Cabral, Vigo

parroquia civil do concello de Vigo

Santa Mariña de Cabral é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Bembrive, Candeán e Lavadores e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 23 entidades de poboación, 22 lugares e segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 6.684 habitantes (3.249 homes e 3.435 mulleres).

Cabral
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°13′24″N 8°39′24″O / 42.223311111111, -8.6566027777778Coordenadas: 42°13′24″N 8°39′24″O / 42.223311111111, -8.6566027777778
Poboación6.684 hab. (2022)
Entidades de poboación45[1]
editar datos en Wikidata ]

As súas entidades de poboación son as seguintes: Alza (376), Ameal (111), Becerreira (719), Besada (61), O Caeiro (587), O Carballal (416), O Casal (86), Cernades (233), A Feira (358), As Figueiras (66), As Fontiñas (825), O Gorxal (272), A Igrexa (185), Maceiriña (177), Molais (89), Nogueira (356), Parada (163), Peinador (65), A Penís (1.062), Requeixo (140), A Retorta (49), Rinxela (61) e O Sello (332). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Amaro, Borralliños, O Calvario, A Chan, Coto Grande, Gondarisco, Grileira, A Lameira, A Lomba, O Loureiro, A Mancoña, O Meixoeiro, As Patas, A Pebidal, A Ponte, As Rans, Remesil, O Riomao, San Pedro, Sanín, O Tanque e As Valadas.

Xeografía Editar

Na parroquia atópase o aeroporto de Peinador, o IFEVI en Coto Grande e diversas instalacións industriais, como a fábrica do Grupo de Empresas Álvarez (un dos motores do desenvolvemento económico de Vigo). Destaca tamén o parque forestal da Becerreira.

Patrimonio Editar

Posúe preto de cen hórreos inventariados, a maioría con máis dun século de antigüidade, ademais de numerosos lavadoiros e petos de ánimas. A igrexa parroquial foi construída a mediados do século XVIII.[Cómpre referencia]

Festas Editar

As festas máis importantes de Cabral son as da patroa Santa Mariña o día 18 de xullo, a Virxe das Dores a mediados do mes de setembro e a romaría do Pan de Millo no parque forestal de Coto Grande, ademais da festa do cabazo de Cabral no barrio do Carballal.

Galería de imaxes Editar

 
Aeroporto de Peinador.
 
Instituto Feiral de Vigo.
 
Igrexa de Santa Marina de Cabral

Lugares e parroquias Editar

Lugares de Cabral Editar

Lugares da parroquia de Cabral no concello de Vigo (Pontevedra)

Alza | Amaro | Ameal | Becerreira | Borralliños | O Caeiro | O Calvario | O Carballal | O Casal | Cernades | A Chan | Coto Grande | A Feira | As Figueiras | As Fontiñas | Gondarisco | O Gorxal | Grileira | A Igrexa | A Lameira | A Lomba | O Loureiro | Maceiriña | A Mancoña | O Meixoeiro | Molares | Nogueira | Parada | As Patas | A Pebidal | Peinador | A Penís | A Ponte | As Rans | Remesil | Requeixo | A Retorta | Rinxela | O Riomao | San Pedro | Sanín | O Sello | O Tanque | As Valadas | Vesada

Parroquias de Vigo Editar

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar