Fogueira
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Unha fogueira é un lume mantido voluntariamente para quentar, cociñar (fogón) ou celebrar ritos ou festas como é o caso da noite de San Xoán con multitude de fogueiras, celebración esta herdada das festividades do solsticio de verán celebradas por celtas e romanos). Cando responde a un rito funerario denomínase pira.
As fogueiras reciben diversos nomes: cacharela, coas variedades cacheira e cachela, e de empregar moreas grandes de leña: larada, luminaria ou lumarada.
A fogueira como método de execución
editarA fogueira tamén é un método de execución que consiste en queimar vivo ao condenado nunha fogueira. Dado o tempo que tarda o condenado en morrer, é un método de execución doloroso.
Esta forma de execución está moi relacionada con execucións por motivos relixiosos, dada a idea de purificación que se lle outorgou historicamente ao lume. Pobos como os celtas utilizaban o fogo para facer sacrificios humanos, así como outros moitos pobos indíxenas.
Tamén a Santa Inquisición utilizou o fogo como forma de condenar a bruxería ou a herexía. Unha das executadas por esta vía máis famosas foi Xoana de Arco.
Non obstante, isto en numerosas ocasións o reo ou vítima da fogueira non morría por contacto directo co fogo, senón por asfixia e o subsecuente ataque cardíaco, produto do intenso fume producido polo fogo na pira ao ser respirado continuamente.
A fogueira en celebracións
editar- Artigo principal: Fogueira de San Xoán.
A fogueira empregouse ao longo da historia en moitas celebracións rituais, sobre todo as relacionadas coa chegada dos solsticios desde tempos prerromanos. Citar como exemplos as Fogueiras dos Quintos, celebradas en Noitevella nos municipios de Robledo de Chavela (Madrid, España) e Olombrada (Segovia, España), en conmemoración da chegada do solsticio de inverno e do Aninovo, e as famosas fogueiras de San Xoán, que teñen lugar na costa levantina española, Cataluña e Galiza, para celebrar o solsticio de verán.
Unha excepción é a fogueira de San Maximiliano orixinalmente entre a primeira lúa chea de marzo e o equinoccio de primavera. En Guatemala, cada 7 de decembro realízanse cacharelas para "queimar o demo", a queima do diabo, como unha festividade para limpar o mal das casas e os seus habitantes previo á celebración do día da Virxe de Concepción.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fogueira |