Coruxo, Vigo
San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Comesaña, Navia, Oia e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e 5.343 veciños (2013).
Coruxo | |
---|---|
![]() | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 5.343 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 41[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
Aquí atopáronse algúns dos achados arqueolóxicos máis antigos do concello (da Idade de Bronce), coma os petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón. Tamén hai restos castrexos en San Lourenzo e na Illa de Toralla onde tamén hai restos romanos. A igrexa de San Salvador conserva tres ábsidas románicas, sección dun antigo mosteiro beneditino desaparecido no século XIV.
A cultura castrexa na parroquia pode ser rastrexada a través dos restos localizados en San Lourenzo e na illa de Toralla, onde tamén son evidentes as pegadas da romanización.
Así mesmo, tamén merece a pena mencionar a gamela coruxeira, un tipo de embarcación tradicional moi estendida nas augas viguesas e que debeu nacer nas carpintarías desta parroquia. Coruxo dispón tamén dun Centro Recreativo Artístico e Cultural, dunha asociación de veciños e dun pavillón polideportivo. Ademais, conta cunha xunta de montes en mancomunidade que administra unha superficie de 231 hectáreas. A súa identidade como parroquia está viva, como podemos observar na pervivencia de costumes culturais propios: no martes do Entroido quéimase a figura do Castrón.
Tamén salienta a igrexa románica de San Salvador.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Coruxo.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CoruxoEditar
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Abade | Os Bouzós | Breadouro | Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | Couto de Abaixo | Couto de Arriba | Fontela | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | A Luz | Melcas | Moláns | Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó |
Parroquias de VigoEditar
NotasEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Coruxo, Vigo |