Fernando de Magalhães

navegante portugués

Fernando de Magalhães[1], (Fernão de Magalhães en portugués, Fernando de Magallanes en castelá[nota 1]), nado a finais do século XV (1480?[2]) como Fernão de Magalhães probabelmente na vila do norte de Portugal da Ponte da Barca[2][3], e finado na illa filipina de Mactan[3] o 27 de abril de 1521[4], foi un navegante e explorador portugués da época dos grandes descubrimentos coñecido porque, ao servizo de Carlos I de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes foi autor da primeira circunnavegación da historia ao redor da Terra, iniciada en 1519 baixo as súas ordes, ata a súa morte, e finalizada, despois de tres anos de viaxe, en setembro de 1522 baixo as ordes de Juan Sebastián Elcano. Así mesmo foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico coñecido en aqueles tempos como mar do Sur.

Fernando de Magalhães
Retrato de Hernando de Magallanes.jpg
Nacementoc. 17 de outubro de 1480
 Sabrosa
Falecemento27 de abril de 1521
 Mactan
CausaMorto en combate
NacionalidadeReino de Portugal e Coroa de Castela
EtniaPobo portugués
Ocupaciónexplorador e mariño
PaiRui de Magalhães
NaiInês Vaz Moutinho
CónxuxeBeatriz Barbosa
PremiosComendador da Ordem de Santiago e Orde de Santiago
Magellan Signature.svg
editar datos en Wikidata ]
Fernando de Magalhães, século XVI ou XVII (Mariner's Museum Collection, Newport News, VA).

No século XV, ao contrario da crenza popular, a redondez da Terra xa era coñecida desde tempos remotos.[5][6] No século III a. C., Eratóstenes medira a circunferencia cunha notable exactitude. Aínda que os escritos dos gregos, especialmente de Aristóteles, perderon a súa influencia, esta idea estendeuse durante a Idade media. O Tratado da esfera de Joannes Sacrobosco, escrito en París en 1224, foi amplamente publicado en todos os círculos académicos, sen que a igrexa puxera inconvenientes. O primeiro globo terrestre coñecido, é dicir, o máis antigo que se conserva, fíxoo Martin Behaim en Nuremberg en 1492.

Naquela época, Europa desenvolvera un gusto polas especies exóticas que impulsou aínda máis os intereses dos xeógrafos, exploradores e comerciantes. [nota 2][nota 3] Magalhães estaba convencido de que as Molucas (illas das Especias) estaban na metade da Terra que correspondia ao trono de España tras o Tratado de Tordesillas, tratado que dividía o mundo entre casteláns e portugueses desde 1494. Pensou que podería chegar polo oeste as illas das Especias, que abordara durante a súa visita a Malacca, en 1511-1512. Mesmo antes de iniciar a súa viaxe ás Molucas, de onde era orixinario o cravo, Magalhães recibira cartas exclusivas dun dos seus amigos persoais, o portugués Francisco Serrão, que estivera alí en 1512. Sería este proxecto de chegar as illas occidentais das especies, finalmente co apoio da Coroa española, o que levou a súa frota a dar a volta ao mundo, aínda que non era este o proxecto orixinal. O evento tivo un impacto considerable en Europa. Tras pouco máis dun cuarto de século, levouse a cabo o proxecto orixinal de Colón e, como sinalou Pierre Chaunu, «o mundo nunca foi tan grande como despois da viaxe de Magalhães».[7]

Un par de galaxias ananas descritas polo erudito veneciano Antonio Pigafetta, que acompañaba a Magalhães na circunnavegación da Terra, foron nomeadas séculos despois na súa honra, como nebulosas de Magalhães[8].

TraxectoriaEditar

 
Casa de Sabrosa, que ostenta o escudo dos Magalhães.

Varias localidades portuguesas, como Sabrosa, Ponte da Barca, Vila Nova de Gaia ou Porto, afirman ser berce de nacemento de Magalhães[9].

Fernando de Magalhãe pertence a unha das ramas da antiga liñaxe dos Magalhães, unha familia nobre do norte de Portugal cuxa orixe remóntase a finais do século XIII[10]. Aos historiadores cústalles situalo na árbore xenealóxica e ignoran todo sobre a súa mocidade: algúns rastros sospeitosos parecen indicar que os seus pais, Rui de Magalhães, alcaide maior (gobernador) de Aveiro, e Alda de Mesquita, pertencen á nobreza. Desde unha idade temperá, o seu pai podería levalo de paxe á corte da raíña Leonor de Viseu onde probablemente aprendeu navegación e astronomía, ensinado en particular por Martin Behaim[9].

A primeira mención historicamente certa é un documento de arquivo, que o designa como auxiliar e pensionista da casa do rei na frota de Francisco de Almeida, nomeado vicerrei das Indias Orientais portuguesas. Foi a bordo desta armada de vinte barcos que partio de Lisboa o 25 de marzo 1505.[11],[12]. Aínda que o seu nome non apareza nas crónicas, sábese que permaneceu alí oito anos e que estivo en Goa, Cochín e Kilwa Kisiwani. Participou en varias accións militares, incluíndo a batalla naval de Cananor (Kerala) onde foi ferido, e na decisiva batalla de Diu. En 1509 partiu na primeira expedición a Malaca mandada por Diogo Lopes de Sequeira, xunto con Francisco Serrão, o seu amigo e posiblemente primo.[13] Chegados a Malaca en setembro, foron vítimas dunha conspiración e a expedición terminou dandose á fuga deixando atrás dezanove prisioneiros. Magalhães tivo un papel crucial avisando a Sequeira e salvando a Serrão que desembarcara, actos que lle valeron honras e unha promoción.[14] Durante uns meses dedicase o comercio da pementa, antes de participar na captura de Malaca no verán 1511 baixo o mando do novo gobernador Afonso de Albuquerque e xunto o seu amigo Serrão[15]. Despois da conquista da cidade, os camiños dos amigos separáronse: Magallanes, promovido, cun rico botín e en compañía dun escravo adquirido en Sumatra, Henrique de Malaca, regresou a Europa. Serrão partiu na primeira expedición enviada ás «illas da especiaría», as Molucas onde se estableceu despois de gañar os favores do rei local.[16]. Alí permaneceu e casou cunha muller da illa de Ambón, volvéndose conselleiro militar do sultán de Ternate. Antes de saír de Malaca o 11 de xaneiro 1513 para volver á Portugal, Magalhães recibirá por correo as novas do seu amigo Francisco Serrão. As súas cartas a Magalhães serían decisivas, pois delas obtivo informacións sobre a situación dos lugares produtores de especias.

No verán de 1513, Magalhães foi enviado a Marrocos como parte dun poderoso exército que debía capturar Azamor[17]. Durante os enfrontamentos, segundo os informes, resultou ferido nun xeonllo, feito que o deixou un pouco coxo durante o resto da súa vida.[18] Despois de marchar sen permiso, é acusado de comercio ilegal cos mouros.[19] Estes cargos son rapidamente retirados, pero Magalhães é entón un soldado que non goza dos mellores vínculos co seu soberano, o rei Manuel, que se nega a aumentar a súa pensión só en 1/2 cruzado ao mes. Magalhães ten un proxecto secreto para chegar ás illas das especias desde o oeste do que se coida de non falar co seu soberano (xa que realizaba a través dos comerciantes malaios o tráfico de cravo desde as Molucas e de noz moscada desde Banda). Finalmente, simplemente pídelle ao seu rei que o libere das súas obrigacións. Infeliz de non ver recoñecidos os seus méritos en Portugal, Magalhães permanece un ano máis en Lisboa, coñecendo un dos mais ilustres sábios do seu tempo, o matemático e cartógrafo, Rui Faleiro con quen acaba de madurar o seu proxecto e co que se desprazara a Sevilla encontrando no reitor da Casa de la Contratación daquela cidade un adepto do seu proxecto,[20] entón decide ir ofrecer os seus servizos ao rei de España[21],[nota 4], o futuro Carlos V, que neste momento tan só ten 18 anos. O que estaba en xogo non era o descubrimento das illas Molucas, xa coñecidas e colonizadas polos portugueses,[nota 5], se non que a súa posesión por razón da súa suposta posición no medio do hemisferio definido polo Tratado de Tordesillas, e reservado aos españois. Pedro Reinel e Jorge Reinel, cartógrafos portugueses que se uniran a Magalhães, en 1519 debuxarían un espléndido mapa do mundo colocando as Molucas, por instrucións do navegante, ao oeste do Pacífico, pero claramente no dominio do rei de España (este mapa, cuxo facsímile está gardado na Biblioteca nacional de Francia.[22] reprodúcese abaixo no parágrafo Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521.)

A gran viaxe ao redor do mundoEditar

A gran viaxe ao redor do mundo
Cartografía de circunnavegación de Fernando de Magalhães e de Juan Sebastián Elcano.
Réplica da nao Victoria, o único dos cinco barcos de Magalhães que regresou a España en 1522, converténdose así no primeiro barco que circunnavegou o globo terráqueo.


Preparativos para a saída da frota (1517-1519)Editar

En outubro de 1517 en Sevilla, Magalhães púxose baixo a protección dun portugués que pasara ao servizo de España, Diogo Barbosa, ocupando a importante función de alcalde do arsenal sevillano. En decembro de 1517 contrae matrimonio con Beatriz Barbosa, filla de Diogo Barbosa, e con quen tivo dous fillos, Rodrigo que morreu na infancia e Carlos, que morreu ao nacer.[23]

O 22 de marzo de 1518 Carlos I nomea almirantes a Magalhães e Faleiro para que partan á procura das «illas da especiaría», e en xullo elévaos ao grao de comendadores da Orde de Santiago e outórgalles un conxunto de privilexios:[24]

  • O monopolio do itenerario descuberto polo termo de dez anos.
  • O nomeamento como gobernadores das terras e illas que atopasen, co cinco por cento das ganancias netas que resultasen.
  • Unha vixésima parte das ganancias da viaxe.
  • O dereito para reter mil ducados sobre as próximas viaxes, pagando só cinco por cento sobre o excedente.
  • A concesión dunha illa a cada un, excepto das seis máis ricas das cales non recibirían máis que unha décima quinta parte.

A expedición estaba esencialmente financiada pola Coroa e estaba provista de cinco carracas (buques caracterizados polo seu casco redondeado e os seus dous altos castelos dianteiros e traseiros) e perfectamente rearmados [nota 6] e forón equipados con subministracións para dous anos de viaxe.

Comezaron os lentos preparativos para a viaxe, que estiveron infestados de incidentes: insuficiencia de fondos, manobras do rei de Portugal, Manuel I, que procuraba facelos encarcerar, desconfianza dos casteláns cara a Magallanes e os outros portugueses involucrados, sen esquecer o difícil carácter de Faleiro.[25] Por intermedio do bispo de Burgos, Juan Rodríguez de Fonseca, obteñen a participación do mercador Cristóbal de Haro que fornece unha parte dos fondos e as mercadorías para trocar por especias. O cartógrafo portugués Diego Ribero, ao servizo da Casa de Contratación desde 1518, participou no desenvolvemento dos mapas utilizados na viaxe.

Non sen incidentes e despois da ruptura con Rui Faleiro, Magalhães continuou o aparellamento dos cinco navíos.

Inicio da viaxeEditar

Naves da expedición de Magalláns[26]
Nave Tonelaxe [27]   Tripulación [28]   Notas [28]
Trinidad 110   62   Buque comandado por Magalláns, un auxiliar desembarcará en Canarias. acabou abordado polos portugueses nas Molucas, con vinte mariñeiros que sobreviviron a un dramático intento de cruzar o Pacífico.
San Antonio 120   55   Abandonou a expedición no estreito de Magalláns e regresou a Sevilla o 6 de maio de 1521.
Concepción 90   44   Un auxiliar subirá a bordo en Canarias. Barco abandonado e queimado fronte á illa Bohol, preto de Cebú, por falta de tripulación.
Santiago 75   31   Dous auxiliares subirán a bordo en Canarias. Náufragou o 3 de maio de 1520 nas inmediacións do río Santa Cruz.
Victoria 85   45   Único barco en dar a volta ao mundo. Á chegada só quedan 18 europeos e 3 habitantes das Molucas. Non obstante, 12 europeos e un molucano quedáronse en Cabo Verde feitos prisioneiros polos portuguesés e levados a Lisboa para ir a Sevilla pouco despois.
  Total: 237  Con Juanillo, o fillo de raza mestiza do piloto João de Carvalho, que se uniu a seu pai na baía de Río e os 4 homes embarcados nas Canarias, 242 homes participaron na expedición de Magalhães. Entre eles, haberá 91 sobreviventes.[n 1].

O 10 de agosto de 1519 sairan desde Sevilla descendendo polo río Guadalquivir para atracar no porto de Sanlúcar de Barrameda onde durante as seguintes semanas, terminaran de avituallar a escuadra e resolveran outros asuntos. Mentres o propio Magalhães outorgou testamento en Sevilla o 24 de agosto, nomeando herdeiros ao seu fillo Rodrigo e ás criaturas a que dese a luz a súa esposa, á que deixaba embarazada.[29]

O 20 de setembro a expedición partiu finalmente de Sanlúcar, coa intención de atopar o paso marítimo cara aos territorios das Indias Orientais e buscar o camiño que, percorrendo sempre mares casteláns (segundo o Tratado de Tordesillas), chegase ás illas das especias, o que era a chamada ruta cara ao oeste que xa buscara Cristovo Colón. A tripulación, composta por 239 homes, compoñíase de mariños de moi distintas orixes, cun importante número de portugueses e vascos. Entre os primeiros, ao redor de corenta, contábanse Álvaro de Mezquita, primo irmán de Magalhães, Duarte Barbosa, primo da esposa de Magalhães, Juan Serrano, primo ou irmán de Francisco Serrão e Esteban Gómez. Acompañaba tamén a Magalhães o seu escravo Henrique de Malaca,[nota 7] quen segundo algunhas fontes sería a primeira persoa en circunnavegar o planeta.[30]

Antonio Pigafetta, cronista e xeógrafo veneciano, que participou da expedición ás súas propias expensas, escribiu un diario completo da viaxe, posibilitado polo feito de ser un dos poucos viaxeiros en retornar vivo a Europa. Desa forma, legou á posteridade un raro e importante rexistro de onde se pode extraer moito do que se sabe deste episodio da historia. É grazas a el que non só recibimos o relato completo da viaxe, xa que foi un dos 18 sobreviventes que regresaron o 6 de setembro de 1522, senón tamén información sobre os amotinados. De feito, dos cinco capitáns da expedición, parecería que polo menos tres non comparten a opinión de Magallanes, ata o punto de que algúns queren desfacerse del.

Ao longo da América do Sur, o motín de San Julián (1519-1520)Editar

Tras unha breve estancia nas Canarias, pasaron catro meses e a flotilla, que enarboraba bandeira española, chegou, en decembro de 1519, preto da costa de Brasil, que era colonia portuguesa. Despois dunha breve escala para encher en Ponta de Baleia, preto do arquipélago de Abrolhos, Magalhães decidiu fondear o 13 de decembro de 1519 na baía de Santa Lucía,[31] agora coñecida como Río de Xaneiro, que un dos seus pilotos, João Lopes Carvalho, coñece ben, estando alí sete anos antes, este atopa a Juanillo, de 7 anos, o fillo que tivo cunha india, e ao que embarcará no Concepción.[32]

A finais de decembro de 1519, despois dunha escala de catorce días, a frota dirixiuse ao sur para tentar sortear Suramérica, pasando en marzo de 1520 polo río da Prata (xa descuberto por Juan Díaz de Solís en 1516), O 31 de marzo de 1520, a frota atopou refuxio nunha ría abrigada á entrada do estreito, na extremidade da actual costa da Arxentina a que chamaron baía San Julián e que exploraron en busca dun posible paso. Magalhães, en vista da chegada do inverno, decidiu hibernar alí ata a primavera.

O desexo de regresar no que se consideraba un fracaso por non achar o paso cara ás Molucas, unido ao inhóspito da paraxe e as condicións de navegación provocaron descontento entre a tripulación. Apenas fondearon no porto de San Julián, cando os capitáns das outras catro naves tramaron un motín para matar o comandante en xefe. É aquí onde estala o "motín de Pascua", Magalhães sairá del pero con graves consecuencias. As tripulacións quedarán o 1 de abril baixo o liderado de Juan de Cartagena, veedor; Luis de Mendoza, tesoureiro; Antonio de Coca, contador; Gaspar de Quesada, capitán da Concepción que están preocupados polo xiro que toma a viaxe, dubidan da existencia da pasaxe cara ao oeste e especialmente das súas posibilidades de supervivencia nestas frías rexións e desertas.

Magalhães e os mariñeiros que lle seguiron fieis derrotan habilmente aos amotinados.[33] Fracasado o complot, Magalhães condenou á morte a Gaspar de Quesada, e mandou descortizar o seu cadáver xunto ao de Luis de Mendoza, asasinado por sorpresa polo preboste (alguacil) Gonzalo Gómez de Espinosa. Juan de Cartagena xunto co clérigo Sánchez de Reina son abandonados na beira patagónica cunha espada e un pouco de pan,[34] ao partir a expedición o 21 de agosto de 1520 do porto de San Julián, sen que nada se soubese despois deles.[35] A sentenza á que foron condenados outros corenta amotinados, incluído Juan Sebastián Elcano, foi finalmente amnistiada. Algúns, incluído o cosmógrafo Andrés de San Martín, aínda soportan o doloroso tormento da garrucha. A clemencia de Magalhães non debería sorprender pois necesitaba que todos continuasen a súa viaxe como narra Stefan Zweig :

Como continuar a viaxe, se, en virtude da lei, mandaba executar a unha quinta parte das súas tripulacións? Nestas rexións inhóspitas, a miles de leguas de España, non pode privarse de cen armas.

[36]

Naufraxio do "Santiago", deserción do "San Antonio" e descubrimento do estreito de Magalláns (1520)Editar

 
Mapa que mostra o rumbo dos barcos no estreito

Durante o verán (inverno no hemisferio norte), Magalhães decidiu enviar un dos seus barcos en recoñecemento para atopar a pasaxe que conduza cara á costa oeste americana, cara ao océano Pacífico. Lamentablemente o Santiago naufragou o 3 de maio de 1520 aínda que todos os membros do barco forón rescatados.[37] Tres meses máis tarde, Magalhães decidiu ir cara ao sur cos catro barcos restantes. O 21 de outubro de 1520 Magalhães viu un cabo ao que chamou cabo Vírgenes que é o punto que marca a entrada do estreito. Comezou a súa exploración descubrindo unha pasaxe cara a occidente. No labirinto de fiordes, rodeado de cantils "ameazando" as augas "sinistras", unha zona que lles levaría máis dun mes cruzar, os relatos indican que ao cruzar o estreito, os mariñeiros observaron moitas fumaredas cara ao interior. A Terra do Fume que reflectiron nos mapas despois da viaxe como Terra de Fogo. O estreito, nomeado en primeiro lugar "Canle de Todos os Santos", rapidamente cambiou o seu nome a Estreito de Magalláns en honra ao explorador.

No medio do estreito, Esteban Gómez piloto do San Antonio, rebelouse xunto cos seus homes e encarcerou ao capitán Álvaro de Mesquita,[38] un curmán de Magalhães. Deuse a volta e desertou, sen que soubese nada o seu capitán maior, e iniciou a viaxe de volta camiño de Sevilla coa súa carga de comida e mercadoría para intercambiar. Despois de cruzar o Atlántico, o barco chegou a Sevilla o 6 de maio de 1521 con 55 homes a bordo (espallando ofensas contra Magalhães en España).[39]

Cruzando o Pacífico e morte de Magalhães 1520-1521Editar

 
Coñecido durante moito tempo como: Kunstmann IV, este mapa de 1519, atribuído a Jorge Reinel e moi probablemente o que Magalhães deulle a Carlos V, difire das representacións habituais da era pola dimensión bastante realista do seu "Mar do Sur" (o océano Pacífico). O mapa que se mostra aquí é un facsímile reproducido por Otto Progel en 1836 e gardado na Biblioteca nacional de Francia[22], o orixinal desapareceu en Múnic durante a segunda guerra mundial. Tamén se atribue a un dos irmáns Reinel, outro mapa similar de 1519, esta vez cunha proxección polar antártica[40] [41], gárdase na Biblioteca do Palacio Topkapi en Istambul co nome de Hazine n° 1825[42] [43].

Na época de Magalhães, a circunferencia da Terra aínda non se coñecía con precisión, a pesar do traballo de Eratóstenes que a calculara case 18 séculos antes. Pero Magalhães non subestimou o tamaño do océano Pacífico, como suxire a opinión actual. A súa memoria xeográfica, que deixou ao rei antes de marchar así o demostra[44]

En efecto, a interpretación gráfica, feita polo historiador portugués José Manuel García, das medidas sinaladas por Magalhães na memoria xeográfica ("Lembrança geográfica") que o navegante portugués déralle a Carlos V en setembro de 1519,[45] documento citado in extenso por este historiador,[46] desafía a sabedoría convencional de que Magalhães ignoraba a inmensidade do océano Pacífico,[47] levando así ás mesmas conclusións que a obra de Xavier de Castro (pseudónimo de Michel Chandeigne.[48]), Jocelyn Hamon e Luís Filipe Thomaz sobre a cuestión[49] [50] [51].

En novembro a escuadra atravesou o estreito, a fortuna fixo que a travesía se fixera en calma e non se atoparan con ningunha tempestade, feito polo que bautizarón o mar do Sur como océano Pacífico (nome que permanecería e quedaria para a historia). Por contra, tiverón a desventura de non achar terra firme ata pasado máis de tres meses. No Pacífico avistarón as nebulosas que hoxe ostentan o seu nome: as nebulosas de Magalhães.

Despois de cerca de catro meses, a fame, a sede e as doenzas, principalmente o escorbuto e o beriberi que atacaban á tripulación, comezaron a decimar a tripulación, pero sen mermarla. Un estudo recente mostra que só houbo nove mortos durante a viaxe de tres meses e medio e isto é probablemente debido ao apio silvestre cultivado amplamente no Estreito.[52] A auga non era potable, as racións minguaban, incluso as galletas esgotáronse, a tripulación debe sobrevivir comendo ratas. Antonio Pigafetta escribiu: "Só comiamos galletas vellas que se convertian en po, cheas de vermes e fedor, lixo dos ouriños das ratas e bebiamos unha auga amarela infectada."[53]

En GuamEditar

O 6 de marzo de 1521 a frota chegou ás illas Marianas. A primeira terra que avistaron foi probablemente a illa Rota, pero os barcos non puideron atracar alí e, en cambio, botaron áncoras trinta horas despois en Guam, onde poden repostar parcialmente despois de ser saqueados polos nativos que os recibirón a bordo de canoas.

Foron recibidos polos nativos nun tipo de canoa entón descoñecida para os europeos. Decenas de nativos subiron a bordo e comezaron a sacar artigos do barco, incluídos aparellos, coitelos e calquera artigo feito de ferro. Nalgún momento, houbo un enfrontamento físico entre a tripulación e os nativos, e polo menos un nativo resultou morto. Os nativos restantes fuxiron cos bens que obtiveran, tomando tamén, mentres se retiraban, a barca auxiliar do Trinidad.[54][55] Por este acto, puxerón de nome o arquipélago, segundo Antonio Pigafetta, "Islas de los Ladrones ", (Illas dos ladróns).[56][57]

Ao día seguinte, Magalhães tomou represalias e enviou a terra un grupo de asalto que saqueou e queimou corenta ou cincuenta casas e mataron a sete homes.[58] Recuperaron a barca auxiliar e deixaron Guam ao día seguinte, 9 de marzo, continuando cara ao oeste.[59]

Nas FilipinasEditar

 
Inscrición na cruz de Magalhães

A frota chegou a Filipinas o 16 de marzo e permanecería alí ata o 1 de maio. A expedición representou o primeiro contacto europeo documentado con Filipinas.[60] ás que Magalhães chamou «illas de San Lázaro». Atopan paisaxes idílicas, especias, aves multicolores, nativos que parecen pacíficos. Para Magalhães era moi importante manter unha paz estratéxica cos indíxenas e convertelos ao cristianismo, e para iso utilizaba entre outras cousas o argumento de que serían máis fortes e mostráballes as súas armas de fogo. Como testemuño da súa intención de converter aos nativos en cristiáns está a Cruz de Magalhães, unha cruz de madeira colocada en Cebú polo explorador.

Aínda que o 16 de marzo avistaron a illa Samar que foi a primeira illa das Filipinas avistada por Magalhães, non desembarcaron nela e seguiron navegando cara ao sur ata que finalmente, o 17 de marzo de 1521, desembarcaron na illa de Homonhon, que entón estaba deshabitada.[61] Pasaron case dúas semanas en Homonhon, descansando e recollendo comida fresca e auga, antes de partir o 27 de marzo.[62]

Na mañá do 28 de marzo, achegáronse e fixeron a primeira escala na illa de Limasawa onde atopáronse con algúns nativos en canoas. Por primeira vez na viaxe, Henrique de Malaca, o escravo de Magalhães, descubriu que podía comunicarse cos nativos en malaio (desta forma Magalhães e os seus homes descubriron que chegaran ao Extremo Oriente, cumprindo o proxecto de Cristovo Colón.).[62] Intercambiaron agasallos cos nativos (recibindo xerras de porcelana pintadas con deseños chineses), e máis tarde ese mesmo día foron presentados ao seu líder, Rajah Kolambu.[nota 8]. Magalhães convertirase en "irmán de sangue" de Kolambu, someténdose ao ritual local de pacto de sangue con el.[63] Magalhães e os seus homes observaron que a illa era rica en ouro e descubriron que os habitantes da zona estaban ansiosos por trocalo por ferro á par. Mentres estaba en Limasawa, Magallanes deu a algúns dos nativos unha demostración de armaduras, armas e artillería españolas, polo que aparentemente quedaron impresionados.[64]

Primeira misaEditar

Artigo principal: Primeira misa nas Filipinas.

O domingo 31 de marzo, día de Pascua, Magalhães e cincuenta dos seus homes chegaron a terra en Limasawa para participar na primeira misa católica nas Filipinas, dada polo capelán da armada. Kolambu, o seu irmán (que tamén era un líder local) e outros habitantes da illa uníronse á cerimonia e expresaron o seu interese pola súa relixión. Despois da misa, os homes de Magalhãe levantaron unha cruz cruzada no outeiro máis alto da illa e declararon formalmente a illa e todo o arquipélago das Filipinas (ás que chamou Illas de San Lázaro) como posesión de España.[65]

CebuEditar

 
Imaxe orixinal do Neno Xesús de Cebú

O 2 de abril, Magalhães celebrou unha reunion para decidir a seguinte singladura de acción da frota. Os seus oficiais instárono a dirixirse cara ao suroeste rumbo as Mollucas, pero en vez diso decidiu introducirse aínda máis nas Filipinas. O 3 de abril, a frota navegou cara ao noroeste desde Limasawa cara á illa de Cebú, da que Magallanes soubo por Kolambu. Algúns dos homes de Kolambu guiaron a frota a Cebú.[66] Avistaron Cebú o 6 de abril e tocaron terra ao día seguinte. Cebú tiña un contacto regular con comerciantes chinos e árabes e normalmente requiría que os visitantes pagasen tributo para comerciar. Magalhães convenceu ao líder da illa, Rajah Humabon, para que renunciase a este requisito.

Do mesmo xeito que en Limasawa, Magalhães fixo unha demostración das armas da frota para impresionar aos aldeáns. Novamente, tamén predicou o cristianismo aos nativos, e o 14 de abril, Humabon e a súa familia foron bautizados e déuselles unha imaxe do Neno Xesús (máis tarde coñecido como Neno Xesús de Cebu). Nos días seguintes, bautizáronse outros xefes locais e, en total, convertéronse 2.200 habitantes de Cebú e outras illas próximas.[67]

Cando Magalhães soubo que un grupo na illa de Mactan, liderado por Lapu-Lapu, resistíase á conversión cristiá, ordenou aos seus homes que queimaran as súas casas. Como continuaron resistindose, Magalhães informou ao seu consello o 26 de abril de que levaría un continxente armado a Mactan e faría que se sometesen baixo ameaza de forza.[68]

Batalla de MactanEditar

 
Monumento a Magalhães en Mactan
 
Morte de Magalhães. Xilografía do século XVI

Lapu-Lapu, o rei da pequena illa de Mactan, fronte a de Cebú, négase a someterse aos invasores. Magalhães lidera unha expedición contra el, estimando que sesenta homes armados con arcabuces poden derrotar aos nativos espidos aínda que trinta veces máis numerosos. Algúns homes cebuanos seguiron a Magalhães ata Mactan, pero Magalhães indicoulles que non se unisen á loita, senón que simplemente observasen. [87] Primeiro enviou un enviado a Lapu-Lapu, ofrecéndolle unha última oportunidade de aceptar ao rei de España como o seu gobernante e evitar o derramamento de sangue. Lapu-Lapu negouse. Magalhães levou a 49 homes á beira mentres quedaban 11 para protexer os botes. Pero o ataque a Mactan o 27 de abril de 1521 fracasou: aínda que tiñan o beneficio de armaduras e armas relativamente avanzadas, as forzas de Magalhães estaban moi superadas en número polo que os españois foron rexeitados polos aldeáns e tiveron varias baixas nas súas filas unha delas a do propio Magalhães que tamén morreu. Segundo os informes do seu cronista Pigafetta (que estivo presente no campo de batalla), foi xunto a outros seis compañeiros un dos últimos en caer mentres permanecía de pé na auga para cubrir a retirada dos seus. Unha frecha envelenada feriuno atravesandole a coxa; pouco despois foi abatido por dúas lanzas, unha feríndolle na cara e a outra debaixo do brazo dereito.[69],[nota 9]. A crónica de Antonio Pigafetta ofrece detalles esenciais sobre este episodio: os guerreiros de Lapu-Lapu fixeran escudos de madeira extremadamente dura, resistentes aos arquebuces, ao tempo que se armaban de frechas envelenadas cuxo veleno tiña un efecto case inmediato.

Masacre do 1 de maioEditar

Tras a morte de Magalhães, os homes restantes levaron a cabo unha elección para seleccionar un novo líder para a expedición. Seleccionaron a dous co-comandantes: Duarte Barbosa, cuñado de Magalhães e Juan Serrano. Catro días despois da derrota en Mactan o 1 de maio, o rei de Cebú emboscou aos recentemente chegados nunha cea, á que asistiron unha trintena de homes, na súa maioría oficiais, entre eles Serrano e Barbosa, durante a que di querer dar aos oficiais da frota "xoias e agasallos que prometera enviar ao rei de España". Cara ao final da comida, cebuanos armados entraron ao salón e asasinaron os europeos. Morreron vinte e sete homes. Juan Serrano, un dos co-comandantes recentemente elixidos, foi deixado con vida e levado á beira fronte aos barcos españois. Serrano rogou aos homes a bordo que pagasen un rescate aos cebuanos. Os barcos españois saíron do porto e Serrano (presuntamente) foi asasinado. No seu relato, Pigafetta especula que João Carvalho, quen se converteu no primeiro ao mando en ausencia de Barbosa e Serrano, abandonou a Serrano (o seu antigo amigo) para poder permanecer ao mando da frota. En palabras de Pigafetta[70] era simplemente que o rei de Cebú queria devolver o favor aos señores veciños que querían desfacerse dos europeos. Segundo Pietro Martire d'Anghiera a orixe desta vinganza está relacionada coa violación de mulleres.[71] Os que quedaron a bordo dos barcos fondeados fuxiron. Segundo a testemuña presencial de Antonio Pigafetta, cronista da viaxe de Magalhães, foi Henrique, o servo de Magalhães, natural das illas de fala portuguesa, o que se uniu ao rei de Cebú, Humabon. De feito, no seu testamento, Magalhães estipulara que á súa morte, o seu fiel servo debería ser posto en liberdade. Pero o xenro de Magalhães, Duarte Barbosa, rexeitou a disposición testamentaria cara a Henrique e pediulle que seguise a bordo. Henrique sublevouse contra este sistema de detención inxusto e ilegal e uniuse a Humabon. O rei de Cebú, informado por Henrique da debilidade dos europeos que quedaran sen líder tras a morte de Magalhães, considera o momento oportuno para desfacerse deles polo que atraeu aos europeos a unha trampa na que 35 deles morreron. O resto deles escaparon por pouco e decidiron abandonar Cebú e na illa Bohol acordaron, ao só quedar 108 homes para gobernar as tres naves, queimar a que en peor estado atopábase, que era a Concepción, distribuíndose entre as outras dúas. Tamén se decidiu nomear como xefe da expedición a Juan López de Carvalho, ata entón piloto maior da frota[72] que asumiu inicialmente o mando do Victoria e capitán do Trinidad e Gonzalo Gómez de Espinosa.

MolucasEditar

Con Carvalho como novo capitán xeral, os dous buques restantes, o Trinidad e o Victoria, pasaron os seguintes seis meses serpenteando polo sueste asiático en busca das Molucas. No camiño, detivéronse en varias illas incluíndo Mindanao e Brunei. Durante este tempo, participaron en actos de piratería, incluíndo roubar un xunco (tipo de embarcación a vela propia de Asia) con destino a China desde as Molucas.[73]

 
O Victoria nun mapa de Ortelius de finais do século XVI

A finais de setembro de 1521, os membros da expedición acordaron destituír a Carvalho como capitán xeral da frota por mala conduta, nomeando a Gonzalo Gómez de Espinosa o seu novo xefe. Tamén se acordou nomear a a Juan Sebastián Elcano capitán da Victoria.[74]

Espinosa dispuxo continuar a navegación cara ás illas das especias. Segundo o cronista Antonio Pigafetta, Espinosa chegou ás illas Molucas o 7 de novembro de 1521, atracando na illa de Tidore ao día seguinte. Alí pediron permiso ao seu rei al-Mansur (coñecido polos oficiais co nome español de Almanzor), para comerciar.[75]

O 18 de decembro de 1521, coas dúas naves cargadas de cravo, dispuxéronse para partir de regreso a España. Con todo, ese mesmo día descubriron unha vía de auga no Trinidad, facendose necesaria unha longa reparación. Acordouse que a Victoria volvese a España pola ruta da India e que a Trinidad quedase no porto de Tidore para ser reparada e regresar polo Pacífico ata Panamá. O día 21 o Victoria partiu en solitario cara ao oeste.[76][77] O 5 de febreiro de 1522 desertaron o mozo grumete da Victoria, Martín de Ayamonte, e o soldado Bartolomeu Saldaña, que abandonaron “sen ser sentidos” a Victoria na illa de Timor, onde a nave estaba fondeada. Ao ser apresado polos portugueses, o grumete fixo unha relación da viaxe que foi recentemente descuberta e contén detalles ata o de agora ignorados.[78]

Espinosa completou a reparación do Trinidad o 6 de abril de 1522 e fíxose á mar, pero os continuos temporais impediron o seu avance, e unha forte tormenta dano gravemente a nave. Pediu auxilio ao capitán portugués António de Brito que se atopaba preto, o que ocasionou que os dezasete homes que quedaban na embarcación fosen feitos prisioneiros polos portugueses. Cinco deles, entre os que se atopaba Espinosa, regresaron a Europa e foron liberados en 1527.[79]

Chegada a España da nave Victoria capitaneada por ElcanoEditar

Tras atravesar o océano Índico e dar a volta a África, Juan Sebastián Elcano completou a primeira circunnavegación do globo, conseguindo levar a termo a expedición e chegar ao porto de partida, Sevilla, o 8 de setembro de 1522 na nave Victoria, xunto con outros 17 sobreviventes, o que supoñía o logro dunha impoñente fazaña para a época.

A expedición chegou só coa Victoria de regreso a Sevilla en setembro de 1522, ao cabo de case tres anos de travesía. En total, 216 homes pereceron durante a viaxe, e só 18, entre eles Juan Sebastián Elcano, puideron sobrevivir. Unhas semanas máis tarde, outros 13 homes (12 europeos e unha das Molucas), que estaban cativos en Cabo Verde, regresaron a Sevilla, completando así tamén a circunnavegación.[80][81] Outros catro homes dos 55 da tripulación orixinal da Trinidad, que emprendera unha ruta de regreso distinta desde as Filipinas e que foi capturada polos portugueses, regresaron finalmente a España en 1525.[82]

NotasEditar

  1. O seu nome aparece en diferentes formas antes de que os cartógrafos o latinizaran en Magellanus', de aí Magalhães.
  2. «É difícil agora imaxinar a importancia económica das especies no principio dos tempos modernos. [...] Con todo, debemos dar ao luxo un papel preponderante na expansión occidental.»Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 15
  3. Stefan Zweig escribiu ao principio da súa biografía sobre Magalhães: «ao principio eran as especies. Desde o día en que os romanos durante as súas expedicións e as súas guerras probaron os ingredientes picantes ou os estupefaciente, picantes ou excitantes de Oriente, Occidente xa non quixo nin puido ignorar as "especias" ou os condimentos indios na cociña.»Stefan Zweig 1938, p. 17
  4. Unha pasaxe do historiador Damião de Góis, extraída da súa "Crónica do rei D. Manuel" publicada en 1567, di que Magalhães « rompeu os lazos co seu país de orixe - do cal non derivou "instrumentos" públicos. Herrera retomao en 1601 afirmando que o navegante "decidiu" desnaturalizarse "[...] despois de asinalo ante notario », entrando ao servizo de España en outubro de 1517. Este non é o caso, aínda que só sexa porque este procedemento de "desnaturalización" non existise legalmente: de feito se podería "desnaturalizar" a si mesmo "naturalizándose" noutro lugar, senón a "desnaturalización" voluntaria non existía. Pode que a "acta notarial" suxerida por Damião de Góis sexa de feito unha especie de copia do cronista (de Castro, Le Voyage de Magellan, 2010, p. 323-324). Engadimos que o cambio na ortografía do nome, Magalhães en Magallanes, era unha práctica habitual cada vez que algún súbdito dun rei ofrecía os seus servizos a outro rei. Non faltan exemplos entre os navegadores (John Cabot, Juan de Solis, etc.).
  5. O historiador Jean Favier escribe que Magalhães
    non significa saír ao descoñecido, senón ir por un camiño descoñecido.
    (Les Grandes découvertes : d'Alexandre à Magellan [1991], Librairie Arthème Fayard/Plurier, 2010, p. 554).
  6. Os mellores xa se usaban para as expedicións as Indias.
  7. Henrique de Malaca habería de ser, con toda probabilidade, o primeiro home en circunnavegar o globo xa que a expedición levouno ás proximidades do lugar onde fora capturado antes de ser vendido a Magalhães en 1511.
  8. Diversamente romanizado en diferentes fontes como Kolambu, Colembu, Kulambu, Calambu etc.
  9. Stefan Zweig escribe:
    así pereceu, nunha estúpida liorta cunha horda de salvaxes, o maior navegante de todos os tempos.
    .
Erro no código da cita: A etiqueta <ref> definida en <references> ten un atributo de grupo "nota" que non aparece no texto anterior.
  1. "Fernando de Magalhães". Diciopedia do século 21 II. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1274-1275. 
  2. 2,0 2,1 "Fernão de Magalhães era minhoto". Público (Portugal) (en portugués). 20 de xuño de 2009. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Fernão de Magalhães nasceu em Sabrosa ou em Ponte da Barca? – 500 anos de volta ao mundo". O Minho (en portugués). 10 de setembro de 2019. Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  4. Dilva Frazão (5 de febreiro de 2020). "Fernão de Magalhães". ebiografia.com (en portugués). Consultado o 6 de outubro de 2020. 
  5. Peter van der Krogt, El mite de la terra plana; Edward H. Dahl i Jean-François Gauvin, El descobriment del món: Una història de globus terrestres i celestes, Privat, 2001.
  6. Randles William,De la Terra a la terra plana: Un ràpid canvi epistemològic, 1480-1520, Armand Colin, 1980.
  7. Pierre Chaunu, Conquesta i explotació dels nous mons, PUF, Nouvelle Clio, 1969, p. 267
  8. Allen, Richard Hinckley (1963). Star Names: Their Lore and Meaning (en inglés). Nova York: Dover Publications Inc. pp. 294–295. ISBN 0486210790. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. 
  9. 9,0 9,1 «Fernand de Magellan (1480 env.-1521)», artigo da l'Encyclopædia Universalis.
  10. Castro 2007, p. 37.
  11. Castro 2007, p. 42
  12. Zweig 2010, p. 44.
  13. William J. Bernstein (2008), "A Splendid Exchange: How Trade Shaped the World", pp. 183-5. Nueva York: Atlantic Monthly Press. ISBN 978-0-87113-979-5.
  14. Castro 2007, p. 43,
  15. Zweig 2010, p. 54-55.
  16. Castro 2007, p. 45.
  17. Castro 2007, p. 49-50.
  18. João de Barros, Décadas da Asia, 1563, III, v, 8.
  19. Zweig 2010, p. 62-63.
  20. Stefan Zweig (2009). Grasset, ed. Les grandes vies (en francés). París. pp. 1092 , 1093. ISBN 978-2-246-42521-2. .
  21. Castro 2007, p. 54.
  22. 22,0 22,1 "Jorge Reinel (?) 1519, fac-similé de 1843" (en francés). 1519. Consultado o 13 abril 2020. .
  23. Dom José Manoel de Noronha, Algumas Observações sobre a Naturalidade e a Família de Fernão de Magalhães,(en portugués), Imprensa da Universidade, Coimbra, 1921.
  24. de Castro 2010, p. 326-28.
  25. de Castro 2010, p. 329-32.
  26. Castro 2007, p. 515.
  27. Fernández de Navarrete 1837, p. 3.
  28. 28,0 28,1 Fernández de Navarrete 1837, pp. 12-22.
  29. O contido do testamento consérvase no Arquivo Xeral de Indias, signatura PATRONATO,36,R.2; transcripción por Cristóbal Bernal., pero tamén se conserva un fragmento do orixinal no Arquivo Histórico Provincial de Sevilla [1]
  30. "El viaje de Enrique". www.exlibric.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017. 
  31. Castro 2007, p. 347.
  32. Castro 2007, p. 487.
  33. Os acontecementos son narrados en detalle por Stefan Zweig na súa biografía de Magalhães, op. cit., p. 155-171.
  34. Castro 2007, p. 362-364.
  35. Lucena Salmoral 1982, p. 321.
  36. Zweig 2010, p. 168.
  37. Castro 2007, p. 104.
  38. Dantin Cereceda, Juan (2012). Exploradores y conquistadores de Indias: relatos geográficos (en castelán). Maxtor. pp. p.204. ISBN 8490011931. 
  39. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 372-374
  40. Castro et al. 2010, p. 69, 276-277, et 333-334.
  41. Castro 2017, p. 28-29.
  42. Couto 2013, p. 119, 128-129.
  43. Couto 2019, p. 81, 84, 100, 101, 104, 105, 107, 108, 109, 110, 111.
  44. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 65-66
  45. Castro et al. 2010, p. 45.
  46. Garcia 2007, p. 164-166, 314-315.
  47. Garcia 2019, p. 85-94.
  48. Jérôme Gautheret (6 de decembro de 2007). "15 ans de travail au service de Magellan" (en francés). Consultado o 16 de outubro do 2020. 
  49. Castro et al. 2010, p. 22-23, 55-57, 65-67, 69, 276-277, 332-334 e notas 1.
  50. Castro 2017, p. 7, 26-29.
  51. Castro e Duviols 2019, p. 225, 228.
  52. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 379-381
  53. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 114
  54. Bergreen 2004, pp. 224-226.
  55. Cameron 1974, pp. 167-169.
  56. "Fernand de Magellan". larousse.fr (en francés). Consultado o 16 de outubro do 2020. .
  57. Bergreen 2004, p. 229.
  58. Bergreen 2003, p. 226.
  59. Bergreen 2003, pp. 229-231.
  60. Thomas Suárez (1999). Early Mapping of Southeast Asia: The Epic Story of Seafarers, Adventurers, and Cartographers Who First Mapped the Regions Between China and India]. 
  61. Parr, Charles McKew So Noble a Captain: The Life and Times of Ferdinand Magellan Thomas Y. Crowell, New York, 1953. p.431
  62. 62,0 62,1 Cameron 1974, p. 173
  63. Bergreen 2003, p. 244-245.
  64. Bergreen 2003, pp. 243,245.
  65. Cameron 1974, p. 177.
  66. Cameron 1974, p. 180.
  67. Bergreen 2003, p. 271.
  68. Cameron 1974, p. 187.
  69. Castro 2007, p. 164-167.
  70. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 170
  71. Xavier de Castro (eds.) 2007, p. 409-410.
  72. Miguel Ojeda 1958, pp. 13-14.
  73. Cameron 1974, p. 198.
  74. Miguel Ojeda 1958, p. 16.
  75. Miguel Ojeda 1958, pp. 17-18.
  76. Miguel Ojeda 1958, p. 19.
  77. Fernández de Navarrete 1837, pp. 80-81.
  78. Olaya, Vicente G. (5-XI-2019). "El grumete de Elcano lo confesó todo". El País. 
  79. Miguel Ojeda 1958, pp. 21-22.
  80. Castro et al. 2010, p. 90, 473, 478-479, 481, 543-544, 546, 798.
  81. Castro 2018, p. 6-7, 27, 31, 52-53, 55, 299.
  82. Rodríguez González, Agustín Ramón (agosto–setembro 2019). "El papel de Portugal" (PDF). Revista General de Marina 277: 267–278. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n", pero non se atopou a etiqueta <references group="n"/> correspondente ou falta unha etiqueta </ref> de peche