Marilar Aleixandre

escritora e bióloga galega

María Pilar Jiménez Aleixandre, nada en Madrid o 1 de maio de 1947, é escritora en lingua galega, tradutora, bióloga e académica de número da Real Academia Galega.[1][2]

Marilar Aleixandre
Marilar Aleixandre. Foto da AELG.jpg
Nacemento1 de maio de 1947
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutora, escritora e escritora de literatura infantil
CónxuxeRamón López Facal
Coñecida porTeoría do caos, A compañía clandestina de contrapublicidade e Unha presa de terra
PremiosPremio Xerais de Novela
Na rede
https://marilar.gal
Twitter: marilaraleix Bitraga: 1417 AELG: 207 Dialnet: 34544 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De avoas e avós andaluces, valencianos e madrileños, naceu en Madrid en 1947. Di sentir saudade dos sitios nos que viviu por mor dos destinos laborais do pai: Ceuta, Doña Mencía (Córdoba)[3], e Madrid. Regresou á cidade natal, onde estudou a carreira de Bioloxía. Alí comezou a traballar no departamento de Entomoloxía, pero os atrancos cos que tropezou por ser muller animárona a opositar ao ensino secundario, e así chegou a Galicia, en setembro de 1973, como catedrática no Instituto do Calvario, en Vigo. Implicouse na resistencia clandestina contra a ditadura: presidiu a asociación de veciños do Calvario, participou na primeira asociación feminista galega e despois na AGM.[4] Axiña adoptou o galego como a súa lingua literaria e se converteu nunha das escritoras galegas actuais con obra máis consolidada e recoñecida. É profesora da Universidade de Santiago de Compostela, onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental, dende 1988.[5]

O primeiro relato que escribiu, un conto sobre vampiros, foi o xermolo de Agardando polos morcegos. Logo viñeron A formiga coxa, a súa primeira novela de literatura infantil, e A expedición do Pacífico (Premio da Crítica de Galicia 1995).

Ademais de destacar como autora de literatura infanto-xuvenil tamén escribiu para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos. En 1996 publicou o libro de relatos Lobos nas illas, sobre as difíciles relacións familiares, en 1998 a novela A compañía clandestina de contrapublicidade (Premio Álvaro Cunqueiro dese mesmo ano), e no 2001 Teoría do Caos (Premio Xerais 2001), unha novela ambiciosa e fragmentaria sobre como é posible traizoarse a un mesmo. Boa parte da súa obra narrativa está traducida ó castelán, portugués, catalán e vasco. En 2020 gañou o premio Blanco Amor por As malas mulleres.

Traduciu do inglés para o galego o poemario Muller ceiba (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán, de Lewis Carroll (incluída na Lista de Honra do IBBY en 1997) e Harry Potter e a pedra filosofal, o primeiro volume da serie Harry Potter, no 2001, sendo ademais a responsable dos guións dos 14 capítulos da serie de banda deseñada Os Escachapedras, con ilustracións de Fran Bueno.

Como poeta participou en varias publicacións colectivas e nas actividades do Batallón Literario da Costa da Morte. En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario Catálogo de velenos. En 2010 foi nomeada Socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Ten así mesmo colaboracións en diversas revistas sobre cultura e literatura: CLIJ, Festa da Palabra Silenciada, Dorna, Boletín da Real Academia Galega, , Luzes de Galiza e El Signo del Gorrión; tamén en revistas científicas da súa especialidade (Science Education e JRST).[6] Así mesmo é autora de obras sobre o ensino das Ciencias e colabora no xornal Nós Diario.[7]

Foi elixida académica de número da Real Academia Galega no pleno do 9 de xullo de 2016,[8] pronunciando o 14 de xaneiro de 2017 o discurso de ingreso Voces termando da paisaxe galega[9], respostado por Fina Casalderrey.

Entrevista en 2017. Nós Televisión.

O 28 de marzo de 2017 foi escollida tesoureira da Real Academia Galega[10] ata 2021 en que foi nomeada arquiveira-bibliotecaria.

Pertence á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil e ao PEN Clube de Galicia, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Asociación de Tradutores. Formou parte durante catro anos do Executive Committee do International Board on Books for Young People (IBBY). É membro da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega e é socia de Nova Escola Galega, Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), a European Science Education Research Association (ESERA) e a National Association for Research in Science Teaching (NARST).[4] Pertence ó "Batallón Literario da Costa da Morte", paisaxe literaria onde están situados algúns dos seus libros e ó consello editorial de "Letras de Cal".[11]

Obra en galegoEditar

PoesíaEditar

 
Unha presa de terra, de Marilar Aleixandre, esta incluído na Biblioteca Galega 120.

NarrativaEditar

Literatura infanto-xuvenilEditar

 
Nogueira, Candedo, Aleixandre, Monteagudo e Formoso, na presentación do manifesto Chamamento polo Galego en 2013.

EnsaioEditar

TraduciónEditar

  • A caza do Carbairán de Lewis Carroll (Lista de Honra do IBBY)
  • Muller ceiba da poeta Sandra Cisneros
  • Harry Potter e a pedra filosofal de J. K. Rowling

Obras colectivasEditar

  • Neve na Amaía, 1992, Xunta de Galicia.
  • Traballando coas ciencias da Terra (1995). Universidade de Santiago de Compostela, coeditora.
  • Construír a paz, 1996, Xerais.
  • Unha liña no ceo, 1996, Edicións Xerais.
  • E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia.
  • Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
  • Airadas de palabras, 1998, Laiovento.
  • Alguén agarda que volva alí, 1998.
  • dEfecto 2000. Antoloxía de poetas dos 90, 1999, Letras de Cal.
  • Contos para levar no peto, 2001, Xerais.
  • Paisaxes con palabras, 2001, Galaxia.
  • Palabras con fondo, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • A poesía é o gran milagre do mundo, 2001, PEN Clube de Galicia.
  • Longa lingua, 2002, Edicións Xerais.
  • Materia prima, 2002, Edicións Xerais.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Edicións Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Postais do Camiño, 2004, Galaxia.
  • Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Edicións Xerais.
  • Contos de medo no museo, 2005, Museo Provincial de Lugo.
  • Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Edicións Xerais.
  • Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
  • Homenaxe dos poetas galegos a Federico García Lorca contra a súa morte, 2006, Xerais.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero, 2006, Espiral Maior/Xunta de Galicia.
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
  • O son das buguinas, 2007, Edicións Xerais.
  • Vanakkam. Benvidas, 2007, Implicadas/os no Desenvolvemento.
  • From the beginning of the sea (De onde comeza o mar), 2008, Foreign Demand.
  • Na frente unha estrela, no bico un cantar, 2008, Fundación Rosalía de Castro.
  • De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • Quen casa ten de seu: cinco contos na casa de Rosalía, 2009, Fundación Rosalía de Castro. Literatura infanto-xuvenil.
  • En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
  • II Encontro Cidade da Coruña. Mulleres na literatura, 2010.
  • To The Winds Our Sails, 2010, Salmon Poetry. Tradución do galego ao inglés.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (1916-1990) (2013). Vigo: Xerais.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega.
  • O libro dos libros (2018, Galaxia), co relato "A criatura interpela a creadora".[60]
  • Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[61]

Obra en castelánEditar

EnsaioEditar

  • Enseñar Ciencias (2003). Barcelona: Graó (como coordinadora).
  • Competencias en argumentación y uso de pruebas10 ideas clave (2010). Barcelona: Graó. ISBN 978-84-7827-897-8.
 
Foto conmemorativa na XXVª ed. do Premio Merlín. Atrás, de esquerda a dereita: Jacobo Fernández Serrano, Helena Pérez, Gloria Sánchez, An Alfaya, Marilar Aleixandre, Antonio García Teijeiro, Mar Guerra, Fina Casalderrey, Ramón Caride. Sentados, de esquerda a dereita: Carlos López Gómez, Palmira González Boullosa, Agustín Fernández Paz e Teresa González Costa.

PremiosEditar

Recibiu os seguintes premios:

Galería de imaxesEditar

 
 
En 2015. 

NotasEditar

  1. "Marilar Aleixandre ingresará na Academia o 14 xaneiro". Praza Pública. 6 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2017. 
  2. "Editorial Galaxia Marilar Aleixandre". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-08-27. 
  3. "Lendo a Marilar Aleixandre". Botóns. Portal Galego de Educación. Consultado o 06/12/2018. 
  4. 4,0 4,1 "De número". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-27. 
  5. "MARIA PILAR JIMENEZ ALEIXANDRE - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  6. "MARIA PILAR JIMENEZ ALEIXANDRE - Universidade de Santiago de Compostela". investigacion.usc.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  7. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-08-27. 
  8. "O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares". Real Academia Galega. Consultado o 9 de xullo de 2016. 
  9. Aleixandre, M. (2017). Voces termando da paisaxe galega. Real Academia Galega. 
  10. "Marilar Aleixandre". Real Academia Galega. Consultado o 1 de setembro de 2022. 
  11. "Marilar Aleixandre Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-27. 
  12. "Catálogo de venenos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  13. "Desmentindo a primavera". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018. 
  14. "Presentouse no Casino de Santiago o "abecedario das árbores" de Marilar Aleixandre". www.elcorreogallego.es. Consultado o 2022-08-27. 
  15. Abelenda, Ana. "«Para as mulleres ningún tempo pasado foi mellor»". lavozdegalicia.es. Consultado o 06/12/2018. 
  16. Andrade, Marisa (1994). "Tránsito dos gramáticos de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (10): 109–111. ISSN 1139-4854. 
  17. "Tránsito de los gramáticos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  18. "Lobos en las islas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  19. 19,0 19,1 "Under the trout’s skin". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  20. "Teoría do caos". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018. 
  21. Vilavedra, Dolores (2002). "Teoría do caos, de Marilar Aleixandre". Festa da palabra silenciada (17): 77–78. ISSN 1139-4854. 
  22. "Narrativa". Marilar Aleixandre. Consultado o 06/12/2018. 
  23. Nicolás, Ramón. "O coitelo en novembro, de Marilar Aleixandre". cadernodacritica. Consultado o 06/11/2018. 
  24. "As malas mulleres". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-03-24. 
  25. Nogueira, María Xesús (xullo, agosto, setembro 2021). "O coro das malas mulleres". Grial LIX (231): 111–2. ISSN 0017-4181. 
  26. "A expedición do Pacífico". xerais.gal. Consultado o 06/12/2018. 
  27. "La expedición del Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  28. "A expedição ao Pacífico". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  29. "Card". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  30. "Alqueidoneko iratxoa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  31. "El monstruo de la lluvia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  32. "A banda sen futuro". EDN IES Félix Muriel. Consultado o 06/12/2018. 
  33. "La banda sin futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  34. "La banda sense futur". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  35. "Etorkizunik ez". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  36. "A banda sem futuro". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  37. "Tragaldabas, Sacamantecas y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  38. "Escuracassoles, Xuclanates y Papu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  39. "Akilimarro, Sakarramin eta Mamu". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  40. "Tragaldabes, Sacaúntu y Coco". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  41. "Fotronero, Ensundiero y Totón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  42. "Escuracassoles, Xuplanates i Butoni". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  43. "El chápiro verde". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  44. "Txapiro berdea". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  45. "El barreter verd". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  46. "La vaca Fisterra y la viga de alquitrán". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  47. "Calle carbón". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  48. "Carrer del Carbó". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  49. "La cabeza de Medusa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  50. "Medusaren burua". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  51. "Diez abejas en el naranjal". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  52. "Deu abelles al taronger". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  53. "Hamar erle laranja-sailean". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  54. "Robinson contado por las alimañas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  55. "El Enano más alto cuenta la historia de Blancanieves". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-25. 
  56. "Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros Marilar Aleixandre". editoriagalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018. 
  57. "A filla do Minotauro". editorialgalaxia.gal. Consultado o 06/12/2018. 
  58. Triñáns, Ana. "Marilar Aleixandre e María López reivindican nun libro o feminismo de Pardo Bazán". Nós Diario. Consultado o 2021-03-03. 
  59. "Moviendo Los Marcos Del Patriarcado". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-25. 
  60. "O libro dos libros". editorialgalaxia.gal. Consultado o 05/12/2018. 
  61. Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Consultado o 2021-01-22. 
  62. "Marilar Aleixandre gaña o Raíña Lupa con ‘A filla do Minotauro’ e convértese na primeira muller en gañar este certame". Sermos Galiza. Consultado o 23 de novembro de 2017. 
  63. "María Pilar Jiménez Aleixandre recibe o prestixioso premio Distinguished Contribution to Research Award - - USC". xornal.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 2019-04-01. 
  64. Redacción (20 de marzo de 2019). Sermos Galiza, ed. "Marilar Aleixandre, premio Distinguished Contribution en didáctica das ciencias". Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  65. "Marilar Aleixandre gana el premio Blanco Amor con "As malas mulleres"". La Región (en castelán). 2020-11-28. Consultado o 2020-11-28. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar