Valadares, Vigo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2014.) |
Santo André de Valadares é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Comesaña, Coruxo, Matamá e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 10 entidades de poboación, 11 lugares e Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.407 habitantes (2.619 homes e 2.788 mulleres).
Valadares | |
---|---|
![]() Fonte da Cuncha, ó principio dunha das subidas ó Monte Alba | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°10′28″N 8°43′36″O / 42.174444444444, -8.7266666666667Coordenadas: 42°10′28″N 8°43′36″O / 42.174444444444, -8.7266666666667 |
Área | 13 km² |
Poboación | 5.407 hab. (2022) |
Densidade | 415,92 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas entidades de poboación son as seguintes: As Barrocas (710), O Cañizo (249), O Carregal (685), O Freixo (294), A Gándara (333), A Garrida (1.232), A Igrexa (699), O Portal (677), Seoane (175) e A Sobreira (414).
Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Alba, Bertoles, A Costa, O Fabás, O Outeiro, O Outide, A Pinguela, O Prado, San Xoán, A Senra e A Simona.
Xentilicio editar
O seu xentilicio é valadarexo[3].
Situación editar
Valadares está situado ás aforas do concello de Vigo. É unha parroquia extensa, con case 13 km2 , cunha orografía accidentada e os montes Alba e Galiñeiro como fronteira entre o Val de Fragoso e o Val de Miñor. A existencia de importantes masas forestais é outra das características desta parroquia que segundo o último censo, ten 5.414 habitantes.
Dispón dun servizo regular de autobuses (liña L7) que saen dende Vigo (Praza España) en dirección a distintas zonas da parroquia (cada 30 minutos). Tamén hai un servizo regular de transporte interurbano que sae da Estación de Autobuses da Avda. de Madrid cara Gondomar.
Historia editar
Tradicionalmente únese a historia desta parroquia coa liñaxe dos Valadares, que máis tarde lle dará nome ó marquesado. É moi posible que a casa de Valadares adquirise o dominio durante as loitas feudais do S.XV. As novas referentes a estas terras non comezan ata ben entrado o período moderno, xa que apenas hai datos do medievo. no S.XVII obtivo o nomeamento de vila e cabeceira de marquesado, como consecuencia da institución realizada o 4 de abril de 1673 a favor de Luís de Valadares Meira e Sarmiento, que xa tiña o título de vizconde dende 1669 en compensación polos seus servizos prestados ó rei.
A constitución desta nova parroquia é mais tardía que outras e data dos séculos XIV ó XV. Posiblemente estas terras estarían cubertas de monte e figurarían como couto anexo á parroquia de Vincios, que estaría baixo a xurisdición do bispo de Tui.
Figura na relación de concellos realizada de acordo co decreto do 23 de xullo de 1835, igual que o fai no repartimento xeral sobre o consumo de viños, vinagre, augardente, aceite e carne de 1821, pagando este concello un total de 30.716 reais e 13 marabedís.
Valadares mantivo o status de villa ata a reforma territorial de 1837 xa que a reforma administrativa liberal dese ano fixo perder a Valadares a condición de couto e pasou a integrarse no concello de Lavadores para posteriormente unirse ó de Vigo en 1941.
Patrimonio editar
A capela do monte Alba mantén o escudo de armas da familia Valadares, que chegou a ser unha das máis poderosas do sur de Galiza. O conxunto da igrexa parroquial, o cemiterio, o adro e o campo da festa datan dos séculos XVII-XVIII. Na parroquia catalogáronse 240 hórreos (que os veciños chaman cabanas) dos que máis da metade superan os cen anos.
Festas editar
Entre as celebracións da parroquia destacan o Revoltallo de música emerxente, a festa do San Campio (celebrada a finais de agosto), a festa do Santisimo Cristo dos Aflixidos (celebrada a principios de xuño) e o festival de música Freixo-Rock.
Unión Musical de Valladares editar
Valadares é moi coñecida no territorio galego grazas a súa banda de música, a Unión Musical de Valladares, unha das máis importantes bandas de música da comunidade, e unha das máis antigas.
Lugares e parroquias editar
Lugares de Valadares editar
Lugares da parroquia de Valadares no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Alba | As Barrocas | Bertoles | O Canizo | O Carregal | A Costa | Fabás | O Freixo | A Gándara | A Garrida | A Igrexa | O Outeiro | A Pinguela | O Portal | Prado | San Xoán | A Senra | Seoane | A Simona | A Sobreira |
Parroquias de Vigo editar
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 28. Consultado o 22 de xullo de 2021.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valadares, Vigo |
Bibliografía editar
- Mosquera, Javier; Cameselle, Gillermo (1995). Vigo a través de sus barrios (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-87657-90-7.
- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 257–272.