Encoro de Zamáns

encoro en Vigo
(Redirección desde «Presa de Zamáns»)

Coordenadas: 42°09′30″N 8°41′53″O / 42.158286111111, -8.6980388888889

O Encoro do Alcalde Pérez-Lorente[1], habitualmente coñecido como encoro de Zamáns, é un pantano artificial creado en 1960 no río de Zamáns[2], na parroquia de Zamáns, no concello de Vigo. A súa capacidade é de 2,2 hm³ e ocupa unha superficie de 20 hectáreas. Na zona de maior profundidade acada os 29 metros.[3]

Encoro de Zamáns
Localización administrativa
EstadoEspaña
Localización xeográfica
ContinenteEuropa
CuncaRío de Zamáns
Características
Superficie20 hectáreas
Profundiade máxima29 m
Capacidade2,2 hm³
Outros datos
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaPontevedra
ConcelloVigo
Tipo e usopantano artificial
abastecemento de auga potable
Mapa

Localización do Encoro de Zamáns

Fornece con auga potábel a poboación de Vigo. Até a construción do encoro de Eiras en 1977 era o único sistema de abastecemento de auga da cidade.[4]

Notas editar

  1. "Pérez Lorente dio nombre al embalse". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-09-16. Consultado o 2021-06-27. 
  2. A denominación provén do nome da parroquia en que nace. Ao longo do seu curso, o río de Zamáns tamén se coñece como río Amial ou río Vilaza, polos lugares así chamados que atravesa.
  3. Galicia Máxica (ed.). "Embalse de Zamáns". Consultado o 21 de maio de 2018. 
  4. Faro de Vigo (ed.). "La cincuentona presa de Zamáns". Consultado o 25 de outubro de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar