Túnel das Maceiras
O túnel das Maceiras, tamén coñecido como túnel da Madroa ou túnel Vigo-Redondela, é un túnel ferroviario de dous tubos de 8,5 km de lonxitude que conecta As Maceiras, en Redondela, coa nova estación subterránea de Vigo-Urzaiz. É o túnel máis longo do eixe atlántico de alta velocidade (EAAV).[1]
Tipo | túnel ferroviario | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vigo, España e Redondela, España | |||
| ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 2015 | |||
Características
editarTrátase dun túnel bitubo (un para cada sentido da circulación) construído baixo o monte da Madroa cun custo de 183 millóns de euros. Para construílo contratáronse dúas tuneladoras, A Miñoca e A Lebre, e instaláronse 70.000 doelas e 10.000 aneis para garantir a estabilidade do trazado, segundo informa Adif no seu vídeo "Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo".[2][3]
O túnel forma parte do traxecto entre a nova estación de Vigo-Urzaiz e a estación de Santiago de Compostela. A comezos do século XXI construíronse 36,9 km, que permiten unha continuidade en dobre vía electrificada[4]. O 16 de abril de 2015 realizouse a viaxe inaugural da Coruña a Vigo, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e o presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, que tamén inauguraron a nova terminal viguesa, deseñada por Thom Mayne.[5] O sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña.[6]
Notas
editar- ↑ "Fomento adjudica 68,4 millones a las obras de nueva estación Vigo-Urzáiz del Eje Atlántico de Alta Velocidad" en Interempresas.net (en castelán).
- ↑ Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo.
- ↑ Fomento costea en solitario en Vigo un doble túnel de 8 km para el AVE Diario Levante (Valencia, España) 21/02/2014.
- ↑ Adif. Geotren. Eje Atlántico de Alta Velocidad en Galicia: Finalización de Vigo-Santiago.
- ↑ "Fomento estrena hoy el tren que reduce el viaje A Coruña-Vigo a poco más de una hora" Faro de Vigo, 30/03/2015.
- ↑ "Arranca el servicio del AVE entre A Coruña y Vigo" Arquivado 26 de setembro de 2018 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 18 de abril de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- El AVE entrará en Vigo por un túnel subterráneo desde Maceiras, en Redondela en eleconomista.es (en castelán)
- Eje atlántico de alta velocidad. Integración ferroviaria en Vigo.
- Adif. Eje Atlántico Arquivado 19 de agosto de 2014 en Wayback Machine..