Ministerios de España

Un ministerio é un departamento de xestión do goberno dun estado. Está a cargo dun ministro que se ocupa dun ámbito político de actuación baixo a coordinación do presidente do goberno ou primeiro ministro. Nalgúns países como os Estados Unidos de América ou México, os ministros son coñecidos como secretarios ou secretarios de Estado.

Logo do Goberno de España
.

En España, como noutros países, por cada nova lexislatura os ministerios adoitan cambiar de funcións e de nome. Estes cambios son máis notables se se produce un cambio de partido político, xa que hai ministerios que separan as súas funcións en dous ou máis ministerios novos, e varios ministerios agrúpanse nun só.

Ministerios actuais editar

O 20 de novembro de 2023, o presidente do goberno Pedro Sánchez anunciou os ministros que asumirían o cargo o día seguinte para o goberno da XV Lexislatura.[1][2]

Logotipo Ministerio Titular Fotografía Enderezo Sitio web
  Agricultura, Pesca e Alimentación Luis Planas Puchades Paseo de la Infanta Isabel, 1
28014 Madrid
www.mapama.gob.es
  Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación José Manuel Albares Praza da Provincia, 1
28012 Madrid
www.exteriores.gob.es
  Ciencia, Innovación e Universidades Diana Morant Paseo de la Castellana, 162
28046 Madrid
www.idi.mineco.gob.es
  Cultura Ernest Urtasun Praza del Rey, 1
28014 Madrid
www.mecd.gob.es
  Defensa Margarita Robles Fernández Paseo de la Castellana, 109
28046 Madrid
www.defensa.gob.es
 
Dereitos Sociais, Consumo e Axendo 2030 Pablo Bustinduy
  Economía, Comercio e Empresa Nadia María Calviño Santamaria Paseo de la Castellana, 162
28046 Madrid
www.mineco.gob.es
  Educación, Formación Profesional e Deportes
(e portavoz do Goberno)
Pilar Alegría Rúa de Alcalá, 34
28014 Madrid
www.mecd.gob.es
  Facenda e Función Pública María Jesús Montero Cuadrado Rúa de Alcalá, 5
28014 Madrid
www.minhafp.gob.es
 
Igualdade Ana Redondo
 
Inclusión, Seguridade Social e Migracións Elma Saiz
  Industria e Turismo Jordi Hereu Paseo de la Castellana, 160
28046 Madrid
www.mincotur.gob.es
  Interior Fernando Grande-Marlaska Gómez Rúa Amador de los Ríos, 7
28010 Madrid
www.interior.gob.es
  Política Territorial e Memoria Democrática Ángel Víctor Torres Paseo de la Castellana, 3
28071 Madrid
www.seat.mpr.gob.es
  Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes Félix Bolaños Avenida Puerta de Hierro
28040 Madrid
www.mpr.gob.es
  Sanidade Mónica García Paseo del Prado, 18
28014 Madrid
www.msssi.gob.es
  Traballo e Economía Social Yolanda Díaz Paseo de la Castellana, 63
28046 Madrid
www.empleo.gob.es
 
Transformación Dixital José Luis Escrivá
  Transición Ecolóxica e Reto Demográfico Teresa Ribera Rodríguez Paseo de la Infanta Isabel, 1
28014 Madrid
www.mapama.gob.es
  Transportes e Mobilidade Sostible Óscar Puente Paseo de la Castellana, 67
28046 Madrid
www.fomento.gob.es
 
Vivenda e Axenda Urbana Isabel Rodríguez
 
Xuventude e Infancia Sira Rego

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar