Guillermo Cameselle

fotógrafo galego (1951-2012)

Guillermo Cameselle Domínguez, nado en Vigo en 1951 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 2012, foi un fotógrafo galego.

Modelo:BiografíaGuillermo Cameselle
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de outubro de 2012 Editar o valor en Wikidata (60/61 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5355706

Traxectoria

editar

Guillermo Cameselle comezou a traballar en Televisión Española como axudante de cámara a principios da década de 1970. Tamén colaborou con CIFRA Gráfica, a sección de fotografía da Axencia Efe. En 1974 incorporouse a Faro de Vigo como redactor gráfico traballo que desempeñou durante 25 anos até que en 2000 é nomeado xefe da sección de fotografía.

Obra bibliográfica

editar
  • Vigo a través de sus barrios, de Mosquera, Javier, 576 pp., Faro de Vigo, 1995, ISBN 84-87657-90-7.
  • Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005), Xerais, 2013.

Premios

editar
  • Gañador do concurso Galicia e o mar, en 1990, cunha reportaxe sobre mariscadoras na Arousa.
  • Premio Galicia de Comunicación en 2005.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar