Recaré, Bembrive, Vigo
Recaré é un lugar da parroquia de Bembrive, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 301 habitantes (150 homes e 151 mulleres).
Recaré | |
---|---|
Parroquia | Bembrive |
Concello | Vigo |
Coordenadas | 42°12′45″N 8°41′12″O / 42.21258611, -8.68656667 |
Poboación | 301 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1996 aprobouse o Plan Parcial Recaré para urbanizar a zona, a carón da autovía A-55, mais foi anulado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por mor dun defecto de forma no proceso de notificación a un dos afectados. En 2001, con Lois Pérez Castrillo como alcalde, retomouse o proxecto. A Inmobiliaria Recaré tiña previsto construír un centro comercial[3], e o proxecto está recollido no Plan Xeral de Ordenación de 2008. En 2017 levouse de novo á xerencia de urbanismo local[4], e Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia emitiu un informe favorable en decembro de 2017[5].
Lugares e parroquias
editarLugares de Bembrive
editarLugares da parroquia de Bembrive no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Baruxáns | O Cacheno | O Carballal | As Chans | O Cruceiro | A Cruz | Eifonso | Esparramáns | Espedrás | Ferreiras | Os Freires | O Lameiro | Mandín | Miraflores | Monte da Pedrosa | O Monte do Calvario | Mosteiro | Mourelle | A Mouteira | Novelos | O Outeiro | Paio | A Parrocha | A Parrovella | A Pedra | O Polvorín | O Pouso | As Raposas | Recaré | As Regadas | Regueiras | Os Ríos | San Cibrán | Segade | O Toutizo | Xeme | A Xesteira | Xestoso |
Parroquias de Vigo
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Bembrive, Vigo". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "O alcalde levará a pleno o Plan Parcial Recaré 2". Xornal Vigo. Concello de Vigo. 21 de xuño de 2001.
- ↑ "El Concello planea aprobar el ámbito comercial Recaré con la ley de la Xunta". Atlántico Diario, 13 de novembro de 2017.
- ↑ J. c. (18/12/2017). "Medio Ambiente da luz verde al desarrollo del mayor complejo comercial de Vigo". Faro de Vigo (en castelán).