Canido, Oia, Vigo

lugar da parroquia de Oia, no concello de Vigo

Canido é un lugar da parroquia de Oia, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 212 habitantes (106 homes e 106 mulleres).

Canido

Porto de Canido
ParroquiaOia
ConcelloVigo
Coordenadas42°11′34″N 8°47′56″O / 42.19286199634, -8.7990166219546
Poboación212 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

Está situada a carón da illa de Toralla e da praia do Vao, xa pertencente á parroquia de Coruxo. Ten un porto deportivo e as praias de Fuchiños e Canido, esta última con Bandeira Azul nos últimos anos.

Praia de Fuchiños.

Lugares de interese

editar

Salientan en Canido os seguintes lugares:

  • A Vila Galaico-Romana de Toralla, sitio arqueolóxico museizado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell).
  • A Illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.

Características

editar

O lugar de Canido vai (en dirección Vigo-Baiona) dende o eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico) no inicio da ponte de Toralla. Ten tres zonas ben distinguidas, a zona do porto onde fica a praia de Canido co seu paseo, no que hai tabernas, restaurantes, e bares de copas. A estrema está no Porto pesqueiro e deportivo no que está situado o Club Marítimo de Canido. Continuando en liña recta atópase unha zona residencial, formada por casas grandes unifamiliares sobre un grande areal, que recibe diferentes nomes: como son Fuchiños, Areal do Xunqueiro e O Caranguexo. O final da urbanización márcao o Cabo Estai, no que se encontran, ademais do Instituto Oceanográfico de Vigo, diversas calas de rochas con vistas cara Nigrán. Outra parte de Canido, a vila en si, atópase elevada xeograficamente respecto da zona residencial anterior.

Servizos

editar

Para chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.

Praia de Canido

editar
Artigo principal: Praia de Canido.

Esta praia, situada fronte ás illas Cíes, ten bandeira azul.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Oia

editar
Lugares da parroquia de Oia no concello de Vigo (Pontevedra)

Amariz | O Bouzo | Cabo Estai | Canido | Cerqueiro | O Cruceiro | Currás | As Eiras | A Ermida | Estación | A Estea | Esteriz | A Estomada | Estrada CortadaAs Figueiras | Fochiños | Gontade | As Grades | A Igrexa | Lantexa | A Lavandeira | Os Liñares | O Loureiro | A Matoca | Mide | Oia | O Outeiro | A Poza | As Rochas | O Rozo | A Senra de Abaixo | A Senra de Arriba | O Silval | O Sistro | O Toucido | O Toxal | A Verdella

Parroquias de Vigo

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Oia, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar