Abrir o menú principal

Joaquín García Picher

político español

Joaquín García Picher, nado o 29 de agosto de 1932 en Vigo[1][2] e finado o 12 de setembro de 1985[3], foi un político galego, alcalde de Vigo.

Joaquín García Picher
Alcalde Joaquín García Picher, Vigo.jpg
Nacemento29 de agosto de 1932
 Vigo
Falecemento12 de setembro de 1985
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era perito industrial, profesor mercantil e economista. Foi nomeado alcalde de Vigo en 1974, antes da morte de Francisco Franco, e continuou até agosto de 1978, cando dimitiu nun pleno municipal embarullado por mor das protestas veciñais pola venda dunha parcela municipal para rescatar unha concesión municipal[4] para dar paso a Enma González Bermello.

Durante a súa alcaldía foi inaugurada a nova casa consistorial, promoveuse a creación da Universidade de Vigo e que a cidade fose unha das sedes do Mundial de Fútbol España 1982. Foi o último alcalde que exerceu como presidente da Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Predecesor:
Antonio Ramilo Fernández-Areal
 
Alcalde de Vigo

1974-1978
Sucesor:
Enma González Bermello

NotasEditar

  1. "Don Joaquín García Picher cubre la vacante viguesa", artigo en La Vanguardia Española, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
  2. "Don Joaquín García Picher nuevo alcalde de Vigo", artigo en ABC, 11 de setembro de 1974 (en castelán).
  3. "Recordando a Joaquín García Picher", artigo de Rafel López Mera no Faro de Vigo, 11 de setembro de 2010 (en castelán).
  4. "Dimite el alcalde de Vigo", artigo de Gerardo G. Martín en El País (en castelán).