Neno, desde o punto de vista do seu desenvolvemento psicobiolóxico, é a denominación atribuída a toda criatura humana que non acadou a puberdade. Como sinónimo de infantil ou pueril, o termo aplícase a quen non é considerado adulto.

Grupo de nenos palestinos en Yenín.

En función da súa evolución psicoafectiva, psicomotriz e cognitiva, ós acabados de nacer e durante a primeira etapa da súa vida, denomínaselles comunmente bebés para distinguilos dos que acadaron unha certa autonomía.

En termos xerais, ou xurídicos, neno é toda persoa menor de idade; neno ou nena[1].

Desenvolvemento da infancia

editar
 
Recentemente nado.

O desenvolvemento da nenez é o estudo dos procesos e os mecanismos que acompañan o crecemento físico e mental dun infante mentres acada a súa madurez.

A pediatría é a rama da medicina referente ó coidado de nenos da infancia ata a adolescencia, e ás veces mesmo de adultos mozos (idades 0-21 anos).

Estas escalas de idades son aproximadas, e poden cambiar entre culturas. A lista seguinte reflicte o concepto do desenvolvemento do neno no século XXI.

  • Cigoto: dende a concepción até o asentamento no útero.
  • Embrión: durante a embrioxénese, até a oitava semana aproximadamente
  • Feto: última fase, de preparación do nacemento.
  • Neonato (acabado de nacer): durante o primeiro mes fóra da matriz.
  • Lactante (naipelo): mentres mama.
  • Infante (meniño ou bebé): 0 - 1,5 anos aproximadamente
  • Neno (rapaz, pícaro, cativo): 1,5 - 4 anos aproximadamente
  • Nenez media: 5 - 10 anos aproximadamente, idade da escola primaria
  • Prepuberdade: 10 - 11 aproximadamente
  • Preadolescencia: idades 12 - 13 aproximadamente.
  • Adolescencia e puberdade (mozo): 14 - 19 aproximadamente.

Desenvolvemento cognoscitivo

editar
 
Nenos na escola
  1. Libro de Estudos Sociais 8º grao editorial Santillana, páx. 65, San Salvador, El Salvador

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar