Río Oitavén
O Oitavén é un río galego da provincia de Pontevedra que, tras confluír co río Verdugo, contribúe á ría de Vigo.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Pontevedra, España ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | provincia de Pontevedra, España ![]() | |||
Localización | río Verdugo ![]() | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Características | ||||
Dimensións | 34 (![]() | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 177,7 km² ![]() | |||
Medicións | ||||
Caudal | 10,5 m³/s ![]() | |||
Percorrido
editarO Oitavén nace na serra do Suído, dentro do concello da Lama, a preto de 800 m. de altura, desenvolvendo un percorrido moi encaixado, de vales en V, de 32 km. até a súa desembocadura na beira dereita do Verdugo, en O Sobral, no concello de Soutomaior. Atravesa os concellos da Lama, Ponte Caldelas, Fornelos de Montes, delimita en parte estes dous últimos municipios, e finalmente no de Soutomaior.
A importancia hídrica do Oitavén estriba no seu superior caudal de 10,5 m³/s (o Verdugo subministra na foz 17 m³/s), de xeito que, ás veces, se fala do sistema Verdugo - Oitavén (o curso común de ambos, en tal caso, atinxe 7 km).
Afluentes e conca
editarA conca do Oitavén é disimétrica, por ter próxima, á súa man dereita, a do Verdugo, de xeito que os seus afluentes principais recíbeos pola beira esquerda: o río da Xesta, o Ventín e o Barragán.
O tamaño total da conca do Oitavén é de 177,7 km² (o do sistema conxunto co Verdugo é de 357 km²).
Aproveitamento
editarNo tramo medio-alto, nos lindes entre os concellos de Ponte Caldelas e Fornelos de Montes, sitúase o encoro de Eiras.
Réxime hidrográfico
editarO Oitavén é un río de réxime pluvial. As precipitacións medias na conca alcanza os 1.884 mm anuais de media, aínda que no tramo superior sitúanse entre 2.000 e 2.500 mm.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Oitavén |
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Oitavén". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.