Literatura
A literatura[1] é a arte de escribir. Segundo aparece no Dicionario de Autoridades de 1734,[2] a literatura é "o coñecemento e ciencias das letras". En xeral, pódese entender como literatura calquera tipo de texto. Mesmo hai quen defende que se pode incluír calquera tipo de traballo baseado en símbolos, como a banda deseñada, as imaxes ou a escultura. Porén, considérase polo xeral que a literatura só son os textos escritos dunha certa calidade e de certos xéneros, excluíndo a banda deseñada, a novela romántica ou a de "policías", por exemplo. Os temas son moi variados.

Considérase un xénero literario cada unha das manifestacións formais das obras literarias segundo unha clasificación que ten en conta a estrutura e o contido. Dende Platón e Aristóteles até case o século XIX, foron estabelecidos como básicos tres xéneros, que partían da imitación e da descrición da natureza. Da primeira xorde o xénero dramático (traxedia, drama, comedia), da segunda o lírico (poesía) e da súa fusión, a épica.[3]
Etimoloxía Editar
Etimoloxicamente, a verba deriva da palabra latina litteratura, sendo o sentido orixinal da mesma Arte de escribir e de ler, coñecemento de todo o que foi escrito, e é esta a tradución da expresión grega γραμματικ`η τeχνη.[4] Porén, o concepto de literatura é máis amplo, xa que se pode considerar a literatura como o conxunto de obras literarias dun pobo (literatura galega), dunha época (literatura romántica) ou dun xénero (literatura épica).[5]
Etimoloxicamente, tamén deriva da palabra latina littera, que quere dicir 'letras'.
Xéneros literarios Editar
- Artigo principal: Xénero literario.
Os xéneros literarios foron mudando segundo a época e a zona cultural. Tradicionalmente foron estabelecidos como básicos tres xéneros, que partían da imitación e da descrición da natureza. Da primeira xorde o xénero dramático (traxedia, drama, comedia), da segunda o lírico (poesía) e da fusión de ámbalas dúas, a épica. Benedetto Croce (1886-1952) representou o cambio de perspectiva: cada obra é unha visión do mundo, singular e individual; pertence a un xénero por aspectos externos. Hoxe admítese, en xeral, a división clásica, mais como expresión de tres actitudes fundamentais humanas e como unha axuda, co engadido de subdivisións, para a clasificación das obras.[3]
Segundo os medios expresivos e procedementos, Castagnino propón que a literatura ten como formas de expresión o verso e a prosa e as súas realizacións maniféstanse en xéneros literarios, universais, que se atopan máis ou menos desenvolvidos en calquera cultura: o lírico, o épico e o dramático. As manifestacións líricas son aquelas que expresan sentimentos persoais; as épicas constitúense en expresión dun sentimento colectivo manifestado mediante diferentes maneiras narrativas; e as dramáticas, as que amosan os sentimentos e os problemas individuais comunicando cun diálogo directo. A estes xéneros literarios clásicos habería que engadir, ademais, o xénero didáctico. O fenómeno literario estivo sempre en constante evolución e transformación, de tal maneira que o criterio de pertenza ou non dunha obra na literatura pode variar ó longo da historia, ó variar o concepto de "arte literaria".[6]
Polo tanto, a maioría de clasificacións tradicionais tamén atenden á forma da escrita (a literatura oral asimílase no xénero correspondente). O primeiro gran xénero é a poesía, que engloba todas as obras escritas en verso. Foi o primeiro tipo de literatura, xa que xustamente os recursos retóricos do verso a afastaban da linguaxe ordinaria. Por oposición, está a prosa, que recolle a linguaxe sen métrica, e o teatro, baixo a forma de diálogo que se representa para un público. O teatro ten dous subxéneros principais segundo o tema e o estilo da obra: a traxedia e a comedia (se é triste e elevado, ou se trata de facer rir).
En paralelo, mantense a chamada literatura oral, de tradición popular, composta de lendas, relatos, mitos, cancións e contos de fadas. A literatura infantil e a literatura xuvenil son divisións en función da idade dos destinatarios, mais manteñen todos os xéneros da literatura para adultos.
Atendendo ó tipo de texto, o xénero principal é a narrativa, que inclúe todas as obras que teñen como propósito principal explicar unha historia. Dentro deste xénero salientan a novela, o conto, a fábula e a epopea, entre outros. Os textos da lírica, pola contra, intentan transmitir emocións.
Se o texto non trata un tema de ficción senón unha reflexión sobre o mundo real, chámase ensaio. O sermón é unha variedade dirixida oralmente a un público. Dentro deste grupo, tamén se atopan os escritos dirixidos a consignar a vida dunha persoa ou feitos históricos, como a crónica, a biografía ou o diario persoal.
A banda deseñada é un xénero que mestura texto e ilustracións e pode tratar calquera tema. A trama acostuma a estar desglosada en viñetas, que fan a función de parágrafos. É un dos xéneros máis modernos na historia da literatura.
Notas Editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para literatura.
- ↑ Diccionario de autoridades, Real Academia Española, volums I-VI, 1a edición, publicada en 1726-1739. Edición facsímile, Editorial Gredos, 1963, tres volumes.
- ↑ 3,0 3,1 Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "gènere literari". l'Enciclopèdia. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 16 de agosto de 2010.
- ↑ Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "literatura". l'Enciclopèdia. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2010. Consultado o 15 de agosto de 2010.
- ↑ Enciclopèdia Catalana, SAU (ed.). "literatura". l'Enciclopèdia. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 15 de agosto de 2010.
- ↑ Castagnino, Raúl H. ¿Qué es la literatura?. La abstracción: Literatura, naturaleza y funciones de lo literario. Buenos Aires: Editorial Nova, 1992.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Literatura |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Literatura |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Literatura |
O Galilibros ten un manual sobre: Literatura |
Bibliografía Editar
- A.R. Biswas (2005). Critique of Poetics (vol. 2). Atlantic Publishers & Dist. ISBN 978-81-269-0377-1.
- Jeremy Black; Graham Cunningham; Eleanor Robson, eds. (2006). The literature of ancient Sumer. Oxford: OUP. ISBN 978-0-19-929633-0.
- Cain, William E.; Finke, Laurie A.; Johnson, Barbara E.; McGowan, John; Williams, Jeffrey J. (2001). Vincent B. Leitch, ed. The Norton Anthology of Theory and Criticism. Norton. ISBN 978-0-393-97429-4.
- Eagleton, Terry (2008). Literary theory: an introduction: anniversary edition (Anniversary, 2nd ed.). Oxford: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-7921-8.
- Flood, Gavin (1996). An Introduction to Hinduism. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-43878-0.
- Hogan, P. Colm (2011). What Literature Teaches Us about Emotion. New York: Cambridge University Press.
- Foster, John Lawrence (2001). Ancient Egyptian Literature: An Anthology. Austin: University of Texas Press. pp. xx. ISBN 978-0-292-72527-0.
- Giraldi, William (2008). "The Novella's Long Life" (PDF). The Southern Review: 793–801. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2014.
- Goody, Jack (2006). "From Oral to Written: An Anthropological Breakthrough in Storytelling". En Franco Moretti. The Novel, Volume 1: History, Geography, and Culture. Princeton: Princeton UP. p. 18. ISBN 978-0-691-04947-2.
- Paris, B. J. (1986). Third Force Psychology and the Study of Literature. Cranbury: Associated University Press.
- Preminger, Alex; et al. (1993). The New Princeton Encyclopedia of Poetry and Poetics. US: Princeton University Press. ISBN 978-0-691-02123-2.
- Ross, Trevor (1996). "The Emergence of "Literature": Making and Reading the English Canon in the Eighteenth Century."" (PDF). ELH 63 (2): 397–422. doi:10.1353/elh.1996.0019. Consultado o 9 de febreiro de 2014.