Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016,[2] foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, preferentemente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega.
O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.
Traxectoria
editarMocidade
editarNaceu no barrio vilalbés das Fontiñas, lugar onde transcorreu a súa nenez e onde o seu pai traballaba como músico e carpinteiro. Con 14 anos, marchou a estudar á Universidade Laboral de Xixón, onde estivo interno durante sete anos, e onde se fixo Perito Industrial. Ós 22 anos foise a Barcelona, coa intención de traballar e estudar Pedagoxía. Traballou durante un tempo nunha empresa, adiando o seu obxectivo de estudar.
Mestre
editarTres anos despois volveu a Galicia. Instalouse na Coruña e matriculouse en Maxisterio. En 1974 comezou a traballar como mestre, iniciando así a etapa máis intensa da súa vida. Naqueles anos xuntouse con outros docentes nos chamados «movementos de renovación pedagóxica», que tiñan como obxectivo cambiar o mundo dende as aulas.[3] Estudou Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Nesa mesma época, casou con Inmaculada Reino e naceu a súa filla, Mariña.
Como mestre e pedagogo, foi autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introdución dos medios de comunicación nas aulas. Ademais, entre 1988 e 1990 traballou para a Consellería de Educación como asesor para a reforma educativa e preparando deseños curriculares tanto de primaria como de secundaria, na área de lingua. De 1990 a 1995 traballou como Coordinador Docente de Galego. Dese traballo quedaron tamén numerosos libros de texto, como o pioneiro O noso galego, dos primeiros anos oitenta.
Tamén foi membro do grupo de traballo sobre lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Escritor
editarDespois da aprobación da Constitución no ano 1978, comezou a introducirse oficialmente a lingua galega no ensino. Fernández Paz decatouse que a literatura infantil e xuvenil en galego era escasa, polo que decidiu escribir as súas propias historias. Con 40 anos, publica a súa primeira novela. Os dous libros seguintes obtiveron senllos premios de importancia, e por iso, animouse a continuar.
Pertenceu á coñecida como “Xeración Lamote” xunto con Xavier Senín, Paco Martín, Xosé Lastra, Fina Casalderrey e Xabier P. DoCampo.
Últimos anos
editarPrexubilouse por enfermidade en 2007 no IES Os Rosais 2, de Vigo. No ano 2010 rexeitou o Premio da Cultura Galega das Letras[4][5] como acto de protesta pola política lingüística da Xunta e o seu presidente.[6] No ano 2013, foille concedido o Honoris Causa pola Universidade de Vigo.[7]
O 12 de xullo de 2016 morreu por volta das sete da mañá no seu domicilio en Vigo,[8] logo de padecer dunha longa enfermidade. O 13 de xullo, celebrouse un multitudinario acto cívico no cemiterio de Pereiró de Vigo,[9] co féretro arroupado coa bandeira galega, e no que estiveron presentes familiares, amigos e personalidades da cultura, da educación e da política. O corpo foi incinerado e os seus restos foron trasladados a Vilalba, a súa vila natal, onde tamén se atopa soterrada a súa familia.[10]
Obra
editarAgustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores e pola cantidade das súas obras que foron traducidas a outras linguas. Trátase do autor en galego máis traducido con 115 traducións a 16 linguas diferentes, en especial ao castelán, con arredor de 50, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao éuscaro, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.[11][12]
Tamén destaca pola cantidade de premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009.
A súa novela Cartas de inverno acadou en 2016 a cifra de máis de 100 000 exemplares vendidos, fito que só acadou na ficción galega outra novela, Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.[12]
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.
Literatura infantil-xuvenil
editar- O libro de Merlín, 1987, Xerais.
- A cidade dos desexos, 1989, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[13] En Xerais, 2022, ISBN 978-84-1110-260-5.
- As flores radioactivas, 1990, Xerais (novela xuvenil), 16ª edición. Traducida ao catalán,[14] ao éuscaro,[15] ao castelán[16] e ao asturiano.[17]
- Contos por palabras, 1991, Xerais (narrativa xuvenil), 16ª edición. Traducida ao castelán,[18] ao catalán,[19] ao éuscaro,[20] ao asturiano[21] e ao francés.[22]
- O tesouro do dragón Smaug, 1992, Galaxia (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán,[23] ao catalán,[24] ao éuscaro[25] e ao aranés.[26]
- Rapazas, 1993, Xerais (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[27][28] ao catalán,[29] ao éuscaro[30] e ao portugués.[31]
- As tundas do corredor, 1993, Edelvives (narrativa infantil). Traducida ao castelán.[32]
- Unha lúa na fiestra, 1994, Galaxia (narrativa xuvenil).
- Trece anos de Branca, 1994, Xerais (novela xuvenil). Traducida ao castelán,[33] ao catalán[34] a ao éuscaro.[35]
- Cartas de inverno, 1995, Xerais (novela xuvenil), 35ª edición.[12] Traducida ao catalán,[36] ao éuscaro,[37] ao castelán,[38] ao portugués,[39] ao bretón[40] e ao inglés.[41]
- Amor dos quince anos, Marilyn, 1995, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán[42] e ao catalán.[43]
- Avenida do Parque, 17, 1996, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao catalán,[44] ao castelán[45] e ao árabe.[46]
- Lonxe do mar, 1996, Edelvives (narrativa xuvenil).
- O centro do labirinto, 1997, Xerais (novela xuvenil), 12ª edición. Traducida ao catalán,[47] ao castelán[48] e ao portugués.[49]
- A néboa escura, 1998, Xunta de Galicia (narrativa infantil).
- O laboratorio do doutor Nogueira, 1998, Xerais (novela xuvenil), 5ª edición. Traducida ao castelán,[50] ao éuscaro,[51] ao catalán[52] e ao portugués.[53]
- As fadas verdes, 1999, Edicións S. M. (novela xuvenil). Traducida ao castelán[54] e ao catalán.[55]
- Cos pés no aire, 1999, Xerais (narrativa xuvenil) 4ª edición. Traducida ao castelán,[56] ao catalán[57] e ao éuscaro.[58]
- A nube de cores, 1999, Sotelo Blanco (narrativa xuvenil).
- Aire negro, 2000, Xerais (novela xuvenil) 13ª edición. Traducida ao catalán,[59] ao castelán,[60] ao éuscaro,[61] ao inglés[62] e ao búlgaro.[63]
- O soño do merlo branco, 2000, Everest Galicia (novela xuvenil). Traducida ao castelán.[64]
- No corazón do bosque, 2001, Xerais (novela xuvenil), 9ª edición. Traducida ao castelán,[65] ao catalán[66] e ao éuscaro.[67]
- Un tren cargado de misterios, 2001, Xerais (narrativa xuvenil). Traducida ao castelán[68] e ao chinés.[69]
- Ana e o tren máxico, 2001, Xerais (novela xuvenil).
- Noite de voraces sombras, 2002, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[70] ao catalán[71] e ao éuscaro.[72]
- O meu nome é Skywalker, 2003, Edicións S. M. Traducida ao castelán,[73] ao catalán,[74] ao esloveno[75] e ao coreano.[76]
- A serea da Illa Negra, 2003, Edicións Tambre.
- A praia da esperanza, 2003, Xerais.
- Tres pasos polo misterio, 2004, Xerais, 5ª edición. Traducida ao catalán[77] e ao castelán.[78]
- Raquel ten medo, 2004, Xerais (narrativa infantil). Traducida ao castelán,[79] ao catalán[80] e ao éuscaro.[81]
- Laura e os ratos, 2004, Xerais. Traducida ao castelán,[82] ao catalán[83] e ao éuscaro.[84] Hai tamén unha edición bilingüe inglés-castelán.[85]
- Á abordaxe, 2005, Rodeira-Edebé.
- A escola dos piratas, 2005, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán,[86] ao catalán,[87] ao éuscaro,[88] ao coreano[89] e ao chinés.[90]
- A noite dos animais, 2005, Galaxia. Traducida ao castelán[91] e ao catalán.[92]
- A fuxida do mar, 2005, Xerais. Traducida ao castelán,[93] ao catalán[94] e ao éuscaro.[95]
- Fantasmas no corredor, 2005, Xerais. Traducida ao castelán[96] e ao catalán.[97]
- ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005, Xerais.
- Corredores de sombra, 2006, Xerais (narrativa xuvenil), 10ª edición. Traducida ao castelán,[98] ao catalán[99] e ao inglés.[100]
- Os gardiáns do bosque, 2006, Baía Edicións. Traducida ao castelán,[101] ao catalán[102] e ao éuscaro.[103]
- Querido inimigo, 2006, Rodeira-Edebé. Traducida ao castelán.[104]
- O raio veloz, 2006. Traducida ao castelán.[105]
- O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil), 6ª edición. Traducida ao castelán,[106] ao catalán,[107] ao portugués,[108] ao éuscaro,[109] ao coreano[110] e ao inglés.[111]
- A pastelaría de dona Remedios, 2008, Rodeira. Traducida ao castelán.[112]
- ¡Upa!, 2008, Xerais. Traducida ao castelán,[113] ao catalán,[114] ao éuscaro[115] e ao chinés.[116]
- A dama da luz, 2009, Xerais.
- Lúa do Senegal, 2009, Xerais (narrativa infantil-xuvenil), 3ª edición. Traducida ao castelán[117] e ao catalán.[118]
- Valados, 2009, Xerais. Traducida ao castelán,[119] ao catalán[120] e ao italiano.[121]
- Corazón de pedra, 2011, Oxford. Traducida ao castelán.[122]
- Fantasmas de luz, 2011, Xerais. Traducida ao castelán[123] e ao catalán.[124]
- As fronteiras do medo, 2012, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán[125] e ao catalán.[126]
- Malos tempos para os fantasmas, 2012, Xerais. Traducida ao castelán[127] e ao catalán.[128]
- Zeralda e o dragón, 2012, Galaxia.
- Desde unha estrela distante, 2013, Xerais. Traducida ao catalán[129] e ao castelán.[130]
- Amizades secretas, 2015, Edebé-Rodeira.
- A neve interminable, 2015, Xerais. Traducida ao castelán,[131] ao catalán[132] e ao éuscaro.[133]
- O segredo da Illa Negra, 2015, Xerais. Traducida ao castelán.[134]
- O soño do Merlo Branco, 2016, Xerais.
- A casa do medo, 2016, Edebé-Rodeira. Traducida ao castelán.[135]
Narrativa
editar- Non hai noite tan longa, 2011, Xerais. Traducida ao catalán.[136]
- O rastro que deixamos, 2012, Xerais.
- A viaxe de Gagarin, 2014, Xerais. Traducida ao castelán.[137]
Ensaio
editar- 28 libros da literatura infantil e xuvenil galega, 1989, Xunta de Galicia.
- Os libros infantís galegos, 1989, Xunta de Galicia.
- Para lermos cómics, 1989, Xunta de Galicia. Traducida ao asturiano.[138]
- Ler en galego (I): Estratexias e libros para a animación á lectura dende as aulas, 1990, Ir Indo.
- Facermos cómics, 1991, Xerais.
- Os cómics nas aulas, 1992, Xerais.
- A literatura infantil e xuvenil en galego, 1999, Xerais.
Obras colectivas
editar- Relatos para un tempo novo, 1993, Xunta de Galicia.
- Construír a paz, 1996, Xerais.
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
- E dixo o Corvo..., 1997, Hospital Xeral de Galicia.
- Imos xuntos camiñar, 1999.
- Historias para calquera lugar, 2001, Xerais.
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Ninguén está só, 2001, Tris Tram.
- Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Un futuro para a lingua, 2002, Xunta de Galicia.
- Longa lingua: os contos da Mesa, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior.
- Contos do museo, 2003, Deputación de Lugo.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- O enigma do menhir, en Crispín do Mao, ¡Adeus, pés!, O enigma do menhir e Catro pallasos, 2004, Xunta de Galicia.
- Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
- O son das buguinas, 2007, Xerais.
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, 2008, Xerais.
- 55 mentiras sobre a lingua galega, 2009, Laiovento.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
- Quéroche contar un conto, 2010, Xerais.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
- VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior, 2012, Deputación da Coruña.
- Xabarín 18, 2013, EEI Monte da Guía/Concello de Vigo/Galaxia.
- Os dereitos da infancia, 2014, Xerais.
Galardóns
editar- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1976, por Xocas, astronauta.
- 3º Premio do Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho no 1980, por O rescate das palabras.
- Premio Merlín de Literatura Infantil no 1989, por As flores radioactivas.
- Premio Lazarillo no 1990, por Contos por palabras.
- Lista de Honra do IBBY no 1992 por Contos por palabras.
- O Premio Ourense de Banda Deseñada de 1992, polos seus estudos sobre banda deseñada.
- Premio Edebé de literatura xuvenil no 1994, por Trece anos de Branca.
- Premio Rañolas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano no 1995, por Cartas de inverno.
- Premio Raíña Lupa no 1998, por Cos pés no aire.
- Premio The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek) no 2001, por Aire negro.
- Premio Protagonista Jove no 2001, por Aire negro.
- Lista de Honra do IBBY no 2002, por Aire negro.
- Premio Irmandade do Libro no 2003.
- Premio Lecturas GALIX no 2003, por Contos por palabras e Un tren cargado de misterios.
- Premio O Barco de Vapor no 2003, por O meu nome é Skywalker.
- Premio Edebé de Literatura Intantil no 2005, por A escola dos piratas.
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento (de 11 a 13 anos) no 2006, por Corredores de sombra.
- Premio Lecturas GALIX ao mellor libro ata 7 anos e como o mellor libro ilustrado no 2006 , por Raquel ten medo.
- O único que queda é o amor, 2007, Xerais, (narrativa xuvenil) 4ª Edición -
- Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007, por O único que queda é o amor.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega de literatura infanto-xuvenil en 2008, por O único que queda é o amor.
- Adicación dun Hectómetro literario no Paseo dos Soños vilalbés en 2008,
- Premio Literario Frei Martín Sarmiento de (3º ESO a Bacharelato) en 2008, por O único que queda é o amor.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil no 2008, pola obra O único que queda é o amor, outorgado polo Ministerio de Cultura de España.
- Premio Xosé María Álvarez Blázquez da Asociación Galega de Editores no 2008.
- Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2009.
- Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2010, por Lúa do Senegal.
- Premio Cultura Galega das Letras no 2010 [139]
- VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil no 2011.[140]
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2011.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos no 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Ánxel Casal ao libro de ficción do ano 2011 da Asociación Galega de Editores, por Non hai noite tan longa.
- Premio da Irmandade do Libro ao Libro do ano 2011, por Non hai noite tan longa.
- Premio Losada Diéguez de Creación Literaria no 2012, por Non hai noite tan longa.
- Premio de literatura infanto-xuvenil da Asociación de Escritores en Lingua Galega no 2012, por Fantasmas de luz.
- Premio Ramón Piñeiro Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara no 2012.[141]
- Premio da Crítica Galicia 2012 en Creación literaria pola súa obra Fantasmas de luz (18 de outubro de 2012).
- En xuño de 2012 o departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo propuxo o seu nomeamento como doutor honoris causa[142]. O 12 de novembro de 2012 o Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba o nomeamento de Agustín Fernández Paz como Doutor Honoris Causa a proposta do Departamento de Filoloxía Galega e Latina.
- Autor en galego máis destacado do 2012 en Redelibros.
- Premio Fervenzas Literarias de Ensaio no 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2012.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de non ficción do 2012, por O rastro que deixamos.
- Premio Trasalba en 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao autor do ano 2014.
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción de 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da AELG á mellor obra narrativa do 2014, por A viaxe de Gagarin.
- Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria no 2015, por A viaxe de Gagarin.
- Premio Frei Martín Sarmiento de 3º e 4º da ESO en 2016, por A neve interminable.
Notas
editar- ↑ Fernández paz, Agustín. "DISCURSO DO ACTO DE NOMEAMENTO COMO DOUTOR HONORIS CAUSA" (PDF). Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Morre Agustín Fernández Paz, agarimo das letras galegas". Praza.gal. 12 de xullo de 2016. Consultado o 12 de xullo de 2016.
- ↑ Carneiro, Montse (2 de maio de 2004). ""Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos"". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ C., R. "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel. "Sen cartos pero con polémica". El País. Consultado o 13 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (29-07-2020). "Cando Agustín Fernández Paz rexeitou un premio de Feijóo por "agredir á cultura que finxe reivindicar"". galiciaconfidencial.com. Consultado o 30-7-2020.
- ↑ Rey, Noemí (28 de xaneiro de 2013). "Agustín Fernández Paz, seis lembranzas e unha narración no camiño ata o Honoris Causa". Duvi Uvigo. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "Muere el escritor Agustín Fernández Paz". El Mundo. 12 de xullo de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ "A despedida de Agustín Fernández Paz". Blog Xerais. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ C, R (12 de xullo de 2016). "Morre Agustín Fernández Paz, o autor máis querido das letras galegas". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2016. Consultado o 20 de outubro de 2016.
- ↑ cervantesvirtual.com (ed.). "Ficha de Agustín Fernández Paz". Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 C., R. (25 de novembro de 2016). "'Cartas de inverno', de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2016.
- ↑ "La ciudad de los deseos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Les flors radioactives". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Lore erradioaktiboak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Las flores radiactivas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Les flores radioactives". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Cuentos por palabras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Contes per paraules". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Iragarki Ipuinak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Cuentos por palabres". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Le livre des petites annonces". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "El tesoro del dragón Smaug". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "El tresor del drac Rebuf". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Smaug dragoiaren altxorra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Eth tresaur deth dragon Smaug". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Rapazas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Muchachas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Xiques". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Neskatxak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Raparigas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Las sombras del pasillo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Trece años de Blanca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Trezte anys de Blanca". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Albak hamahiru urte". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Cartes d'hivern". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Neguko gutunak". bibliotraducion.uvigo.es (en S). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Cartas de invierno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Cartas de inverno". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Tasmant en ti". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Winter Letters". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Amor de los quince años, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Amor dels quinze anys, Marilyn". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Avinguda del Parc, 17". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Avenida del parque, 17". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "[Avenida do Parque, 17]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "El centre del laberint". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "El Centro del laberinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "O centro do labirinto". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "El laboratorio del Dr. Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Nogueira doktorearen laborategia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "El laboratori del doctor Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "O laboratório do Doutor Nogueira". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Las hadas verdes". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2021-05-06.
- ↑ "Les fades verdes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Con los pies en el aire". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Amb els peus enlaire". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Oin Hegalariak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Aire negre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Aire negro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Aire beltza". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Black Air". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Aire negro – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "El sueño del mirlo blanco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "En el corazón del bosque". www.bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06-06-2020. Consultado o 18-07-2019.
- ↑ "En el cor del bosc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Basoaren bihotzean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Un tren cargado de misterios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Un tren cargado de misterios (chinés)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Noche de voraces sombras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Nit d'ombres voraces". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Itzal suntsigarrien gaua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Mi nombre es Skywalker". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Em dic Skywalker". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Ime mi je Skywalker". Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "O meu nome é Skywalker – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Tres passes pel misteri". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Tres pasos por el misterio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Raquel tiene miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "La Raquel té por". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Rakel beldur da". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Laura y los ratones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "La Laura i els ratolins". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Laura eta Saguak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Laura and the mice = Laura y los ratones". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "La escuela de los piratas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "L’escola dels pirates". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Piraten eskola". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "[A escola dos piratas_Koreano]". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "A escola dos piratas – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "La noche de los animales". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "La nit dels animals". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "La huida del mar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "La fugida del mar". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Itsasoak ihes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Fantasmas en el pasillo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Fantasmes al passadís". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Corredores de sombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Passadissos d'ombra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Corridors of Shadow". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Los guardianes del bosque". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Els guardians del bosc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Basoaren zaindariak". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Querido enemigo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "El rayo veloz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "Lo único que queda es el amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Només ens queda l'amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Só resta o amor". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Maitasuna da geratzen den bakarra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "O único que queda é o amor (coreano)". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Nothing Really Matters in Life More Than Love". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "La pastelería de Doña Remedios". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "¡Aúpa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Amunt!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Aupa!". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "UPA! – Agustín Fernández Paz". Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Luna de Senegal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Lluna del Senegal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Muros". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Murs". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Il cielo non ha muri". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "Corazón de piedra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Fantasmas de luz". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Fantasmes de llum". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Las fronteras del miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Les fronteres de la por". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Malos tiempos para fantasmas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Mals temps per a fantasmes". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Des d'una estrella distant". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "Desde una estrella distante". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "La nieve interminable". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "La neu interminable". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "Elurte amaiezina". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "El secreto de Isla Negra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-19.
- ↑ "La casa del miedo". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-17.
- ↑ "No hi ha nit tan llarga". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 2019-07-18.
- ↑ "El viaje de Gagarin". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-12.
- ↑ "Pa lleer comics". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2020. Consultado o 2019-07-21.
- ↑ "PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2010". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción/EFE (12 de setembro de 2011). "Agustín Fernández Paz gana el VII Premio Iberoamericano SM de Literatura". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de outubro de 2022.
- ↑ "Agustín Fernández Paz, premio Ramón Piñeiro-Facer País". Praza.gal. 14 de setembro de 2012. Consultado o 21 de outubro de 2016.
- ↑ ProLingua (20 de xuño de 2012). "Agustín Fdez. Paz para Doutor honoris causa". prolinguagalega.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2012. Consultado o 21 de xuño de 2012..
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agustín Fernández Paz |