Abrir o menú principal
A Casa dos Mouros, na Madroa.
Obras de construción do túnel das Maceiras, entre Redondela e Vigo.
Sapoconcho no zoo da Madroa.

A Madroa, ás veces coñecida como monte da Madroa, é un lugar da parroquia de San Cristovo de Candeán, no concello de Vigo.

PatrimonioEditar

Nas abas do monte da Madroa atópanse o zoolóxico de Vigo (único de Galiza con máis de 600 animais) e as instalacións deportivas auxiliares do Celta de Vigo.

Ademais, conserva pegadas de asentamentos prehistóricos, como petróglifos e dolmens. Este campo megalítico conta cun gran número de túmulos, dos que o máis grande, coñecido coma Casa dos Mouros[Cómpre referencia], acada un diámetro de vinte metros e unha altura de 3,5 m; é posíbel que formaran parte dunha gran necrópole emprazada nas proximidades de Redondela.[1] Así mesmo, existen restos dunha vella construción medieval defensiva, coñecida como A Torre.[Cómpre referencia]

Nas últimas décadas o monte adquiriu sona, na prensa e entre os veciños, polas obras que o furaron para construír dúas importantes infraestruturas: os túneles para a autoestrada AP-9 e, máis recentemente, o túnel das Maceiras para o paso das vías do ferrocarril do eixe atlántico de alta velocidade que dá acceso desde Redondela á nova estación de Vigo-Urzáiz.[2][2]

No monte destacan:

  • O Miradoiro da Madroa, duns 250 m de altitude, desde o que se poden apreciar panorámicas da totalidade da ría de Vigo a ponte de Rande, o casco urbano e as illas Cíes.Á beira do miradoiro sitúase un área con merendoiro cun quiosco e áreas para facer lume.[1]
    Dentro da flora do parque destacan o piñeiro marítimo e acacia negra xunto coa reintrodución de especies de frondosas autóctonas (carballos, salgueiros, bidueiros, castiñeiros etc.).[1]
  • O Parque forestal monte "O Vixiador", dependente do Concello de Vigo, de máis de 15 hectáreas e cunha grande diversidade de especies de flora e fauna.[1]

NotasEditar