Literatura infantil

Enténdese por literatura infantil aquela escrita pensando no público infantil como destinatario, máis o conxunto de textos literarios que a sociedade considerou aptos para os máis pequenos, pero que en orixe escribíronse pensando en lectores adultos (por exemplo As viaxes de Gulliver ou Platero e eu).

Literatura infantil
Tiposubconxunto de literatura, disciplina académica, xénero literario e campo de traballo
Na rede
BNE: XX532033
editar datos en Wikidata ]

Noutro sentido do termo, menos habitual, abrangue así mesmo as pezas literarias escritas polos propios nenos. Por outra banda, ás veces considérase que o concepto inclúe a literatura xuvenil, escrita por ou para os adolescentes; pero o máis correcto é denominar ó conxunto literatura infantil e xuvenil.)

Aparición da literatura infantil na historia literaria

editar

A crítica literaria moderna considera esencial o carácter de "literatura", polo que hoxe exclúese, da produción presente, os textos basicamente morais ou educativos. Esta é unha concepción moi recente e case inédita na Historia da Literatura.

A literatura para nenos foi medrando a medida que se asentaba a concepción da infancia coma unha etapa do desenvolvemento humano propia e específica; isto é, segundo se estendía a idea de que os nenos non son nin adultos en pequeno nin adultos con minusvalía. Na Idade Media non existía unha noción da infancia coma período diferenciado e necesitado de obras específicas, polo que non existe tampouco propiamente unha literatura infantil. Iso non significa que os menores non tiveran experiencia literaria, senón que esta non se definía en teros diferenciados da experiencia adulta.

A literatura infantil galega

editar

Premios

editar

O Premio Merlín convocado pola editorial Xerais e o Premio O Barco de Vapor de SM son os principais galardóns que se entregan en Galicia no eido da literatura dirixida ós nenos e mozos.

Escritores

editar

Algunhas das figuras que cabe salientar no referido á produción literaria infantil e xuvenil en lingua galega nos últimos anos son os seguintes:

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

----

 
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.