Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia
O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario que foi convocado entre os anos 2001 e 2017 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés.[1] Recupera a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.[2]
Antecedentes
editarO precedente de devandito premio é o concurso de narrativa curta "Relatos de verán" que comezou no ano 2000, podendo participar calquera persoa con relatos inéditos tanto en galego como en castelán,[3] escollendo semanalmente os lectores mediante votación por correspondencia os seus relatos preferidos.[4] Tucho Calvo tamén publicou ao longo do mes de agosto dese ano unha novela por entregas nas páxinas de La Voz de Galicia, O xabaril branco;[5] meses máis tarde apareceu publicada pola editorial Ir Indo en forma de libro con ilustracións de Miguelanxo Prado.[2][6]
Bases do concurso
editarO premio está aberto á participación de tódalas persoas que presenten unha novela inédita en galego e que non opte a outros certames, a temática é libre e deben estar estruturadas en 31 capítulos –un por cada día de agosto– axustándose cada capítulo a 3 500 caracteres, cumprindo as características dunha narración por entregas. Unha vez aberto o prazo para a súa presentación, os orixinais poden envíanse por correo ordinario ou por correo electrónico desde a data da convocatoria até mediados do mes de xullo.[3] Un xurado designado pola organización selecciona tres finalistas candidatos ao galardón de entre tódolos textos recibidos, a novela vencedora obtén unha dotación económica e publícase no xornal durante o mes de agosto.[7]
Gañadores
editarA novela gañadora de entre as tres finalistas dáse a coñecer no transcurso dunha cea literaria, á que asisten diversas personalidades da cultura[8] e á que deben acudir os autores, especialmente os tres finalistas. O nome dos autores permanece oculto baixo o segredo da plica, que só se abre perante os asistentes desvelando publicamente o vencedor.[9] A dotación económica do premio ascendeu desde os 6 000 € no ano 2001[1] até 10 000 € en 2017.[3] A obra gañadora publícase diariamente ao longo do mes de agosto[7] de forma capitular nas páxinas do xornal La Voz de Galicia e mais na súa edición dixital.[3] O mesmo ano edítase a obra en formato libro, coa devindicación habitual de dereitos de autor.[1] A primeira novela gañadora foi publicada pola editorial Ir Indo, á que se sumaron nas seguintes edicións Xerais, Sotelo Blanco, Biblos Clube de Lectores, Everest e Galaxia.
Edición | Ano | Autor | Título | Editorial | Ilustracións | Xénero |
---|---|---|---|---|---|---|
I | 2001 | Marilar Aleixandre | Unha presa de terra | Ir Indo | Miguelanxo Prado | Policial |
O cadáver dunha muller aparece nun ascensor, ademais das pescudas policiais, unha detective privada vai investiga-lo caso.[10] | ||||||
II | 2002 | Miguel Suárez Abel | O repenique de Beatriz Gondar | Ir Indo | Norberto Fernández | Misterio |
Mario, un mozo estudante de historia en Santiago de Compostela, coñecerá unha enigmática muller que modificará por completo a súa vida.[8] | ||||||
III | 2003 | Xosé Antonio Perozo | Caderno de Riparia | Xerais | José Matalobos | Misterio |
Unha historia de amor mesturada co esoterismo na illa Riparia, nunha trama histórica de políticos que nos leva do presente ao pasado, á España de 1936.[11] | ||||||
IV | 2004 | Ángel de la Cruz | O descenso do derradeiro ocaso | Sotelo Blanco | Misterio | |
Dúas reporteiras da Televisión de Galicia viaxan a unha vila da Raia, pretenden esclarecer un asasinato para presentalo nun programa de sucesos co fin de incrementar o índice de audiencia.[12] | ||||||
V | 2005 | Carlos Freire | Acio sanguento | Xerais | Policial | |
Un home desaparece durante nunha despedida de solteiro, a intriga aumenta cando ao día seguinte aparece morto o pai do desaparecido.[13] | ||||||
VI | 2006 | Santiago Lopo | Game Over | Biblos Clube de Lectores | Norberto Fernández | Intriga |
O mundo de Internet e dos videoxogos son un lugar fóra da realidade nos que se poden atopar certas semellanzas co País das marabillas de Alicia.[14] | ||||||
VII | 2007 | Concha Blanco | Habitación 202 | Everest | Misterio | |
Un licenciado xornalista comeza a recibir visitas dun ser que parece chegar do alén, conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá.[15] | ||||||
VIII | 2008 | Emilio Alonso Pimentel | Mercurio | Xerais | Policial | |
Un expolicía exerce como criminólogo, famoso grazas á televisión.[16] | ||||||
IX | 2009 | Alberto Ramos | Con acuse de recibo | Biblos Clube de Lectores | Juan Carlos Abraldes | Intriga |
Persoas normais teñen que afrontarse á ruptura do cotián para poder continuar cara a adiante.[17] | ||||||
X | 2010 | An Alfaya | Vía secundaria | Xerais | Juan Carlos Abraldes | |
Na vía secundaria que conduce a un polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva que marcará un punto de inflexión na vida das persoas que participan no suceso.[18] | ||||||
XI | 2011 | Diego Ameixeiras | Historias de Oregón | Xerais | Policial | |
Unha moza brasileira desaparece en Oregón e posteriormente aparece morta a tres quilómetros da ponte do Bibei, a investigación céntrase nas persoas relacionadas coa vítima.[19] | ||||||
XII | 2012 | Fran Alonso | A punta de pistola | Xerais | Policial | |
Un delincuente de pouca monta e a súa muller acoden a ver os seus fillos baixo a tutela dos servizos sociais mais aproveitan a oportunidade para secuestralos. Paralelamente, conta a historia dunha camioneira emprendedora que conduce e escribe nun blog.[20] | ||||||
XIII | 2013 | Francisco Castro Veloso | O corazón da branca de neve | Galaxia | Policial | |
O inspector Hermida intenta atopar unha bebé roubada a unha rapaza emigrante. A historia trata o tema das bandas criminais que fan negocio cos seres humanos.[21] | ||||||
XIV | 2014 | María Reimóndez | A dúbida | Xerais | ||
Unha muller sofre un conflito psicolóxico cando descobre que o seu marido é acusado de abusos sexuais contra un menor.[22] | ||||||
XV | 2015 | Arantza Portabales | Sobrevivindo | Galaxia | Juan Carlos Abraldes | Intriga |
Val Valdés é unha muller que se converte en gañadora dun programa de telerrealidade no ano 2000, o que a transforma nunha persoa rica que apenas ten vida privada.[23] | ||||||
XVI | 2016 | Blanca Riestra | Noire Compostela | Galaxia | Juan Carlos Abraldes | Policial |
O inspector Touriñán e os axentes especializados están a investigar os delitos cibernéticos que acaban de descubrir.[24] | ||||||
XVII | 2017 | Fran Fernández Davila | A senda de sal | Galaxia | Juan Carlos Abraldes | Histórica |
Un vello mariñeiro de Vigo lévanos cos seus relatos aos tempos da segunda guerra mundial.[25] |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Máis de trinta obras compiten polo premio de novela por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22-05-2001. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ 2,0 2,1 Ponte Far, José Antonio (20-01-2001). "O xabaril branco". La Voz de Galicia. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "La Voz convoca o 17.º Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 14-06-2017. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ "O Concurso de Relatos de Verán de La Voz supera xa os 600 orixinais". La Voz de Galicia. 12-08-2000. Arquivado dende o orixinal o 10-04-2019. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ O xabaril branco
- ↑ "La novela «O xabaril branco» podrá ser bajada de Internet desde hoy". La Voz de Galicia (en castelán). 23-10-2000. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ 7,0 7,1 "O Premio de Novela por Entregas de La Voz xa ten finalistas". La Voz de Galicia. 04-07-2016. Consultado o 11-04-2019.
- ↑ 8,0 8,1 Conde, María (11-04-2003). "Suárez Abel encomia a recuperación da novela por entregas en La Voz". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 10-04-2019. Consultado o 10-04-2019.
- ↑ "O Premio de Novela por Entregas de La Voz conta con tres finalistas". La Voz de Galicia. 01-07-2004. Consultado o 11-04-2019.
- ↑ Ocampo Vigo, Eva (29-10-2002). "O libro «Unha presa de terra», de Marilar Aleixandre, foi gañadora do premio de novela por enregas de La Voz". La Voz de Galicia. Consultado o 09-04-2019.
- ↑ "Xosé Antonio Perozo gaña o terceiro Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-07-2003. Consultado o 11-04-2019.
- ↑ "Ángel de la Cruz gaña o cuarto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 22 de xullo de 2004. Consultado o 11-04-2014.
- ↑ "Carlos Freire gaña o quinto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 14-05-2005. Consultado o 12-04-2019.
- ↑ "Santiago Lopo gaña o sexto Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 13-07-2006. Consultado o 22-05-2019.
- ↑ "Concha Blanco asinou en Cee exemplares da súa última obra". La Voz de Galicia. 13-08-2008. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 13-04-2019. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "La Voz publica a partir de mañá os Relatos de Verán e a novela por entregas". La Voz de Galicia. 31-07-2008. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2019. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Alberto Ramos presenta «Con acuse de recibo», novela gañadora do premio por entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 19-05-2010. Arquivado dende o orixinal o 15-09-2019. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "«Vidas cruzadas», de An Alfaya, gaña o Premio de Novela por Entregas". La Voz de Galicia. 21-07-2010. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Diego Ameixeiras gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 08-07-2015. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Fran Alonso gaña o XII Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 18-07-2012. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Francisco Castro gaña cunha historia de intriga o Premio de Novelas por Entregas de La Voz". 12-07-2013. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "María Reimóndez gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 21-08-2014. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Arantza Portabales gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia. 15-07-2015. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ "Blanca Riestra gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". Voz de Galicia. 08-07-2016. Consultado o 13-04-2019.
- ↑ Lamas, Jorge (30-11-2017). "Galaxia edita «A senda de sal», premio de novela por entregas de La Voz 2017". La Voz de Galicia. Consultado o 13-04-2019.