Letizia Ortiz

Raíña de España

Letizia Ortiz Rocasolano, nada en Oviedo o 15 de setembro de 1972, é a raíña consorte de España polo seu casamento co entón príncipe Filipe de Borbón. Teñen dúas fillas, a Princesa Leonor e a infanta Sofía, primeira e segunda na liña sucesoria, respectivamente.

Modelo:BiografíaA Súa Maxestade Editar o valor en Wikidata
Letizia Ortiz

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Letizia Ortiz Rocasolano Editar o valor en Wikidata
15 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Oviedo, España Editar o valor en Wikidata
Consorte de España
19 de xuño de 2014 –
← Sofía de Grecia Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOviedo
Madrid
Rivas-Vaciamadrid
Palacio da Zarzuela Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Ciencias da Información - xornalismo (1990–1995)
Instituto Ramiro de Maeztu (1987–1990) Editar o valor en Wikidata
Altura1,68 m Editar o valor en Wikidata
Peso58 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosVerde Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, aristócrata, presentadora de televisión, correspondente de guerra Editar o valor en Wikidata
EmpregadorRTVE (2000–2003)
Grupo PRISA (1999–2000)
Axencia EFE (1997–1999)
Vocento
Prensa Ibérica
Siglo 21 (Mexican newspaper) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloRaíña consorte de España (2014–)
Princesa consorte de Asturias (2004–2014) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou e Familia real española Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipe de Borbón e Grecia (2004–)
Alonso Guerrero Pérez (1998–1999), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaAlonso Guerrero Pérez (1989–1998)
Kitín Muñoz Editar o valor en Wikidata
FillosLeonor de Borbón
 () Filipe de Borbón e Grecia
Sofía de Borbón
 () Filipe de Borbón e Grecia Editar o valor en Wikidata
PaisJesús José Ortiz Álvarez Editar o valor en Wikidata  e Paloma Rocasolano Rodríguez Editar o valor en Wikidata
IrmánsTelma Ortiz Rocasolano
Érika Ortiz Rocasolano Editar o valor en Wikidata
ParentesMenchu Álvarez del Valle, avoa paterna
Víctor Elías Villagrasa, curmán segundo
José Luis Ortiz Velasco, avó paterno
Francisco Rocasolano Camacho, avó materno
Enriqueta Rodríguez Figueredo, avoa materna
Carla Vigo, filla da irmá
Felipe de Marichalar e Borbón, sobriño político
Victoria de Marichalar e Borbón, sobriña política
Juan Urdangarin e de Borbón, sobriño político
Pablo Urdangarin e de Borbón, sobriño político
Miguel Urdangarin e de Borbón, sobriño político
Irene Urdangarin e de Borbón, sobriña política
Xoán Carlos I de España, sogro
Sofía de Grecia, sogra
Elena de Borbón e Grecia, cuñada
Cristina de Borbón e Grecia, cuñada
Amanda, filla da irmá
Erin, filla da irmá Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1474562 BNE: XX1639845 Editar o valor en Wikidata

Antes do seu matrimonio co Príncipe, traballou como xornalista para varios xornais e cadeas de televisión.

Traxectoria

editar

Letizia é a filla máis vella do xornalista Jesús Ortiz Álvarez e da enfermeira e sindicalista Paloma Rocasolano Rodríguez. A parella, divorciada en 1999 tivo dúas fillas máis: Telma, unha economista que traballa para Médicos Sen Fronteiras, e Érika, unha interiorista e deseñadora gráfica da produtora Globomedia, que faleceu o 7 de febreiro de 2007 con 31 anos de idade. A avoa paterna de Letizia, Menchu Álvarez del Valle, foi locutora de radio en Asturias durante máis de 40 anos.

Estudos e formación como xornalista

editar

Recibiu a educación xeral básica no colexio público La Gesta de Oviedo, e continuou os seus estudos no instituto Alfonso II, á vez que recibía clases de ballet tres días por semana. Debido ó traballo do seu pai, toda a familia tivo que trasladarse a vivir á localidade de Rivas-Vaciamadrid (Madrid), co que Letizia, que contaba 15 anos, proseguiu a súa formación no Instituto Ramiro de Maeztu. Foi durante esta etapa cando comezou unha longa relación de parella co profesor de Literatura, Alonso Guerrero Pérez.

Tras terminar o bacharelato, matriculouse na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, onde se licenciou en Ciencias da Información, rama de Xornalismo. Aínda na facultade, empezou a colaborar co xornal ABC e coa Axencia EFE, integrándose na súa área de política internacional durante o último ano de carreira. Máis tarde, entre 1992 e 1993, realizou prácticas como bolseira no xornal La Nueva España de Oviedo, adicándose ás áreas de economía, televisión e espectáculos. A continuación obtivo un máster en información audiovisual e viaxou a Guadalaxara (México) para comezar os seus estudos de doutoramento (que non terminou) e traballar no xornal Siglo 21.

Voda civil e separación

editar

En agosto de 1999, Letizia Ortiz e Alonso Guerrero (que fora profesor no seu instituto) formalizaron o matrimonio civil en Almendralexo (provincia de Badaxoz) tras unha relación de case dez anos. Porén, ó cabo dun ano a parella decidiu divorciarse.

Xornalismo en televisión

editar

Letizia comezou a traballar en televisión en CNN+, unha canle privada de noticias do Grupo PRISA. Xunto a Marta Fernández estivo durante dous anos retransmitindo as novas na quenda matinal, que empezaba a súa emisión ás cinco da mañá. Tamén traballou na cadea estadounidense Bloomberg TV, outra canle privada, aínda que especializada en economía, finanzas e mercados, con sede en España baixo a supervisión da Axencia EFE Televisión.

 
Letizia Ortiz e Felipe de Borbón.

Incorporouse en 2001 a Televisión Española, onde se fixo cargo da presentación de Informe semanal en verán, e posteriormente traballou co equipo de edición do Telediario Segunda Edición, que acadaba audiencias de catro millóns de persoas a partir de 2003. Tamén presentou o Telediario Matinal e os especiais sobre o euro que se ofreceron nos Telediarios de TVE, e foi enviada especial a diferentes puntos de todo o mundo para cubrir acontecementos de actualidade, como os atentados do 11 de setembro, o afundimento do Prestige ou a Invasión de Iraq de 2003. De feito, cubriu a información deste último evento mantendo xa unha relación en segredo co Príncipe de Asturias. Meses antes do anuncio de compromiso co Príncipe de Asturias, comeza a copresentar o Telediario con máis audiencia de TVE, a segunda edición.

Compromiso matrimonial co Príncipe de Asturias

editar

Letizia Ortiz coñeceu o Príncipe de Asturias nunha cea que Pedro Erquicia, director de Documentos TV, organizou na súa casa a mediados de 2002. A partir de entón comezaron unha relación, coñecida por moi poucos, que se consolidou na primeira metade de 2003. Nese momento, a Casa Real estableceu un plan estratéxico para que a relación non chegara ós medios de comunicación ata que fose oportuno. E non o foi ata o 1 de novembro de 2003, cando se anunciou por sorpresa o compromiso matrimonial da xornalista con Felipe de Borbón.

A petición de man produciuse o 6 de novembro e a voda celebrouse un chuvioso 22 de maio de 2004 na Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid. Nese momento, Letizia Ortiz converteuse, de acordo co Real Decreto sobre Títulos e Denominacións da Coroa, en Princesa de Asturias e futura Raíña de España.

Descendencia

editar
 

O Rei
A Raíña consorte

O rei Xoán Carlos
A raíña Sofía

O 8 de maio de 2005 a Casa Real anunciou que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento do seu primeiro descendente. Un día despois os príncipes de Asturias iniciaron unha visita oficial ás Illas Baleares, lugar oficial de descanso estival da Casa Real Española. Máis de 400 xornalistas retrataron o primeiro regalo para o futuro primoxénito da parella real, un conxunto de roupa para bebé e uns peúgos, obsequio do Concello de Palma. O 31 de outubro de 2005, á 1:45 horas da mañá, Letizia deu a luz mediante cesárea a unha nena, Leonor, primoxénita do herdeiro do trono e segunda na liña sucesoria da Coroa española. O seu bautismo tivo lugar o 14 de xaneiro de 2006, sendo os seus padriños os reis de España. O bautismo realizouse no Palacio da Zarzuela, igual que o dos outros seis netos dos Reis.

O 25 de setembro de 2006 a Casa Real anunciaba que os príncipes de Asturias esperaban o nacemento dun segundo fillo para maio de 2007. O 27 de novembro de 2006 a Casa Real, nunha nota informativa a EFE, anunciou que o próximo fillo dos príncipes de Asturias, sería unha nena. É a primeira vez que a familia real española anuncia o sexo dun dos seus integrantes antes do seu nacemento. Finalmente Letizia Ortiz deu a luz, tamén mediante cesárea, á súa segunda filla, Sofía de Borbón, ás 16:50 da tarde do 29 de abril de 2007.

Títulos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Sofía de Grecia
 
Raíña consorte de España

2014 -
Sucesor:
'No cargo'