Zamáns, Vigo
Coordenadas: 42°9′18.57″N 8°41′17.95″O / 42.1551583, -8.6883194
San Mamede de Zamáns é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Bembrive, Valadares, Vincios e Cela. Pertence ó arciprestado de Louriña. Segundo o IGE, no 2013, tiña 834 habitantes (413 homes e 421 mulleres).[2]
Zamáns | |
---|---|
![]() Casa Muíño das Maquías | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Poboación | 834 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Ten 4 entidades de poboación, segundo o: Cidáns (184), A Igrexa (200), Marcosende (295) e Vilaverde (155).[2] Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Casal de Abade, As Lagoas, A Menda, Paredes e Vilariño.
Atópase asentada entre a Serra do Galiñeiro e a Serra da Groba. Nela atopamos os ríos Zamáns e o Amial, que se apresou, dando á presa de Zamáns que abastece a cidade de Vigo.
PatrimonioEditar
A igrexa parroquial data do 1770. Xunto ós hórreos, sobresaen as construcións relacionadas coa auga: fontes, lavadoiros e muíños, destacando a casa-muíño de Maquías.
A parroquia acolle o campus das Lagoas-Marcosende, coñecido coma CUVI (Centro Universitario de Vigo), no que se localiza o Proxecto da Cidade Universitaria para a Universidade de Vigo do arquitecto catalán Enric Miralles.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Zamáns, Vigo.
Esculturas de Leopoldo Nóvoa no campus de Lagoas-Marcosende.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de ZamánsEditar
Lugares da parroquia de Zamáns no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
Casal de Abade | Cidáns | A Igrexa | As Lagoas | Marcosende | A Menda | Paredes | Vilariño | Vilaverde |