relixiosa, unha en cada esquina. Arredor do fondo ten un marco amarelo, e á esquerda hai 2 franxas verticais de igual tamaño en cor azafrán e en verde, estando a azafrán máis preto do león.
Bandeira de Sri Lanka | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 22 de maio de 1972 |
Cores | Verde Amarelo Granate Laranxa |
Outras bandeiras
editar-
Bandeira entre 1951 e 1972
-
Bandeira de 1948 a 1951
-
Bandeira da baixo dominio británico, 1815 - 1948
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sri Lanka en Flags of the World (en inglés)