Raquel Sánchez

política española
(Redirección desde «Raquel Sánchez Jiménez»)

Raquel Sánchez Jiménez, nada en Gavà o 18 de novembro de 1975 é unha avogada e política catalá, que foi alcaldesa de Gavà desde febreiro do 2014 e, desde 2021 ata 2023, ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana do goberno de Pedro Sánchez.

Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Raquel Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Raquel Sánchez Jiménez Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Gavà, España Editar o valor em Wikidata
Presidenta Parador de Turismo
2024 –
Minister of Transport, Mobility and Urban Agenda (en) Traducir
12 de xullo de 2021 – 20 de novembro de 2023
← José Luis Ábalos MecoÓscar Puente Santiago →
Alcaldesa de Gavà
15 de febreiro de 2014 – 12 de xullo de 2021
← Joaquim Balsera GarcíaGemma Badia Cequier (en) Traducir →
Comarcal councillor of Baix Llobregat (en) Traducir
17 de maio de 2012 –
Member of Gavà City Council (en) Traducir
27 de maio de 2007 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona
Universidade Pompeu Fabra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , avogada Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá Editar o valor em Wikidata

Facebook: raquelsanchezgava Twitter: raquelsjimenez Instagram: raquelsjimenez Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciada en Dereito pola Universidade de Barcelona, fixo un Mestrado de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade Pompeu Fabra.[1]

Exerceu como avogada en Barcelona e Castelldefels. O exercicio desta profesión espertou nela grande interese polos asuntos públicos e un profundo sentido da xustiza social.[2]

A súa vida política desenvolveuse durante varios anos na súa localidade natal, Gavà. Membro do Partit dels Socialistes de Catalunya desde 2003, foi concelleira do municipio de Gavà desde 2007, e tenente da alcaldía desde 2011.[3] Secretaria xeral do PSC na súa cidade desde 2012, forma parte do Consello Nacional do Partido.[4]

Foi alcaldesa da súa cidade en 2014, en substitución do tamén socialista Joaquim Balsera i García, e revalidou este cargo en dúas eleccións, a última das cales, en 2019, acadou a maioría absoluta. 0 30 de novembro de 2019 foi nomeada vicepresidenta institucional da Área metropolitana de Barcelona.[4]

En 2021, presentou en Gavà o "Pla de Ponent" que prevía a creación dun máximo de 4 896 vivendas, o 40 por cento delas públicas, especulando co último corredor biolóxico Garraf/Delta.[5]

O 11 de xullo de 2021 foi nomeada ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, relevando a José Luis Ábalos como ministro de Fomento.[1] O 21 de novembro de 2023 deixa de ser ministra e pasa ao sucesor, Óscar Puente Santiago nomeado como novo ministro de Transportes e Mobilidade Sostible.

  1. 1,0 1,1 Ruiz, Pedro (10 de xullo de 2021). "Raquel Sánchez, alcaldessa de Gavà, serà la nova ministra de Transports". El Nacional. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  2. Raquel Sánchez Jiménez. Qui soc Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.. Consultada o 27 de xaneiro de 2022.
  3. Sust, Toni (10 de xullo del 2021). "Raquel Sánchez, alcaldessa en els temps durs del PSC, ministra de Transport". El Periódico de Calaluña. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Sánchez Jiménez. Biografía. PSC.
  5. José Polo (17 de abril de 2021). "Gavà impulsa un dels plans urbanístics metropolitans més grans" (PDF). La Vanguardia. Consultado o 27 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar