Francisco Fernández Davila
Francisco Javier Fernández Davila, nado en Canido (Oia, Vigo) en 1974, é un enxeñeiro e escritor galego.
Francisco Fernández Davila | |
---|---|
Nacemento | 1974 |
Lugar de nacemento | Canido |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro e escritor |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Licenciado en Enxeñaría de Minas e Enerxía e cun MBA en Responsabilidade Social Corporativa na Universidade de Vigo, traballa ligado ao mundo do frío industrial dende o ano 2000.
Comezou a escribir no ano 2016, e acadou o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia de 2017 coa obra A senda de sal, ademais do XV Concurso de Cartas Dillo a quen maltrata do Concello de Lalín[1]. En decembro dese mesmo ano recibiu o accésit do IV Premio de relato Vigo histórico da Editorial Elvira, coa obra A pel do corazón.
En 2018 gañou o XVII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia coa novela Alana e o primeiro accésit na modalidade de poesía dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria da Universidade de Vigo pola obra Dama de auga.
En 2019 gañou o XVII Certame de Relato Curto en Galego do Concello de Mugardos coa obra O Mendigo e o XII Premio de poesía Victoriano Taibo do Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar co poemario Mover os marcos [2], o terceiro premio do VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Gipúscoa, por A miña pel en tatuaxes, e o primeiro premio no XXXIII Certame de poesía en lingua galega Rosalía de Castro, por Poemas de Aeroporto.
Obras Editar
Narrativa Editar
- A senda de sal (2017). Vigo: Editorial Galaxia[3]. 136 páxs. ISBN 978-84-9151-088-8.
- Alana (2018). Noia: Editorial Toxosoutos.[4] 98 páxs. ISBN 978-84-948966-1-3.
Infanto-xuvenil Editar
- O bosque do duque. ‘s-Hertogenbosch (2022). Vigo: Editorial Galaxia.[5] 222 páxs. ISBN 978-84-9151-806-8.
Poesía Editar
- Mover os marcos (2019). Instituto de Estudos Miñoráns[6]. 55 páxs. ISBN 978-84-09-15143-1.
Obras colectivas Editar
- Relatos na Rúa IV, 2017, Editorial Elvira.
- Revista Grial vol. 215, 2017, Editorial Galaxia.
- VI Certame de Relato Curto, 2018, FANPA e Kalandraka Editora.
- Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo, 2018, Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e Edicións Xerais[7].
- Relatos na Rúa V, 2018, Editorial Elvira.
- XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López, 2018, Concello de Paradela e Deputación de Lugo.
- Relatos na Rúa VI, 2019, Editorial Elvira.
- Tecido de Voces, 2021, Concello de Rianxo e Editorial Toxosoutos.
- Relatos na Rúa VIII, 2021, Editorial Elvira.
Premios Editar
- IX Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2016, finalista, por Capetón.
- X Certame Literario Terras de Chamoso no 2016, segundo premio na modalidade de poesía, por Princesa de Fukushima.
- I Certame de Poesía Enxeñería Sen Fronteiras no 2016, primeiro premio, por Capetón.
- XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar no 2016, segundo premio, por Aliento de Bronce.
- Concurso de Relato Curto “A Cividade” de Mos no 2017, primeiro premio, por O Premio.
- V Concurso Microcatrorelato no 2017, premio do xurado, por As balas de Koch[8].
- V Certame de Relatos Vigo Histórico, 2017, accésit, por A pel do corazón.
- XIV Concurso “Dillo a quen maltrata” do concello de Lalín no 2017, primeiro premio, por Radiografía da Parroquia[1].
- XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia no 2017, por A senda de sal, publicada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria[9].
- XXIII Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López no 2018, mención de honra na modalidade de narrativa, por O Faro, conto de mar espeso.
- Certame de Relato Curto da Universidade de Vigo no 2018, primeiro premio, por K.A.R.M.A.[10].
- Certame de Poesía da Universidade de Vigo no 2018, primeiro accésit, por Dama de Auga[10].
- VI Certame de Relato Curto da FANPA, no 2018, finalista destacado, por O faro.
- XVII Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos do Concello de Noia no 2018, por Alana.
- VI Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2018, primeiro premio, por Trashumántica.
- XVII Certame de Relato Curto Concello de Mugardos no 2019, primeiro premio, por O Mendigo.
- XII Premio de Poesía Victoriano Taibo no 2019, por Mover os Marcos.
- VII Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa no 2019, terceiro premio, por A miña pel en tatuaxes.
- XXXIII Certame Internacional de Poesía en Lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2019, primeiro premio, por Poemas d Aeroporto.
- XXXIV Certame Internacional de Poesía en Lingua galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2020, accésit, por O matrimonio é unha nasa.
- IX Certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro de Negreira no 2020, finalista, por mICROrREtRaTOs.
- I Concurso De Relatos e Poemas "Letras Con Morriña" da Arxentina no 2020, primeiro premio, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado.
- XI Concurso de Relatos de Inspiración Científica -Inspiraciencia- do Ministerio de Ciencia e Innovación no 2021, primeiro premio, por Lúa Negra.
- XV Certame Literario Terras de Chamoso no 2021, segundo premio na modalidade de narrativa, por Rexina.
- XIX Certame Literario Concello de Ames no 2022, segundo premio na modalidade de narrativa, por A extinción dos homes.
- VIII Certame de Poesía María Mariño de Teo no 2022, primeiro premio, por The walking verses ou o ataque dos poemas zombis.
- VI Certame Vilarinhas no 2022, segundo premio.
- IV Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán no 2022, finalista, por De tuin der lusten, Tríptico do Big Bang.
- XII Certame de Escritores Ingenieros de Minas no 2022, primeiro premio, por Capricornio.
- XXXVI Certame Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro de Cornellà no 2022, primeiro premio, por Incendios.
- IX Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón no 2023, por koиpostэla.[11]
- VIII Premio de Novela Curta Antón Risco no 2023 por Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas.[12]
- XX Certame Literario Concello de Ames no 2023, primeiro premio na modalidade de poesía, por Sobre as linguas en Comala.
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 "Francisco Javier Fernández, de Nigrán, gaña o concurso 'Dillo a quen maltrata'". Faro de Vigo. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ "Francisco Fernández Davila faise co XII premio Vitoriano Taibo de Poesía". culturagalega.org. 2019-09-19. Consultado o 2019-09-20.
- ↑ "A senda de sal". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ "Alana". toxosoutos.com. Consultado o 2021-01-28.
- ↑ "O bosque do duque ‘s-Hertogenbosch". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-04-08.
- ↑ "MOVER OS MARCOS - Librería Central Librera Ferrol". www.centrallibrera.com (en castelán). Consultado o 2020-07-16.
- ↑ "Ficha do libro | Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ "Francisco Fernández e Julia Tomé gañan o concurso MicroCatrorelatos". VigoÉ (en castelán). 2017-05-27. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ "Francisco Javier Fernández Davila gaña o Premio de Novela por Entregas de La Voz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-07-20. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ 10,0 10,1 "As persoas gañadoras dos premios de relato, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2018 | Noticias Vigo". Noticias de Vigo (en castelán). 2018-05-10. Consultado o 2020-07-16.
- ↑ Redacción (2023-05-14). "O escritor nigranés Fran Fernández Davila gaña o certame de poesía Rosalía de Castro". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2023-05-17.
- ↑ lavozdegalicia (2023-05-21). "Francisco Fernández Davila gaña o premio de novela curta Antón Risco". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-05-21.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Ficha do autor en Galaxia Arquivado 15 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.