Reis de España
A lista dos reis de España comeza cos Reis Católicos porque se considera que España comezou a existir cando a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón uniron os seus reinos a través do matrimonio de Isabel I de Castela con Fernando II de Aragón, aínda que os reinos seguiron tendo leis separadas e a denominación da Monarquía incluía varios reinos (a máis común sería Rei de Castela, Aragón, León, Granada e Toledo, aínda que variaba moito). O termo España referíase á Península Ibérica en conxunto até o recoñecemento definitivo da independencia de Portugal en 1668 e o título rei de España só se comezou a utilizar polos monarcas en 1874 (anteriormente Isabel II utilizou o de Raíña das Españas).
En 1474 o rei Henrique IV de Castela morreu, deixando un Reino inmerso nunha guerra civil entre Isabel e Xoana a Beltranexa que, finalmente, gañou a primeira. En 1479 era Xoán II de Aragón o que morría, pasando o trono a Fernando, naquel momento rei de Castela por matrimonio coa raíña Isabel; deste xeito empezouse a xestar o que sería a futura monarquía española. En 1492 conquistaron o Reino de Granada, o último territorio islámico na península, e en 1512 Fernando II conquistou o Reino de Navarra co apoio do partido beaumontés e do papa Xulio II, e incorporouno a Castela en 1515. Á morte da raíña Isabel, sucedeulle a súa filla Xoana, quedando o seu pai como rexente; a pesar de ser rexeitado pola nobreza castelá e substituído polo marido de Xoana, Filipe o Fermoso (que chegou a ser xurado rei), Fernando volveu asumir a rexencia tras a repentina morte deste.
Á morte do Rei Católico houbo un período de inestabilidade debido á incapacidade mental da súa filla Xoana, que foi aproveitado polo seu neto Carlos para proclamarse rei en Bruxelas, o que foi recoñecido en Castela; pero en Aragón non houbo acordo en aceptar e en aplicar o testamento do Rei Católico por estar en contra dos foros, o cal conduciu a un período sen rei, no que se paralizou o goberno, ata que finalmente decidiuse xurar a Xoana e Carlos como reis de Aragón.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Fernando II de Aragón, o Católico (Fernando V de Castela) coa súa esposa, Isabel I de Castela |
15 de xaneiro de 1475 En Castela 20 de xaneiro de 1479 En Aragón |
26 de novembro de 1504 En Castela 23 de xaneiro de 1516 En Aragón | ||
Isabel I de Castela, a Católica co seu esposo, Fernando II de Aragón |
13 de decembro de 1474 En Castela |
26 de novembro de 1504 | ||
Xoana I de Castela, a Tola co seu esposo, Filipe I de Castela (1506) co seu fillo, Carlos I de España (1516-1555) |
26 de novembro de 1504 En Castela 23 de xaneiro de 1516 En Aragón |
12 de abril de 1555 | ||
Filipe I de Castela, o Fermoso coa súa esposa, Xoana I de Castela (1506) |
12 de xullo de 1506 | 25 de setembro de 1506 |
A Casa de Habsburgo (ou "de Austria") comezou con Carlos I (V do Sacro Imperio Romano Xermánico). Deixou tras de si unha monarquía española que foi tamén, por algún tempo, soberana dos Países Baixos, de boa parte de Italia e de grandes territorios en ultramar; no entanto, o título de Emperador non pasou aos seguintes monarcas de España.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Carlos I, o Emperador coa súa nai Xoana I de Castela (1516-1555) Raíña consorte Sabela de Portugal |
14 de marzo de 1516 | 16 de xaneiro de 1556 | ||
Filipe II, o Prudente Raíña consorte María Tudor Raíña consorte Isabel de Valois Raíña consorte Ana de Austria |
16 de xaneiro de 1556 | 13 de setembro de 1598 | ||
Filipe III, o Piadoso Raíña consorte Margarida de Austria |
13 de setembro de 1598 | 31 de marzo de 1621 | ||
Filipe IV, o Grande ou o Rei Planeta Raíña consorte Sabela de Borbón Raíña consorte Mariana de Austria |
31 de marzo de 1621 | 17 de setembro de 1665 | ||
Carlos II, o Enfeitizado Raíña consorte María Luísa de Orleáns Raíña consorte Mariana de Neoburgo |
17 de setembro de 1665 | 1 de novembro de 1700 | ||
Arquiduque Carlos Rei rival de España como Carlos III (En guerra con Filipe V de Borbón) Raíña consorte Sabela Cristina de Brunswick-Wolfenbüttel |
12 de setembro de 1703 | 2 de xullo de 1715 |
Tras a morte de Carlos II sen descendencia, a titularidade da Coroa de España pasa ao seu sobriño-neto, e neto á súa vez de Lois XIV de Francia, Philippe d'Anjou, sendo o primeiro membro da Casa de Borbón en España. Ao ser nomeado Rei de España, Philippe cambia o seu nome a Felipe, mentres que o apelido francés Bourbon foi castelanizado como Borbón.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Filipe V, o Animoso Raíña consorte María Luísa Gabriela de Savoia Raíña consorte Isabel de Farnesio |
16 de novembro de 1700 | 14 de xaneiro de 1724 | ||
align="center" | align="center"| | Lois I, o Ben Amado ou o Liberal Raíña consorte Luísa Isabel de Orleáns |
14 de xaneiro de 1724 | 31 de agosto de 1724 |
Filipe V, o Animoso Raíña consorte Isabel de Farnesio |
6 de setembro de 1724 | 9 de xullo de 1746 | ||
Fernando VI, o Prudente ou o Xusto Raíña consorte Bárbara de Braganza |
9 de xullo de 1746 | 10 de agosto de 1759 | ||
Carlos III, o Político Raíña consorte María Amalia de Saxonia |
10 de agosto de 1759 | 14 de decembro de 1788 | ||
Carlos IV, o Cazador Raíña consorte María Luísa de Parma |
14 de decembro de 1788 | 19 de marzo de 1808 | ||
Fernando VII, o Desexado ou o Rei Felón |
19 de marzo de 1808 | 6 de maio de 1808 |
O único monarca desta casa foi Xosé I, imposto polo seu irmán Napoleón I de Francia despois de invadir España e facer renunciar a Carlos IV en 1808. Gobernou na España ocupada polos franceses e nos seus dominios sen o recoñecemento das Cortes nin da América española, co título de Rei das Españas e das Indias, pola graza de Deus e pola Constitución do Estado. Habitualmente, e por ser un rei imposto, non se considera que Xosé Bonaparte fose un rei propiamente dito e non adoita levar o numeral correspondente.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Xosé I, Pepe Botella Raíña consorte Julia Clary |
6 de xuño de 1808 | 11 de decembro de 1813 |
Casa de Borbón (primeira restauración)
editarA partir da Constitución de 1837, Isabel II pasa a denominarse Raíña das Españas.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Fernando VII, o Desexado ou o Rei Felón Raíña consorte Isabel de Portugal Raíña consorte María Xosefa de Saxonia Raíña consorte María Cristina de Borbón |
11 de agosto de 1808[1] ---- 11 de decembro de 1813[2] |
29 de setembro de 1833 | ||
Isabel II,[3] a dos Tristes Destinos Rei consorte Francisco de Asís de Borbón |
29 de setembro de 1833 | 30 de setembro de 1868 |
Despois da abdicación de Isabel II, houbo dous anos de interregno, durante o cal o goberno de España buscou no exterior un novo monarca.
O único monarca desta dinastía é Amadeu I, elixido polas Cortes despois da Revolución de 1868 e a abdicación de Isabel II. O novo título foi Rei de España, pola graza de Deus e a vontade nacional.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Amadeu I, o Rei Cabaleiro Raíña consorte María Victoria dal Pozzo |
16 de novembro de 1870 | 11 de febreiro de 1873 |
Casa de Borbón (segunda restauración)
editarÉ a segunda restauración, logo da Primeira República Española. O título dos monarcas é Rei de España pola graza de Deus e a Constitución.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Afonso XII, o Pacificador Raíña consorte María das Mercedes de Orleáns Raíña consorte María Cristina de Habsburgo-Lorena |
29 de decembro de 1874 | 25 de novembro de 1885 | ||
Afonso XIII, o Africano Raíña consorte Vitoria Uxía de Battenberg |
17 de maio de 1886[4] | 14 de abril de 1931 |
Casa de Borbón (terceira restauración)
editarÉ a terceira restauración logo da Segunda República Española e a Ditadura de Francisco Franco. O seu título é simplemente Rei de España.
Imaxe | Escudo | Nome | Monarca desde | Monarca ata |
---|---|---|---|---|
Xoán Carlos I Raíña consorte Sofía de Grecia |
22 de novembro de 1975 | 19 de xuño de 2014 | ||
Filipe VI Raíña consorte Letizia Ortiz |
19 de xuño de 2014 | Actualidade |
Notas
editar- ↑ O 11 de agosto de 1808 o Consello de Castela declarou nulas as abdicacións de Baiona, recoñecendo a Fernando VII rei de novo, e formáronse rexencias no seu nome.
- ↑ O 11 de decembro de 1813 firmouse o Tratado de Valençay, polo que Napoleón recoñecía como Rei de España a Fernando VII
- ↑ O nacemento de Isabel II planteou "o problema sucesorio" co seu tío Carlos María Isidro de Borbón. Véxase Primeira Guerra Carlista.
- ↑ Foi rei de España desde o seu nacemento. Rexencia de María Cristina
Véxase tamén
editarListas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |