Castelldefels
Castelldefels é un municipio español da comarca do Baix Llobregat, na provincia de Barcelona, Cataluña.
Castelldefels | |||
---|---|---|---|
Localización | |||
País | ![]() | ||
Comunidade autónoma | ![]() | ||
Provincia | Barcelona | ||
Comarca | Baix Llobregat | ||
Xeografía | |||
Altitude | 3 msnm | ||
Superficie | 12,87 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 62.250 hab. (2010) | ||
Densidade | 4.836,83 hab/km² | ||
Xentilicio | Castelldefelenc, castelldefelenca | ||
Outros datos | |||
Código postal | 08860 | ||
Alcalde | Candela López Tagliafico (ICV) | ||
www.castelldefels.es |
As primeiras mencións da cidade fixéronse co nome de Castrum Felix. Unha forma romanizada, Castello de Feles, serviu como semente para o nome actual da poboación. Durante varios anos castelanizouse o nome a Casteldefels, e así figura nalgúns dicionarios de topónimos, se ben está caendo en desuso dende que se adoptou a forma Castelldefels como única oficial.
Castelldefels foi en principio unha poboación formada por unha serie de masías dispersas. Até o século XX non tivo unha auténtica estrutura urbana. Co desenvolvemento económico da cidade de Barcelona e a popularización do automóbil, Castelldefels trocouse nun lugar de veraneo de moitos barceloneses a mediados dos anos 1950. En 1957 había máis de 40 urbanizacións en construción.
DemografíaEditar
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
289 | 797 | 2.039 | 13.219 | 24.559 | 45.091 | 60.572 |
Lugares de intereseEditar
- Castelo: situado nunha ladeira, foi construído no Século X. A forma definitiva do castelo construíuse no século XVIII. Na actualidade serve como sala de exposicións.
- Canle Olímpica: construído para a celebración das competicións de velocidade en augas tranquilas durante os Xogos Olímpicos de 1992. Na actualidade pódense realizar diversos deportes.
- Escola Politécnica Superior de Castelldefels: Ofrece as titulacións universitarias de Enxeñaría Técnica de Telecomunicacións e Enxeñaría Técnica Aeronáutica. Pertence á Universidade Politécnica de Cataluña.
- Praias: de máis de 5 quilómetros de lonxitude.
- Zonas de escalada: Penya Ginesta, Rocha Negra, Mala Dona, entre outras.
- Poboación (2006): 56.718 habitantes.
- Superficie: 12,9 km².
- Altitude: 3 m.
IrmandamentosEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Castelldefels |