Laranxa (cor)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Laranxa.
A cor laranxa atópase entre o vermello e o amarelo no espectro visible, nunha lonxitude de onda de aproximadamente 620-585nm. É a mesma cor que a da froita da cal toma o seu nome.
Mesturas
editarNunha mestura subtractiva, como nunha pintura ou superpoñendo papeis celofán, pódese obter o laranxa a partir da mestura de maxenta e o amarelo nunha proporción maior deste último.
Nunha mestura aditiva, como no monitor dun ordenador ou un televisor, obtense o laranxa a partir da mestura do vermello e do verde, cunha intensidade menor deste último.
Galería
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Laranxa |