Emilio Alonso Pimentel

xornalista e escritor galego

Emilio Alonso Pimentel, nado en Madrid o 16 de xullo de 1958 e finado en Vigo o 14 de xuño de 2020[1], foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Alonso Pimentel
Nacemento16 de xullo de 1958
Lugar de nacementoMadrid
Falecemento14 de xuño de 2020
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
PaiXesús Alonso Montero
IrmánsXesús Pimentel
PremiosPremio de novela por entregas de La Voz de Galicia
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Primeiro fillo de Xesús Alonso Montero e Emilia Pimentel Iglesias, nos anos oitenta realizou programas de radio (Montaje Curioso e A Trincheira) en Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia. Foi coordinador da revista Tintimán, correspondente en Galicia de Rock de Lux e guionista do concurso musical Racha coas Ondas. Colaborou en Diario 16 de Galicia, Faro de Vigo, Atlántico Diario, La Naval, Valiundiez e Escupe. Nos anos noventa traballou como guionista, coordinador e director de programas de televisión presentados como Café Café, Esto é noticia, Todos a Bordo,[2] Televisión Total, Superpiñeiro, Toda unha vida, e A Noite en Blanco.

A súa primeira novela, Mercurio, foi premio de novela por entregas de La Voz de Galicia en 2008.

Obras Editar

  • ¡Po! Diario dunha viaxe a Palestina (2003). Fundación Araguaney. 106 páxs.[3] Crónica, con fotos propias, da viaxe que o autor fixo en 2002 a Palestina, visitando as cidades israelitas e palestinas de Haifa, Xerusalén e Hebrón ben coma o campo de refuxiados de Al Fawwar. Publicado tamén en castelán: ¡Po! Diario de un viaje a Palestina.
  • Mercurio (2008). Xerais. 104 páxs. Suspense ambientado en Lugo e protagonizado por un ex-policía que exerce como criminólogo, coñecido dos medios e famoso grazas á televisión.[4]
  • Vigo a 80 revolucións por minuto (2011). Xerais. 384 páxs. É unha crónica da movida viguesa da década de 1980 na que o autor foi colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo.[5]

Notas Editar

  1. "Falece o xornalista e escritor Emilio Alonso Pimentel". Cultura Galega. 15 de xuño de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  2. "Falece o xornalista Emilio Alonso Pimentel, cronista da movida de Vigo. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2020-06-16. 
  3. "PO! Diario dunha viaxe a Palestina. Fundación Araguaney. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2020-06-16. 
  4. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-06-16. 
  5. "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-06-16. 

Véxase tamén Editar

Ligazóns externas Editar