Partit dels Socialistes de Catalunya
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
O Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federación catalá do PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados.
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) | |
---|---|
Partido político de Cataluña Asociado do PSOE en Cataluña | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Isidre Molas (Presidente) Pere Navarro i Morera (Secretario Xeral) |
Mocidades | Joventut Socialista de Catalunya |
Filiación internacional | Internacional Socialista e do Partido dos Socialistas Europeos |
Historia | |
Fundación | 16 de xullo de 1978 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Catalanismo Socialdemocracia Federalismo |
Representación | |
Representación | 37 escanos (de 135) no Parlamento de Cataluña 25 escanos (de 350) no Congreso dos Deputados |
Outros datos | |
Sede | Nicaragua 75-77, 08029 Barcelona |
Publicación | Endavant Digital |
Páxina web | www.socialistes.cat |
Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.