Encoro de Eiras

encoro no río Oitavén

Coordenadas: 42°21′09″N 8°28′55″O / 42.35245, -8.48205

O encoro de Eiras é un encoro situado no río Oitavén, entre os concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.[1] Abastece de auga ao concello de Vigo, ademais doutros limítrofes como Mos, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas.[1]

Encoro de Eiras.

Historia editar

Debido ao incremento da poboación de Vigo, o caudal de auga para abastecer a cidade non era suficiente, a pesar da construción do encoro de Zamáns.[1] En 1973 o pleno do concello de Vigo aprobou un empréstito para financiar parte das obras. En outubro de 1973 comezaron as obras, tras un proceso de expropiación de predios.[2] Inaugurouse o 21 de marzo de 1977 coa presenza do ministro de Obras Públicas, Leopoldo Calvo-Sotelo, e mais do alcalde de Vigo, Joaquín García Picher.[2]

Situación editar

Aproveitouse o leito do río Oitavén, cunha extensión de 149 hectáreas. Tamén recibe augas dos ríos Parada e do Barragán, ademais doutros regatos. Adoita recibir auga ocasional do río Verdugo. A auga transpórtase mediante a Canle de Eiras, que pasa polos Valos e polo túnel da Madroa.[1]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Máxica, Galicia (2016-06-01). "Embalse de Eiras". Galicia Máxica. Turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-19. 
  2. 2,0 2,1 "El río Oitavén sacia la sed de Vigo y su entorno". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-15. Consultado o 2023-10-19. 

Véxase tamén editar