Candeán, Vigo
San Cristovo de Candeán é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Cabral, Lavadores, San Paio e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 12 entidades de poboación, 8 lugares e 4.860 veciños (2013).
Candeán | |
---|---|
![]() A Casa dos Mouros. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 4.860 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
As súas entidades de poboación son as seguintes: Candeán de Arriba (599), A Devesa (904), A Fonte Escura (1.254), Freiría (91), Goleta (59), Hermide (94), A Igrexa (436), Monte Pequeno (326), Parachán (369), A Rabadeira (485), O Salgueiro (65) e Vesada (17). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Candeán de Abaixo, A Costeira, A Fonte Barca, A Lagoa, A Madroa, Pedra Longa, A Poba e Xunco Mariño.
InstalaciónsEditar
Nas abas da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Real Club Celta.
PatrimonioEditar
Conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, coma petróglifos e dolmens. Nas abas da Madroa atópanse un monumental dolmen coñecido coma "Casa dos Mouros". Existen restos dunha vella construción medieval defensiva que os veciños chaman "Da Torre". A igrexa de San Cristovo foi construída a comezos do século XIX. No cemiterio atópase un dos dous cruceiros da parroquia, construído probabelmente no 1887.
FestasEditar
O segundo domingo de setembro celébrase a Festa dos Pexegos.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CandeánEditar
Lugares da parroquia de Candeán no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Candeán de Abaixo | Candeán de Arriba | A Costeira | A Devesa | Ermide | A Fonte Barca | A Fonte Escura | Freiría | Goleta | A Igrexa | A Lagoa | A Madroa | Monte Pequeno | Pedra Longa | A Poba | A Rabadeira | O Salgueiro | Vesada | Xunco Mariño |
Parroquias de VigoEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Candeán, Vigo |