Escola primaria

centro de ensino para o alumnado da etapa de educación primaria

Unha escola primaria é unha escola na que os nenos reciben educación primaria desde aproximadamente a idade de cinco a doce anos, o paso seguinte despois do preescolar e antes da escola secundaria (nalgúns países hai un paso intermedio de escola media entre a educación primaria e a secundaria). Na maioría do mundo, a educación primaria é o primeiro paso no ensino, e está normalmente dispoñible sen pagar, pero tamén se ofrecen escolas privadas independentes nas que cómpre pagar.

Unha escola primaria en Český Těšín, República Checa
Unha escola primaria pequena en Norfolk, Inglaterra
Unha Shōgakkō ou unha clase de escola primaria no Xapón.

O termo escola primaria deriva do francés école primaire, que foi usado por vez primeira en 1802.[1]

  • Escola primaria é o termo preferido no Reino Unido e outras moitas nacións, e na maioría das publicacións da UNESCO.[2]
  • Escola elemental é o termo preferido nalgúns países, especialmente nos Estados Unidos e o Canadá.

Notas editar

  1. "Online Etymology Dictionary". 
  2. Primary school. Na Encyclopædia Britannica. Consultado o 12 de xuño de 2007, desde Encyclopædia Britannica Online: http://search.eb.com/eb/article-9061377

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.