Imperio Británico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2011.) |
O Imperio Británico foi o conxunto das colonias que os exploradores ao servizo dos reis da Gran Bretaña foron ocupando en practicamente todo o mundo, a partir do século XVI. En 1921, coa sinatura do Tratado de Versalles, que rematou oficialmente a Primeira Guerra Mundial, o Reino Unido obtivo o mandato de administrar algunhas das antigas colonias alemás, chegando dese modo a estender o seu dominio a unha área de cerca de 31 millóns de km² e unha poboación de cerca de 458 millóns de persoas, na América do Norte (o Canadá), en África (practicamente toda a África oriental e parte da occidental), en Asia (parte do Medio Oriente e do subcontinente indio) e tamén Australia e partes de Oceanía.

Historia da colonización británicaEditar
Os ingleses lanzáronse á conquista do mundo durante o reinado de Henrique VIII (1509-1547), que promoveu a industria naval, como forma de expandir o comercio para alén das Illas Británicas. Mais as primeiras colonias británicas só foron fundadas durante o reinado de Isabel I, cando Sir Francis Drake circumnavegou o globo os anos 1577 a 1580 (Fernão de Magalhães xa a realizara en 1522). En 1579, Drake chegou á California e proclamou aquela rexión "colonia da Coroa", chamándolle "Nova Albion" ("Nova Inglaterra"), mais non promoveu a súa ocupación. Humphrey Gilbert chegou á Terra Nova en 1583 e declarouna colonia inglesa, mentres Sir Walter Raleigh organizou a colonia da Virxinia en 1587, mais ambas estas colonias tiveron pouco tempo de vida e tiveron que ser abandonadas, por falta de comida e encontros hostís coas tribos indíxenas do continente Americano.
Foi só o século seguinte, durante o reinado de Xacobe I da Inglaterra, despois da derrota da Armada Invencible de España, que foi asinado o Tratado de Londres, permitindo o estabelecemento da colonia da Virxinia en 1607. Durante os tres séculos seguintes, os ingleses expandiron o seu imperio a practicamente todo o mundo, incluíndo gran parte de África, case toda a América do Norte, a India e rexións veciñas e varias illas ao redor do mundo.
Así, en 1670 xa existían colonias inglesas estables na América do Norte (Nova Inglaterra, Virxinia, Carolina) e en Antiga, Barbados, Belize e Xamaica, ben como unha penetración comercial na India desde 1600, grazas á Compañía Británica das Indias Orientais. Funda desde 1660, en África, postos de captación de escravos para as plantacións americanas, apoderándose, o século seguinte en 1787, de moitos territorios entre o Río Gambia (encravado no Senegal francés) e a Nixeria, abarcando a famosa Costa do Ouro, o actual Ghana. O século XVIII é, deste modo, o período de afirmación e maduración do proxecto colonial británico.
O seu único revés neste período, forte de feito, será a independencia dos Estados Unidos, en 1776. Esta perda será compensada co inicio da colonización de Australia en 1783 e máis tarde da Nova Zelandia a partir de 1840, para onde envía inicialmente deportados.
A súa armada mantense superior á demais coa Batalla de Trafalgar en 1805, impondo unha vez máis unha pesada derrota a un adversario. O dominio de novas colonias é constante nesta altura - Malaca, desde 1795, Ceilán, Trinidad e Tobago, en 1802, Malta, Santa Lucía e Mauricia, en 1815, despois da derrota napoleónica e do seu bloqueo continental.
Singapur é fundada por Thomas Raffles en 1819. No Canadá rexístrase o adianto para oeste, abrindo novas frontes de colonización, o mesmo sucedendo na India, coa explotación do interior do Decán e de Assam, Bengala etc.
O século XIX marca o auxe do Imperio Colonial Británico, cuxa expansión económica e humana é favorecida polo desenvolvemento do capitalismo financeiro e industrial, ben como pola presión demográfica elevada.
Por outro lado, marca unha nova administración e xestión da realidade colonial. Exemplo diso é o goberno directo da Coroa na India. Aí, porén, producirase a primeira gran revolta contra o dominio colonial británico: a revolta dos sipais, en 1858, que ditará o fin da Compañía Británica das Indias Orientais. En 1877, a raíña Vitoria -nun xesto de cohesión fronte ás autonomías ou aspiracións máis radicais- proclámase imperatriz da India, que comprendía un extenso territorio entre a fronteira irano-paquistaní e a Birmania e entre o Océano Índico e o Tibet. Na China, estabeleceuse en Xangai. Na África, aliméntase cada vez máis o soño de construír un imperio inglés entre o Cairo, no Exipto, e a Cidade do Cabo, en Suráfrica, o que é conseguido despois da Conferencia de Berlín (1884-1885), que lexitima a anexión de todos os territorios ao longo dese corredor africano (Exipto, Sudán, Quenia, Rodesia, Transvaal etc.). Neste último, entre 1899 e 1902, trabará a primeira guerra do imperio, contra os bóers (descendentes de colonos holandeses estabelecidos desde o século XVII en Suráfrica), que se tornarán autónomos en 1910 (Unión Surafricana).
Este conflito demostra a desaparición gradual dos últimos obstáculos para a plena soberanía das colonias desde o comezo da segunda metade do século XIX. Nese período, é dada autonomía á colonias de maioría de poboación europea, como o Canadá, a Australia, a Nova Zelandia e as rexións de Suráfrica (Cabo, Orange, Natal e Transvaal), que gañan un estatuto de dominios (soberanía case total, mais leais á Coroa británica), respectivamente, en 1867, 1901, 1907 e 1910. De feito, xa só dependían da metrópole, até esa data, para asuntos externos e de defensa.
Estes dominios participarán ao lado da Inglaterra na Primeira Guerra Mundial, o que orixina unha nova organización do imperio, cada vez máis diminuto debido á independencia daqueles dominios de poboación maioritariamente europea, aínda que asociados á Inglaterra a través da Commonwealth (Estatuto de Westminster, 1931). Irlanda, Canadá e Suráfrica aceptan o Estatuto nesa data, facer máis tarde a Australia en 1942 e a Nova Zelandia en 1947: perden así o vínculo ao Reino Unido, a pesar de recoñeceren a soberanía simbólica da Coroa británica.
No resto do imperio -que o Exipto é a primeira colonia non-branca en o abandonar-, de poboación basicamente autóctona, novas fórmulas de asociación política e económica son adoptadas: na India, por exemplo, téntase aproximar a poboación da administración, aínda que con custos elevados. De feito, tras a Segunda Guerra Mundial e co despertar dos nacionalismos, India e Paquistán tórnanse independentes e a Irlanda pasa a república.
As décadas seguintes serán o escenario histórico da disgregación do imperio, especialmente en África. Actualmente, despois da devolución de Hong Kong, en 1997, á China, o Imperio Colonial Británico resúmese a Xibraltar, á Illa de Man e á illas da Canle da Mancha, na Europa, o Territorio Británico do Océano Índico, Pitcairn e dependencias no Pacífico, Illas Malvinas, Anguila, Bermudas, Xeorxia do Sur, as Illas Caimán, Turks e Caicos, Montserrat, Illas Virxes Británicas e Santa Helena e dependencias (Tristão da Cunha e Ascensión) no Atlántico.
Colonias BritánicasEditar
Ex-colonias
- , Trece colonias
- , Canadá
- , Suráfrica
- , Antiga e Barbuda
- , Australia
- , Bahamas
- ,Barbados
- , Honduras Británica
- , Botswana
- , Brunei
- , Chipre
- , Dominica
- , Fiji
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Imperio Británico |
BibliografíaEditar
- Abernethy, David (2000). The Dynamics of Global Dominance, European Overseas Empires 1415–1980. Yale University Press. ISBN 0-300-09314-4.
- Andrews, Kenneth (1984). Trade, Plunder and Settlement: Maritime Enterprise and the Genesis of the British Empire, 1480–1630. Cambridge University Press. ISBN 0-521-27698-5.
- Bandyopādhyāẏa, Śekhara (2004). From Plassey to partition: a history of modern India. Orient Longman. ISBN 81-250-2596-0.
- Brendon, Piers (2007). The Decline and Fall of the British Empire, 1781–1997. Random House. ISBN 0-224-06222-0.
- Britain and the Dominions. Cambridge University Press. n.d.