Bembrive, Vigo
Santiago de Bembrive (do latín bene vivere que significa 'lugar bo para vivir') é unha entidade local menor e parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.
Entidade local menor | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Poboación
editarSegundo o IGE,[2] en 2022 tiña 4.421 habitantes (2.042 homes e 2.379 mulleres), o que reflicte un aumento respecto a 2003, con 4063 habitantes, distribuídos en 38 entidades de poboación segundo o Nomenclator. O censo de poboación do IGE só contempla 14 destes lugares: O Arieiro (604 habitantes), Baruxáns (476), O Carballal (348), As Chans (247), Eifonso (64), Os Freires (257), Mourelle (252), A Mouteira (99), O Outeiro (248), Recaré (272), San Cibrán (115), Segade (324), A Xesteira (137) e Xestoso (406).
A maiores, o Nomenclátor relaciona estoutros: O Cacheno, O Cruceiro, A Cruz, Esparramáns, Espedrás, Ferreiras, O Lameiro, Mandín, Miraflores, Monte da Pedrosa, O Monte do Calvario, Mosteiro, Novelos, Paio, A Parrocha, A Pedra, O Polvorín, O Pouso, As Raposas, As Regadas, Regueiras, Os Ríos, O Toutizo e Xeme.
Entidade local menor
editarBembrive goza dun status particular: o de Entidade Local Menor de Bembrive, constituída o 12 de xuño de 1945[3] (só outras 8 parroquias galegas gozan do mesmo rango administrativo). A entidade está rexida por un alcalde pedáneo e catro vogais. O alcalde é elixido nas eleccións municipais pero de xeito diferenciado. A elección de vogais é resultado dos votos acadados polos partidos políticos no ámbito parroquial. As vogalías están dedicadas ós temas en que a Entidade ten certa autonomía: Monte, Relacións cidadás, Urbanismo e Obras e servizos.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de Santiago de Bembrive, construída no século XII, foi declarada monumento histórico-artístico en 1980[4] O cruceiro do Cacheno foi construído en 1782[5]. Dos 137 hórreos presentes na parroquia, o 85 % ten máis de cen anos[Cómpre referencia].
Celebracións
editarEn Bembrive celébrase o 3 de febreiro o día de San Brais. A súa festividade simboliza a primeira romaría do ano e por isto a aldea se converte nunha das romarías máis importantes do sur da provincia. Durante os días previos, multitude de furanchos abren para degustación de petiscos amenizadas con viños típicos. Multitude de bandas tradicionais de música galega danse cita na parroquia e nos mesmos furanchos. É costume se xuntar en grupos numerosos nas propias casas da zona para a degustación dun bo cocido galego.[6]
Galería de imaxes
editar-
Igrexa de Santiago de Bembrive, ábsida.
-
Igrexa de Santiago de Bembrive, porta.
-
Igrexa de Santiago de Bembrive, detalle da porta.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bembrive
editarLugares da parroquia de Bembrive no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Baruxáns | O Cacheno | O Carballal | As Chans | O Cruceiro | A Cruz | Eifonso | Esparramáns | Espedrás | Ferreiras | Os Freires | O Lameiro | Mandín | Miraflores | Monte da Pedrosa | O Monte do Calvario | Mosteiro | Mourelle | A Mouteira | Novelos | O Outeiro | Paio | A Parrocha | A Parrovella | A Pedra | O Polvorín | O Pouso | As Raposas | Recaré | As Regadas | Regueiras | Os Ríos | San Cibrán | Segade | O Toutizo | Xeme | A Xesteira | Xestoso |
Parroquias de Vigo
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ Arquivo da Entidade Menor de Bembrive Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine., na web da Deputación de Pontevedra.
- ↑ "Resolución da Dirección Xeral do Patrimonio Artístico, Arquivos e Museos pola que se acorda ter por incoado expediente de declaración de monumento histórico-artístico a favor da igrexa parroquial de Santiago, en Bembrive (Pontevedra"), BOE, 18 de abril de 1980 (en castelán).
- ↑ Cruceiro do Cacheno na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Día grande do San Brais en Bembrive Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Galicia Noticias Mediodía, TVG.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bembrive, Vigo |
A Galipedia ten un portal sobre: Vigo |
Bibliografía
editar- Mosquera, Javier; Cameselle, Gillermo (1995). Vigo a través de sus barrios (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-87657-90-7.
- Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 273–288.
- Álvarez Pérez, Marta (2018). Toponimia do Val de Fragoso. 6: Bembrive. Universidade de Vigo; Concello de Vigo. ISBN 978-84-8158-813-2.