Premio Merlín

premio de literatura infantil que concede Edicións Xerais

O Premio Merlín é un premio que concede Edicións Xerais de Galicia desde 1986, entregándose de maneira conxunta co Premio Xerais de novela. Ata o ano 2005 denominábase Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, pero desde 2006 quedou reservado para a literatura infantil coñecéndose como Premio Merlín de literatura infantil,[1] mentres que para a literatura xuvenil quedou instaurado o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, que posteriormente tamén mudou de denominación.

Os galardoados da edición dos premios Xerais de 2017 (Santiago Lopo, María Canosa e Manuel Lourenzo González) xunto a membros do xurado e o equipo editorial de Edicións Xerais de Galicia.
Foto conmemorativa da XXVª edición do Premio Merlín. Illa de San Simón, 12 de xuño de 2010. Algúns dos autores e autoras que obtiveron o Premio Merlín. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano (Mil cousas poden pasar, 2009), Helena Pérez (secretaria do xurado), Gloria Sánchez (Fafarraios, 1990), An Alfaya (¡Sireno, Sireno!, 1997), Marilar Aleixandre (A expedición do Pacífico, 1994), Antonio García Teijeiro (Na fogueira dos versos, 1996), Mar Guerra (Xenaro e o misterio da mochila verde, 2008), Fina Casalderrey (Dúas báboas por Máquina, 1991), Ramón Caride (Perigo vexetal, 1995). Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López Gómez (Minimaladas, 2007), Palmira González Boullosa (A princesa Lúa e o enigma de Kián, 1987), Agustín Fernández Paz (As flores radioactivas, 1989) e Teresa González Costa (A filla do ladrón de bicicletas, 2010)

Galardoados no Merlín de literatura infantil e xuvenil editar

Galardoados no Merlín de literatura infantil editar

Notas editar

  1. Bases do premio Arquivado 29 de abril de 2018 en Wayback Machine. na páxina web da editorial para a edición de 2018.
  2. "María Marco Covelo, Antonio M. Fraga e Andrea Maceiras, premios Xerais 2020". Praza Pública. 2020-12-18. Consultado o 2020-12-18. 
  3. David Lombao (11 de decembro de 2021). "Berta Dávila gaña o Premio Xerais de Novela e mais o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil". Praza Pública. 
  4. Diario, Nós (2022-07-15). "María Solar, Rocío Leira e Anxo Iglesias, elixidos premios Xerais". Nós Diario. Consultado o 2022-07-15. 
  5. Melchor, Edgar (2023-06-17). "Pedro Feijoo conquista o Premio Xerais de Novela 2023". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-06-17. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar