Día do Neno
xornada dedicada aos nenos
O Día Internacional dos dereitos da Infancia[1], tamén coñecido como Día do neno ou Día da infancia, é unha xornada dedicada aos nenos, que ten por finalifade a visibilización e promoción dos seus dereitos así como concienciar as persoas respecto destes.
Orixe
editarA idea de festexar o “Día do neno” xurdiu o 20 de novembro de 1959, cando a Asemblea Xeral da ONU tivo unha reunión na que decidiu reafirmar os dereitos dos nenos universalmente.
Desde aquela, cada país conta cun día para celebrar e organizar actividades para axudar a desenvolver o benestar dos cativos en todo o planeta.
En moitos países varía a data da celebración, pero é o 20 de novembro cando se celebra mundialmente.