Abrir o menú principal

Íñigo de la Serna

político español

Íñigo Joaquín de la Serna Hernáiz, máis coñecido como Íñigo de la Serna, nado o 10 de xaneiro de 1971 en Bilbao,[1] é un político español, membro do Partido Popular e ministro de Fomento desde 2016.

Íñigo de la Serna
Íñigo de la Serna

Actualmente no cargo
Dende o 16 de xuño de 2007
Precedido por Gonzalo Piñeiro

Datos persoais
Nacemento 10 de xaneiro de 1971 (48 anos)
Bilbao, Flag of the Basque Country.svg Euskadi
Partido Partido Popular (PP)
Profesión Enxeñeiro de camiños, canles e portos

Desde 1999 até 2003 foi o encargado do gabinete do conselleiro de Medio Ambiente do Goberno de Cantabria. A partir de 2003 foi o encargado da concellaría de Medio Ambiente, Auga e Praias no concello de Santander. No ano 2004 é elixido vicesecretario do Partido Popular de Cantabria, para despois presentarse ás eleccións municipais do ano 2007. Íñigo de la Serna foi elixido alcalde de Santander en ditas eleccións, conseguindo 15 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 7 e o PRC os 5 restantes).

É de destacar que ao ser elixido, converteuse no alcalde máis novo de capital de provincia de toda España, xa que unicamente tiña 36 anos, ademais de facelo con maioría absoluta obtendo o 52% dos votos, sendo esta a primeira vez que se presentaba. Nas eleccións municipais do ano 2011 revalida a súa maioría absoluta de forma máis ampla como alcalde de Santander, conseguindo 18 dos 27 concelleiros (o PSC-PSOE obtivo 5 e o PRC os 4 restantes). Converteuse así no cuarto alcalde máis votado de España obtendo o maior récord do seu partido na cidade co 56% dos votos.

É enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade de Cantabria. Traballou no gabinete Apia XXI.

Desde o 23 de xullo de 2012 ostenta tamén o cargo de Presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, (FEMP), tras a dimisión voluntaria do anterior rexedor, Juan Ignacio Zoido, sendo elixido por unanimidade entre os membros pertencentes ao Consello Territorial da mesma.

NotasEditar

  1. "Íñigo Joaquín de la Serna Hernaiz no sitio web do Parlamento de Cantabria". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2010. Consultado o 01 de xuño de 2013. 
Predecesor:
Gonzalo Piñeiro
 
Alcalde de Santander

2007-actualidade
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Juan Ignacio Zoido
 
Presidente da FEMP

2012-2016
Sucesor:
No cargo
Predecesor:
Rafael Catalá Polo
Ministro de Fomento de España
2016-actualidade
Sucesor:
No cargo