Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

goberno de España
(Redirección desde «Ministerio de Fomento de España»)

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (antes chamado Ministerio de Fomento) é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, encargado da preparación e execución da política do goberno en materia de infraestruturas de transporte terrestre, aéreo e marítimo de competencia estatal, e o control, a ordenación e a regulación administrativa dos servizos de transporte correspondentes en España. Así mesmo ten como outros obxectivos, o impulso e dirección de temas relativos á astronomía, xeodesia, xeofísica e cartografía.

É abreviado MITMA. A actual ministra é Raquel Sánchez Jiménez

Estrutura orgánica básicaEditar

A estrutura orgánica básica dende xullo de 2020[1] é:

Ministro de Fomento: Raquel Sánchez Jiménez

  • Secretaría de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá:
    • Secretaría Xeral de Infraestruturas
      • Dirección Xeral de Estradas
      • Dirección Xeral de Planificación e avaliación da Rede Ferroviaria
    • Secretaría Xeral de Transporte e mobilidade:
      • Dirección Xeral de Aviación Civil
      • Dirección Xeral da Mariña mercante
      • Dirección Xeral de Transportes Terrestre
    • Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda
      • Dirección Xeral de Axenda Urbana e Arquitectura.
      • Dirección Xeral de Vivenda e Solo
  • Subsecretaría de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá
    • Secretaría Xeral Técnica.
    • Dirección Xeral de Programación Económica e Presupostos.
    • Dirección Xeral de Organización e Inspección.
    • Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional.

Lista de ministrosEditar

NotasEditar

  1. "Estructura y funciones. Organización general del Departamento". mitma.gob.es. Consultado o 22 de agosto de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar